A nai de Aloia realizou o faladoiro “Os piratas” na aula de 1º A.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
A nai de Aloia realizou o faladoiro “Os piratas” na aula de 1º A.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
O alumnado do 2° ciclo tivo a sorte de poder escoitar a Eladio G. Lois, ex alumno do noso centro e xornalista coordinador do Diario de Compostela. Esta rapazada está elaborando un xornal na aula para a semana da prensa polo que Eladio resolveu todas as dúbidas de como facer un xornal ou en que consiste a profesión. Esta actividade será publicada no diario de Compostela. Mil grazas, Eladio por volver ó teu cole para colaborar con nós.
Preme na imaxe
Preme na imaxe para ver a noticia
FALADOIRO " O PEIXE GLOBO"
Os papás de Iván estiveron na aula para facer un
experimento sobre o peixe globo. Trouxéronnos a PUFI ( un
peixe globo) e contáronnos un conto no que este era o protagonista e onde
se poñía en valor a importancia de compartir.
Poidemos coñecer algunhas
curiosidades deste peixe e comprobar como se inflan
golpeando globos que contiñan unha mestura de bicarbonato e vinagre.
Foi moi divertido!!
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Coas obras de ampliación da biblioteca, agora a nosa Radio Agroonda, sitúase nunha nova peixeira situada nun recanto da nosa biblio.
FALADOIRO : " A PESCA NOS RÍOS"
O día 14 de
febreiro tivemos un faladoiro co avó de
Valentina, que nos contou unha morea de cousas sobre os ríos, a pesca neles,
diferentes peixes dos ríos galegos,.....
Tamén nos falou dos
variados tipos de embarcacións e os seus usos e
do ciclo da auga. Despois poidemos practicar a pesca con diferentes
xogos que nos trouxo.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
Aquí quedan recollidos algúns dos retos plantexados dende
RETO 7: Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.
O reto de hoxe foi traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén se podían traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.
RETO 8: A xente da Real Academia Galega sempre anda na procura de palabras novas para agrandar o noso dicionario. Axudámoslles? O reto de hoxe foi inventar unha definición divertida para unha palabra que xa existe ou inventar palabras novas graciosas.
RETO 15:
Este si,é o último reto que se nos propón.
O reto consistiu en poñer as frases motivadoras ou lemas elixidos nuns soportes ben chulos! E todas e todos fachendeando co noso lema ou coa nosa frase.
Aquí podedes ver esa creatividade amesá !!
Aqui neste vídeo, tamén atoparedes outras frases e lemas
Preme na imaxe
A familia de Lara Pardo, realizou o faladoiro “O mundo da pesca: barcos e especies mariñas”, na aula de 6º C.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Vanesa, a nai de Emma Regueiro, realizou o faladoiro" Aparatos do corpo humano", na aula de 4º A.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe