A medida que avanzaba o curso, o noso cole foi mergullándose de vida mariña tanto nos corredores, aulas e portas.
Preme na imaxe para comprobalo
A medida que avanzaba o curso, o noso cole foi mergullándose de vida mariña tanto nos corredores, aulas e portas.
Preme na imaxe para comprobalo
No mundo dos malabares todo segue un patrón, unha orde, un ciclo completo que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. En SEN PATRÓN non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan.
O día 21 de marzo, coincidindo co equinocio da primavera no hemisferio norte, conmemoramos o Día Mundial da poesía simbolizando así a renovación e o florecemento da cultura e da lingua a través da poesía.
O alumnado de 3º de E.P coa axuda da súa mestra de E.Física , crearon poemas sobre o mar e interpretáronnos con percusión e movemento.
FALADOIRO: "PESCA E MOVEMENTO"
Continuamos cos Faladoiros e esta vez tivemos a sorte de
contar con toda a familia de NORA. Sí, o seu irmán que ten 3 mesiños
tamén.
Trouxéronnos
un xogo de pesca para levar a cabo por equipos, cada un tiña asignado unha cor
e tiña que pescar as tarxetas correspondentes a dita cor que á súa vez se
correspondían cunha temática diferente: profesións, deportes, cousas da praia
ou animais mariños.
Unha
vez formados os equipos puxémonos mans á obra e por quendas tivemos que ir
pescando ata conseguir as oito tarxetas correspondentes á cada cor.
Todos
os equipos conseguimos o reto e de premio conseguimos un carné de
pescador.
Grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Do 10 ao 14 de marzo celebramos a "Semana da prensa na escola".
O alumnado de 5 anos de Educación Infantil asistiu a unha charla divulgativa sobre a fauna mariña e o alumnado de 1º de Primaria asistiu a uns obradoiros manipulativos con varios ámbitos de temática do océano, dentro do programa Biblioteca Creativa e relacionado co noso PDI deste curso. Clasificaron, investigaron, observaron...Xa sabes: Mergúllate no Agro!
preme na imaxe
Vacacións en Paz é un programa solidario para a acollida de nenos e nenas Saharahuis. Interesante charla de @sogaps_sahara para explicarle ó noso alumnado como viven nos campamentos Saharahuis. Bonita reflexión para valorar o que a nosa rapazada pode desfrutar no día a día. Grazas ás familias pola aportación económica.
Escola de familias. Non vos esquenzades de asistir. O tema é moi interesante e necesario. Será no Foro do centro. De 16.30 a 18.30.
O luns 10 de marzo, commemoramos o Día Internacional da Muller que este ano dedicamos ás mulleres do mar: mariscadoras, mariñeiras, percebeiras, redeiras... e ,en especial a nosa oceanógrafa, de recoñecemento mundial, Ángeles Alvariño.
As alumnas de 6º E.primaria recitaron uns poemas que elas mesmas escribiron sobre as mulleres do mar e o alumnado de 5º E.Primaria elaborou o mural "Un mar de igualdade". Contamos coa actuación de Olga Kirk e Pablo Díaz que nos financiou o Concello e, para finalizar o acto, fixemos entre tod@s unha "Onda pola igualdade" coas pañoletas violetas que nos agasallou a ANPA .
PREME NA IMAXE
Afouteza, coraxe, valor, ousadía, valentía...A nosa homenaxe no Día Internacional da muller.
As alumnas de 6º de Ed. Primaria recitaron uns poemas que elas mesmas escribiron sobre as mulleres do mar e o alumando de 5º de Ed. Primaria elaborou o mural "Un mar de igualdade"
Preme na imaxe
Na semana da Muller tivemos unha cantareira auténtica das de antes. Carmen L., que vai facer 80 anos, tocou e cantou para o alumnado de 4° de Primaria e estes non dubidaron en poñerse a bailar. Tamén a acompañou o seu marido Manuel e o seu neto Xián.