Os nenos e nenas de 2º A de Educación Primaria convertéronse en auténticos contacontos e visitaron a aula de 5º A de Educación Infantil para compartir unha historia moi especial: «Un león dentro».
Os máis pequenos escoitaron con moita atención esta fermosa historia que nos lembra que non importa o grandes ou pequenos que sexamos, porque todos levamos un león dentro!
Foi un encontro cheo de ilusión e momentos compartidos, no que a lectura se converteu nunha bonita experiencia entre compañeiros e compañeiras.
Porque ler, contar e compartir historias tamén é unha maneira de facer maxia!
PREME NA IMAXE














