martes, 31 de octubre de 2023

Xa chegou o Samaín!

 Aquí tendes un vídeo resumo das cabazas e a decoración tan chula que puxemos no cole... 

TERRORÍFICO!!!



lunes, 30 de octubre de 2023

O itinerario lector para este curso

Xa podedes ver na entrada do noso cole todos os libros que imos ler no itinerario lector. 






sábado, 28 de octubre de 2023

Elección e formación de biblioaxudantes

Durante as últimas semanas na Agrobiblio non paramos! Escollemos os biblioaxudantes que serán os encargados de levar a biblio nos recreos. Estamos moi contentos/as ca acollida que tivo a iniciativa este ano e tras formar a estes novos integrantes comezan a súa andadura como biblioaxudantes!

Enraízate no Agro


Alumnado elixido firmando o seu contrato de biblioaxudantes



Folleto informativo para os biblioaxudantes

Arrancan as mochilas viaxeiras

Xa saen as mochilas viaixeiras! Listas para que o noso alumnado desfrute de novas experiencias lectoras.

Enraízate no Agro!





viernes, 27 de octubre de 2023

Enraízate no Agro, enraízate ao noso

Atentos/as! 

Xa chegaron á Agrobiblio plantas e animaliños para comezar co noso novo proxecto: Enraízate no Agro! Este ano imos descubrir a nosa flora e fauna máis autóctona.

Preparados?



martes, 24 de octubre de 2023

Damos a benvida cunha biblioteca en viñetas!

24 de outubro: Día das Bibliotecas. 

Este ano a biblioteca escolar xirará entorno á banda deseñada e por iso o lema "Unha biblioteca en viñetas"

E para ti... que é unha biblioteca?

A resposta a esta pregunta está plasmada neste mural onde cada clase nos contou a través dunha viñeta o que para eles é a súa biblioteca escolar. Radio, xogos, libros e lectura é un bo resumo do que significa ir á biblio para eles. Así comezamos este novo curso na biblio!

Benvidos e benvidas a todos!