jueves, 30 de noviembre de 2023

Faladoiros no Muíño Nº5. Unha xornada de micoloxía

 Sonia, a tía de Xabi veu a falarnos das partes dun cogomelo, cales se comen e cales non, como se apañan... unha xornada micolóxica completa! Pulsa na imaxe para ver o vídeo

Moitas grazas por vir, Sonia!



miércoles, 29 de noviembre de 2023

Faladoiros no Muíño Nº4. Valentín e a lenda da cántara da moura.

Estes días achegouse ao noso cole Valentín, avó de Beltrán de 3º B, que nos contou unha lenda sobre a cántara da moura e sobre a necesidade. Gústounos moito e pasámolo xenial! 

Gracias Valentín!


 

sábado, 25 de noviembre de 2023

Sementamos respecto no 25-N

 No CEIP Agro do Muíño estivemos estes días a traballar o día contra a violencia de xénero e quixemos berrar ben alto e claro que nós sementamos o respecto cun mural onde recollemos as nosas ideas e pensamentos máis positivos. Nós témolo claro:

Sementa respecto hoxe e todos os días!



Os nosos podcast polo 25N en Ivoox

jueves, 23 de noviembre de 2023

Faladoiros no Muíño Nº3. Sacamos o ADN dun amorodo

 Aproveitando o Mes da Ciencia o alumnado de 2ºC recibiu estes días a visita de Olalla (unha mamá que sabe moitísimo de xenética) e a súa familia e descubriron que é iso do ADN; mesmo foron quen de sacalo dun amorodo! Alumnos/as e mestras quedaron alucinados con este experimento!

Que divertido!



miércoles, 22 de noviembre de 2023

Saídas de orientación de 6º

 Tras unha parte teórica dentro da materia de Educación Física o noso alumnado de 6º convertíronse en expertos da flora e fauna de Galicia (cunha importante labor de investigación e exposición) chegou o momento da parte práctica!

O alumnado dividido en tríos e parellas fixo un xogo de pistas que estaban agochadas no parque do Ameneiral de Bertamiráns. Cunha ficha e un mapa da zona non quedou ningún lugar por investigar! 

Que divertido!!



miércoles, 15 de noviembre de 2023

Faladoiros do Muíño Nº2. Irene, a avoa bióloga

 A avoa bióloga, Irene, veu a explicarlle ao alumnado de 3 anos diferentes froitos e flores e o traballo das abellas para que haxa froitos . Ademais, xa que o volcán de Islandia está a punto de erupcionar, viron en que condistía a erupción dun volcán e tocaron pedras de lava.



lunes, 13 de noviembre de 2023

Faladoiros no Muíño. Nº 1. Como actuar nunha situación de emerxencia?

Inauguramos este curso os Faladoiros no Muíño con Vanesa, a mamá de Emma, de 3ºA que nos veu a falar sobre diferentes técnicas de RCP, atragantamento e ferramentas de actuación no caso de que un neno/a se atope só nunca situación de emerxencia. Canto aprendemos!

Gracias por esta interesante charla, Vanesa!




miércoles, 8 de noviembre de 2023

A maleta naturalista do CEIDA!

Bos días a todos/as! A partir de mañá teremos en préstamo A MALETA NATURALISTA do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental) dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro. Todos os cursos de Educación Primaria se beneficiarán dela. Nela temos un montón de libros de divulgación relacionados co proxecto de flora e fauna de Galicia... toda unha sorte contar con ela estes días! Xa sabedes...

Enraízate no Agro!