martes, 19 de novembro de 2013

LER, LER PARA SOÑAR (ANIMACIÓN Á LECTURA)

Tomando como base  o verso  LER LER PARA SOÑAR elaboramos dende todas as aulas do Centro uns carteis nos que o alumnado completaba o seguinte verso indicando o motivo polo que eles lían, ou mesmamente  animando a ler.
Neste video recóllense  os pareados de todo o alumnado. Agardamos que vos guste.


                      

luns, 18 de novembro de 2013

DÍA INTENACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                      RECOMENDACIÓNS DE LECTURA


  

 O conto recomendado  é "ROSA CARAMELO". Un conto que nos chega ao corazón e que os nenos e nenas escoitan sen parpadear, un libro co que podemos traballar a coeducación e a igualdade de xéneros A súa autora Adela Turín publicou numerosos libros co obxectivo de combater a discriminación de xénero no ámbito familiar
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

                     




O LIBRO DOS PORCOS




                       
                         O libro dos porcos from bibliobeade


O señor Porcón vivía cos seus fillos, Miguel e Antón, nunha bonita casa... 
Dentro da casa estaba a súa muller.“Bule co almorzo, muller”. Berraba todas as mañás antes de marchar para o seu importantísimo traballo.“Bule co almorzo, mamá”...
Así un día e outro día, pero a señora Porcón fartouse de que sempre a trataran coma unha criada e decide marchar. Papá Porcón e os seus fillos terán daquela que facerse cargo de tódalas tarefas domésticas que
antaño tiñan resoltas: limpar,facer a comida, as camas, pasar o ferro…
Este conto da editorial Kalandraka fálanos da necesidade dunha educación baseada na igualdade e na cooperación e serviunos para establecer cos nenos un interesante diálogo sobre a importancia de axudar na casa e sobre si hai, ou non, traballos de homes e de mulleres...


                    
         
                           BIBLIO VÍCTOR SAENZ


UNA FELIZ CATÁSTROFE

Conto de Adela Turín que nos axuda a pensar sobre as desigualdades á hora de realizar a tarefas domésticas



                           

 ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS EN LIM PARA DESPOIS DA LECTURA 

ANIMACIÓN FLASH PARA TRABALLAR O CONTO

xoves, 7 de novembro de 2013

RIADA DE LIBROS NO SAMAÍN

CRETIVIDADE FANTÁSTICA DAS FAMILIAS PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN ESTE ANO ARREDOR DO TEMA: A AUGA E OS RÍOS.
PLÁSTICAMENTE SIMBOLIZARON ENTRE OUTROS TEMAS: A PESCA, O RÍO, A CONTAMINACIÓN DOS RÍOS, O CURSO DO RÍO SAR, A ANIMACIÓN LECTORA PESCANDO LIBROS PARA A SÚA LECTURA... EN NOME DO CLAUSTRO DE PROFESORES E DO EQUIPO DA BIBLIOTECA OS NOSOS PARABENS E POR SUPOSTO MILLEIROS DE GRAZAS.
AVISO: UN POUQIÑO DE PACIENCIA .CANDO CLIQUES NO PLAY TARDO UN CHISQUIÑO EN CARGAR, PERO PAGARÁ A PENA.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

mércores, 30 de outubro de 2013

MES BIBLIOTECAS ESCOLARES


AMOSAMOS UNHA MOSTRA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O MES DE OUTUBRO CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO MES DAS  BIBLIOTECAS ESCOLARES.

venres, 25 de outubro de 2013

CAMPAÑA : ADOPTA UN LIBRO

Esta campaña foi realizada ao longo do mes de outubro en colaboración coas familias, ás que damos as grazas pola súa participación e implicación. Faise pensando na cantidade de libros que moitas veces quedan esquecidos nos andeis das nosas casas e desexabamos  que voaran ás mans doutras familias que os acubillasen e que disfrutaran coa súa lectura. Tivo uns resultados estupendos e pais e nais, nenos e nenas participaron tanto na entrega deses exemplares esquecidos como na acollida daqueles que lle intereseban para a súa lectura. 

domingo, 6 de outubro de 2013

MES DAS BIBLOTECAS ESCOLARES: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR



O lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR foi o elexido no presente curso polas Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de Outubro)

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.


 A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e Xuvenil promove o día da biblioteca 
( 24 de outubro) e o mes da Biblioteca Escolar que propón I.A.S.L.

 Nestas datas abrimos de novo as portas da biblioteca escolar do noso centro para todo o alumnado e as familias. Realizamos actividades de formación de usuarios, reparto de novos carnés, poñemos de novo en marcha as mochilas viaxeiras e facemos  a campaña " ADOPTA UN LIBRO" para toda a Comunidade Educativa, da que xa  informamos ás familias.

Ofrecemos tamén nesta ocasión dous videos sobre as bibliotecas do mundo e a importancia da implicación das persoas na biblioteca escolar.

domingo, 23 de xuño de 2013

PRÓXIMO PROXECTO CURSO 2013-14 RIADA DE LIBROS

FACEMOS UN ADIANTO DO PROXECTO DO CURSO 2013-14 QUE LEVA POR TÍTULO                                         RIADA DE LIBROS.
Buscando unha fotografía para este proxecto encontramos esta fermosísima iniciativa que compartimos. CONTAN QUE EN MELBOURNE "coincidiendo con el festival “Light in Winter” los responsables de la agencia Luzinterruptus llevaron a cabo una acción, que por su impacto y visualidad hoy reproducimos. Esta año, la temática elegida por el festival giraba en torno al leit motiv de la lectura. El reto consistía en convertir la moderna y fría arquitectura de esta gran ciudad en un espacio que invitara a la lectura. El Ejército de Salvación participó en el proyecto donando diez mil libros desechados por bibliotecas públicas. Con la colaboración desinteresada de un montón de amigos, y de una pequeñas linternas con luces leds cedidas por los fundadores de Guerrilla Lighting, los creativos de la agencia fueron dando vida a un río de libros que discurría por calles, escaleras y plazas, ocupando el espacio asignado para que los coches pudiesen aparcar, ofreciendo a los transeúntes un inesperado y sorprendente espectáculo gracias al cual, el tráfico se iba retirando cediendo terreno al poder de la palabra escrita.Un carril de la transitada Flinders Street pasó a convertirse en una improvisada sala de lectura, que también sirvió de escenario para la representación de la performance Walking Through Words dirigida por Tony Yap y Yumi Umiumare.Esta riada de libros fue ofrecida a los transeúntes y a los ocupantes de los coches que circulaban por los alrededores y que, muy sorprendidos, abrían sus ventanillas aceptando la donación de tan preciados presentes".http://www.embelezzia.com/arte-y-diseno/en-melbourne-literatura-vs-trafico

sábado, 22 de xuño de 2013

GUIA DE LECTURAS DE VERÁN

ANIMÁMOSVOS  A TODOS/AS A CONTINUAR COAS LECTURAS NO VERÁN. NESTA PRIMAVEIRA DE CHOIVA AGARDAMOS CON IMPACIENCIA UN VERÁN NO QUE XUNTO CO SOLIÑO OS LIBROS NOS DEN A CALOR QUE NESTE MOMENTO TODOS PRECISAMOS. SE FÓSE DEMASIADO O QUE NOS ENVÍE O ASTRO REI, LEMBRADE QUE SEMPRE SE PODEN LER Á SOMBRIÑA. QUE OS DISFRUTEDES!!!!!!! 
 

venres, 21 de xuño de 2013

PARABÉNS POLAS VOSAS LECTURAS

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos os parabéns  polo voso interés lector e pola a vosa iniciativa de recomendar aos demais nenos/as, os libros que máis vos gustaron. É doado comentar o que nos gusta para animar á lectura. Escoitandovos, lectores animados, fostedes quen de ir poñendo ganas aos que non lle resulta tan fácil. NORABOA.

xoves, 20 de xuño de 2013

GUÍAS PARA PAIS/NAIS

COMO VÉN SENDO COSTUME O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO EDITA TRIMESTRALMENTE  UNHA GUÍA PARA PAIS/NAIS EN FUNCIÓN DAS PROCUPACIÓNS E  DEMANDAS DO PROFESORADO  DOS DIFERENTES CICLOS. NESTE CASO A ESCOLLIDA PARA ESTE TERCEIRO TRIMESTRE ABORDA O TEMA DO USO DE INTERNET
 
 

luns, 10 de xuño de 2013

TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA (MEMORIA FOTOGRÁFICA)

E xa chegando ao fin sentímonos  moi satisfeitos do traballo realizado por toda a Comunidade Educativa neste curso que xa está a piques de rematar. Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, de todos os  pais/nais que se implicaron participando activamente e como non dos rapaces e rapazas que contribuiron a que este proxecto puidera ser levado a cabo. Amosamos a memoria fotográfica de todo o traballo realizado en torno ao Proxecto de Centro encadrado dentro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES que leva por título : "TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA"

martes, 4 de xuño de 2013

RECITANDO A ROSALÍA EN RADIO AMES

 
SE QUERES ESCOITAR O PROGRAMA  GRAVADO POR RADIO AMES CON POEMAS DE ROSALÍA RECITADOS POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO, UNHA PEQUENA MOSTRA DO TEATRO REPRESENTADO POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA  ASI COMA AS ENTREVISTAS AO DIRECTOR DO CENTRO E Á COORDINADORA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, CO GALLO DA CELEBRACIÓN NO CENTRO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CLICA NA IMAXEN.