A nosa Biblioteca Creativa está a recibir moitas visitas. Neste caso, podemos ver que ben o pasaron o noso alumnado de 3º C.
Preme na imaxe
A nosa Biblioteca Creativa está a recibir moitas visitas. Neste caso, podemos ver que ben o pasaron o noso alumnado de 3º C.
Preme na imaxe
Este ano no CEIP Agro do Muíño achegamos a flora e fauna do mundo mariño, así como todo o relacionado co mar ao noso alumnado. Puidemos curiosear, investigar, experimentar e sobre todo …APRENDER de todo o que acontece no fondo do mar…
Preme na imaxe
Nesta páxina poderedes descubrir os traballos que realizou a nosa cativada dentro do itinerario lector no curso 2024-2025. Non volos perdades! Xa sabes:
Mergúllate no Agro!
Preme na imaxe
Lucía, Julia e Nekane de 3º C contaron o conto “Buenas noches asquerosa cosa viscosa” ao alumnado de 5 anos A. Quedaron encantados!!!
Preme na imaxe
Aquí tedes un pequeno resumo dos faladoiros que realizáronse na aula de 3 anos A.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Preme na imaxe
Aquí podedes ver a exposición dos nosos traballos do PDI:" MERGÚLLATE NO AGRO" que están na biblioteca.
Preme na imaxe
Aquí podedes ver a exposición dos nosos traballos do Itinerario Lector deste curso que están na biblioteca.
Preme na imaxe
Despois de moito tempo, a nosa “Agrobiblio” volve a ter vida nos recreos…
Como sabedes, despois das obras de ampliación, o expurgo e o cambio ao programan novo de catalogación Koha levounos moito traballo e esforzo para ter lista a Agrobiblio para todos os nenos e nenas de Agro.
Agora xa poden desfrutar dela...
preme na imaxe
A biblioaxudante Iria, de 6º A está a realizar un obradoiro de lettering con todo o alumnado que está interesado nesta “arte”.
O obradoiro está tendo moi boa acollida polo resto do alumnado que acude no recreo a realizalo. Moitas grazas Iria.
Preme na imaxe
O pasado 21 de maio viñeron Marián Cueto Rapado y Edgard Camarós Pérez, os pais de Teo de 5º C de Primaria a realizar o Faladoiro: “Arqueólog@s e Prehistoria”. Son Arqueólog@s e profesores na Universidade de Santiago.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Este xoves, 22 de maio, a contacontos e actriz Victoria Pérez Varela, achegouse ao noso centro para traballar con estes nenos e nenas dito libro. Para iso botou man dalgúns voluntarios e voluntarias que se converteron por uns intres en actores e actrices que representaron algunhas partes do libro.
Foi unha mañá moi divertida!!
Preme na imaxe
O alumnado de 5º de E. Primaria C, realizou unhas recomendacións lectoras na clase . Este foi o resultado.
O vindeiro luns 19 comezamos co Obradoiro de Lettering na biblioteca nos recreos. Estivemos organizando para poder participar a maioría dos alumnos.
Este obradoiro, está dentro das actividades de Biblioteca Creativa e será impartido por Iria de 6º A.
Aquí tedes como foi organizado e con axuda dunhas alumnas de 3º.
Preme na imaxe
Este ano 2025 está dedicado á poesía popular oral. Ás cantareiras personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
No noso centro tivemos unha semana cultura chea de actividades tal e como podedes ver neste video:
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria puxeron en marcha a actividade Sementando Cantares. Con ela preténdese contribuír a festexar as Letras Galegas 2025, no ano no que se lle dedican á poesía popular oral, con especial protagonismo para as pandereiteiras e cantareiras que coidaron e transmitiron a nosa tradición musical. Nos centros estiveron facendo por aulas unha escolma de cantares e plasmándoos nunhas fichas que lles facilitaron desde o SNL. Esta semana estanse colocando as fichas en diversos lugares do concello. Quen as encontre pode movelas e colocalas noutros lugares para continuar a sementeira.
Aquí tedes algúns exemplos da nosa sementeira, dentro do noso cole.
Preme na imaxe
PANTALLAS E SAÚDE MENTAL
O luns día 19, ás 16:30 no foro do centro, Julio Rodríguez, doutor, psicólogo e divulgador científico, impartirá unha charla sobre o uso de pantallas e a saúde mental. Cómo o uso excesivo de pantallas na infancia pode ter efectos perxudiciais no desenvolvemento en xeral en idades temperás.
Animámosvos a asistir a esta interesante proposta.
Ó longo da semana estanse a facer diferentes actividades relacionadas coas nosas letras. Hoxe tocoulle á Xanela no Maxín facendo un percorrido das mulleres ás que se lle adicaron as Letras relacionándoas coa nosa música popular.
Dende a biblioteca fixemos un mural xa que A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Preme na imaxe
Onte e hoxe tivemos no recreo na biblioteca, a un invitado especial: Hugo de 4º A. O alumnado de 2º e 3º de Primaria gozaron desta actuación. Hugo ensinounos o seu dominio e divertidos trucos co seu diábolo. Encantounos moitísimo e nos sorprendeu unha chea.
Preme na imaxe
Helena, a nai de Marina de 3 anos B, veu a escola a falarnos da importancia da proctección solar para nosa pel. Contounos La señora Marina y la gran ola…
Botamos crema na cara e regalounos unhas pulseiras brancas que co sol cambian a moradas..
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
Os pais de Antón, contaron Nadarin e fxemos un gran mural… os peixiños xuntáronse para ser mais fortes que o gran peixe.
Todos aprendimos que xuntos podemos lograr cousas maravillosas.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Xornada de primeiros auxilios para profesorado e familias organizada pola ANPA do centro. Grazas Fernando polas túas clases tan didácticas e necesarias. Agradecementos á ANPA pola iniciativa.
Preme na imaxe