O alumnado do 2° ciclo tivo a sorte de poder escoitar a Eladio G. Lois, ex alumno do noso centro e xornalista coordinador do Diario de Compostela. Esta rapazada está elaborando un xornal na aula para a semana da prensa polo que Eladio resolveu todas as dúbidas de como facer un xornal ou en que consiste a profesión. Esta actividade será publicada no diario de Compostela. Mil grazas, Eladio por volver ó teu cole para colaborar con nós.
Preme na imaxe
🗣 O responsable de Diario Compostela, @eladiolois, estivo este martes no @ceip_agromuino para compartir co alumnado o labor que se leva a cabo desde o xornal
👉 Ademais, coa idea de fomentar o interese polo xornalismo entre as novas xeracións, presentou a proposta dun concurso froito da colaboración co profesorado e a dirección do centro
1️⃣ Por grupos, o estudantado que participa na actividade enviará á nosa redacción unha nova relacionada coa actualidade compostelá.
2️⃣ O equipo de Diario Compostela elixirá a que mellor se adapte aos criterios xornalísticos que foron explicados polo coordinador do medio no faladoiro.
3️⃣ Despois de ser revisadas, publicaranse nesta mesma web firmadas polos estudantes gañadores.
📅 A nova gañadora publicarase o vindeiro 5 de marzo
🖊 Grazas polo convite, polo interese e por permitirnos coñecer a esa gran xeración de xornalistas que teremos nuns anos!
Preme na imaxe para ver a noticia
AQUÍ TES O RESULTADO DA NOTICIA GAÑADORA