FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA PODER CONTAR CON LUIS ZAHERA NO NOSO CENTRO.
O ACTOR ACHEGOUSE GRAZAS ÁS XESTIÓNS DA PROFE ALICIA, Á QUE DAMOS AS GRAZAS.
QUEDAMOS TODOS ABRAIADOS NON SÓ POR TEN DIANTE A UN ESTUPENDO ACTOR (POPULAR, COMO EL HUMILDEMENTE DI) SENON TAMÉN POLA SÚA CALIDADE PERSOAL: CERCANO, SINXELO, ALEGRE E MOI DIDÁCTICO. DURANTE MÁIS DE DÚAS HORAS O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE ED PRIMARIA NON SE CANSOU DE FACER PREGUNTAS E CUNHA DELICADEZA EXTRAORDINARIA FOI CONTESTANDO A CADA UNHA DELAS.
PREVIAMENTE NAS AULAS O ALUMNADO TRABALLARA SOBRE A FIGURA DO ACTOR E A SÚA FILMOGRAFÍA. APROVEITAMOS A VISITA COMO RECURSO PARA TRABALLAR A NOTICIA E A ENTREVISTA
AS PREGUNTAS FORMULADAS POLOS NENOS/AS FORON DO MÁIS INTERESANTES E VERSARON SOBRE A FIGURA DO ACTOR, COMO CHEGARA A ESE MUNDO, DOS SEUS SENTIMENTOS, INQUEDANZAS, O MELLOR E PEOR DA SÚA PROFESIÓN, DA SÚA FILMOGRAFÍA E INCLUSO SOBRE O SEU SENTIR NUN TEMA TAN DELICADO COMO AS DROGAS.
O ACTOR APROVEITOU PARA FALARLLE DA EDUCACIÓN NOS SEUS TEMPOS, NAS DIFERENZAS QUE OBSERVABA NOS RECURSOS E NA METODOLOXÍA, DO DESTINO, DA NECESIDADE DE TRABALLAR DURO E DE NON RENDERSE NUNCA, DO MOMENTO NO QUE A UN SE LLE ABREN OS OLLOS E SE PRODUCE UN "CLIK" QUE CHE MANIFESTA O QUE REALMENTE CHE GUSTARÍA SER NO FUTURO E ANTE UNHA DAS PREGUNTAS FORMULADAS APROVEITOU PARA INCIDIR NA NECESIDADE DE SEPARARSE SEMPRE DO MUNDO DAS DROGAS.
VAIA PARA TI, LUIS, O AGRADECEMENTO MÁIS PROFUNDO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO.