martes, 24 de octubre de 2023

Damos a benvida cunha biblioteca en viñetas!

24 de outubro: Día das Bibliotecas. 

Este ano a biblioteca escolar xirará entorno á banda deseñada e por iso o lema "Unha biblioteca en viñetas"

E para ti... que é unha biblioteca?

A resposta a esta pregunta está plasmada neste mural onde cada clase nos contou a través dunha viñeta o que para eles é a súa biblioteca escolar. Radio, xogos, libros e lectura é un bo resumo do que significa ir á biblio para eles. Así comezamos este novo curso na biblio!

Benvidos e benvidas a todos!