Aquí quedan recollidos algúns dos retos plantexados dende
RETO 7: Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.
O reto de hoxe foi traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén se podían traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.
RETO 8: A xente da Real Academia Galega sempre anda na procura de palabras novas para agrandar o noso dicionario. Axudámoslles? O reto de hoxe foi inventar unha definición divertida para unha palabra que xa existe ou inventar palabras novas graciosas.
RETO 15:
Este si,é o último reto que se nos propón.
O reto consistiu en poñer as frases motivadoras ou lemas elixidos nuns soportes ben chulos! E todas e todos fachendeando co noso lema ou coa nosa frase.
Aquí podedes ver esa creatividade amesá !!
Aqui neste vídeo, tamén atoparedes outras frases e lemas
Preme na imaxe