No mundo dos malabares todo segue un patrón, unha orde, un ciclo completo que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. En SEN PATRÓN non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan.
Que ben o pasou hoxe a nosa rapazada vendo o espectáculo de malabares SEN PATRÓN. Grazas Pablo, Marta, Aitor, Santi e Petete por facer a vosa estrea "mundial" no noso cole!
Grazas especialmente a Marta e Pablo, os papás de Onda.
Grazas sempre ás familias pola súas aportacións e colaboración co centro.