Na semana da Muller tivemos unha cantareira auténtica das de antes. Carmen L., que vai facer 80 anos, tocou e cantou para o alumnado de 4° de Primaria e estes non dubidaron en poñerse a bailar. Tamén a acompañou o seu marido Manuel e o seu neto Xián.
Como eran as foliadas antes? Onde se facían? Cando se facían? Quen bailaba? Quen che ensinou a tocar? Ligábase nas foliadas?
Estas foron moitas das preguntas que o alumnado de 4° lles fixeron a Carmen e Manuel, ambos naturais do Concello da Baña. Tamén entrevistaron á cantareira na radio da biblio. Grazas polas filloas da pedra e os caramelos. Eles quedaron abraiados co agarimosa que é a nosa rapazada de Agro. E coa canteira de artistas que temos!