mércores, 30 de abril de 2025

Formación Radio na biblio con Charo Pita

 Hoxe a escritora Charo Pita Silvestre impartiu ao alumnado de 5° de Primaria na biblioteca, un interesantísimo obradoiro sobre a lectura expresiva para mellorar a dicción, entoación, velocidade, fluidez, " dramatismo"...na lectura de diferentes tipoloxía de textos. Isto serviralle á nosa rapazada para potenciar a oralidade na nosa Radio na biblio.

Moitas grazas, Charo. Encantounos.

Preme na imaxe




martes, 29 de abril de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 22

 Elena, a nai de Faia  de 3 anos B, asiste a un novo faladoiro cun conto de Begoña Ibarrola sobre as emocións… Crisol y su estrella.. fala da confianza nun mesmo.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



FALADOIRO DO MUÍÑO 21

 Susana,  a nai de Elena de 3 anos B, contounos un conto moi activo sobre animáis Mariños.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe





luns, 28 de abril de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 20

Anxela nai de Sofía contounos o contó de Sofía y el caballito de mar. Os peixes da praia están morrendo polas accións dos  homes.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe




venres, 25 de abril de 2025

Día do Libro 2025: Mergúllate nos libros

 

 

Abril é  un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano  conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.

ANUNCIOS LINGUA 6ºA

O alumnado de 6ºA elaborou uns anuncios na aula de Lingua Galega sobre o tema que quixeron e graváronos na nosa Agroonda.

martes, 22 de abril de 2025

Apertura da nosa Agrobiblio

 Como sabedes, a nosa Agrobiblio sufriu un cambio… obras pola ampliación do centro e mesmo da nosa biblio.  Tamén hai que engadir o cambio ao novo programa de catalogación Koha….Foron moitas horas de esforzo e dedicación.

Para conmemorar o Día do Libro, fixose a súa apertura para que todos os nenos e nenas de Agro puidesen gozar dela.

Aquí podes ver a súa transformación.

Preme na imaxe



martes, 15 de abril de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 19

 Silvia González Barros, a nai de Enol realizou o faladoiro “Os calamares xigantes”, na aula de 4 anos A.

Grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



xoves, 3 de abril de 2025

Recibimos a visita de Rosa Aneiros, autora de "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea.

 Hoxe o alumnado de  5º de Primaria recibiu a visita de Rosa Aneiros, autora da obra "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea" e puidemos falar con ela de moitos detalles do libro.

preme na imaxe



mércores, 2 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 No noso cole lembramos que o 2 de abril celébrase o día mundial do autismo


O autismo tamén é coñecido como Trastorno do Espectro Autista (TEA). En 2007, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou o 2 de abril como o Día Mundial da Concienzación sobre o Autismo, coa intención de sensibilizar e sensibilizase a poboación sobre as condicións do espectro autista.

Grazas ao Departamento de Orientación por lembrarnos este día.