martes, 27 de xaneiro de 2026

LECTURAS POLA PAZ

 Con motivo do Día da Paz, na biblioteca preparamos unha pequena exposición de libros relacionados coa paz, o respecto e a convivencia, invitando ao alumnado a ler e reflexionar sobre estes valores tan importantes.

luns, 26 de xaneiro de 2026

FALADOIRO: VIDA NA ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL 2º B

 Hoxe tivemos un faladoiro moi interesante da man de Marta Carballa, que nos achegou ao día a día na Estación Espacial Internacional.

Aprendemos como viven os astronautas, como organizan a súa vida no espazo e tamén como xestionan os residuos que producen. Ademais, descubrimos como conseguen dispoñer de alimentos durante os longos períodos que pasan fóra da Terra.

Unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu coñecer mellor a vida máis alá do noso planeta.

Moitas grazas por compartir connosco este fascinante faladoiro!

PREME NA IMAXE 



FALADOIRO: O SISTEMA SOLAR 1º B

 Hoxe tivemos un faladoiro moi interesante da man de Patricia, nai de Martina Hermos, que nos achegou ao fascinante mundo do sistema solar.

O alumnado puido coñecer os tamaños dos planetas, as características doutros astros e tamén a denominación da nosa galaxia, ampliando así os seus coñecementos sobre o universo.

Unha experiencia moi enriquecedora que espertou a curiosidade e o interese polo espazo.

Moitas grazas, Patricia, por compartir connosco este viaxe polo universo! 

PREME NA IMAXE




XADREZ NA BIBLIOTECA

 Na biblioteca Agrobiblio estamos a preparar un Torneo Infantil de Xadrez. Xa temos aos participantes e estamos a deixar todo listo para vivir partidas cheas de concentración, ilusión e diversión.

Leo e Lea xa están listos para acompañarnos dende a biblioteca.


Seguide atentos e…

¡que comece a partida!

mércores, 14 de xaneiro de 2026

FALADOIRO DOCE: CAKE POPS EN “DOLCI E BAMBINI” 6º C

 Hoxe, o alumnado de 6º B participou nun faladoiro moi especial fóra do centro. A mamá de Dana convidounos ao seu obrador, “Dolci e Bambini”, onde tivemos a oportunidade de aprender a elaborar cake pops, unhas saborosas boliñas de biscoito cubertas de chocolate.

Foi unha experiencia moi doce e divertida, na que puidemos coñecer de primeira man o proceso de elaboración e gozar creando as nosas propias preparacións.

Pasámolo xenial e levamos un recordo moi especial desta actividade!

Moitas grazas pola invitación e por compartir connosco este momento tan saboroso!

PREME NA IMAXE