Aquí vos deixamos a guía de recomendacións lectoras para este Nadal que elabora a rede de bibliotecas escolares de Ames.
Botádelle un ollo!
Aquí vos deixamos a guía de recomendacións lectoras para este Nadal que elabora a rede de bibliotecas escolares de Ames.
Botádelle un ollo!
Os nenos e nenas do CEIP Agro do Muíño estiveron estes días argallando as súas xa tradicionais postais de Nadal e así de chulas quedaron. Aquí deixamos un vídeo resumo cos gañadores. Pincha na imaxe para ver o vídeo.
Hoxe no CEIP Agro do Muíño recibimos a visita de Ainhoa Apestegui co seu programa de Cadena Ser: “Hoy por hoy Santiago”. Un programa emitido en directo dende o noso centro coa colaboración e participación de diferentes persoeiros do Concello de Ames, distintos membros da comunidade educativa e mesmo a cativada se animou a amenizar a xornada.
Belén, a mamá de Uxía, traballa na radio de Ames e veu a falarnos un pouco dos medios de comunicación e do seu traballo.
Esta vez tivemos a visita de Carolina, a mamá de Miguel. Falounos do noso proxecto deste año: a flora e fauna de Galicia. Fíxonos un divertido e didáctico xogo de tarxetas de animais e plantas.
Este mes tivemos a sorte de desfrutar da maleta ambiental do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Nela atopamos un montón de información sobre a fauna e flora de Galicia e serviunos para traballar no noso proxecto de centro: Enraízate no Agro.
No mes de novembro na biblioteca do CEIP Agro do Muíño alumnos e alumnas convertíronse en verdadeiros científicos e levaron a cabo diferentes experimentos. Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dalgúns deles.
Sonia, a tía de Xabi veu a falarnos das partes dun cogomelo, cales se comen e cales non, como se apañan... unha xornada micolóxica completa! Pulsa na imaxe para ver o vídeo
Estes días achegouse ao noso cole Valentín, avó de Beltrán de 3º B, que nos contou unha lenda sobre a cántara da moura e sobre a necesidade. Gústounos moito e pasámolo xenial!
Gracias Valentín!
No CEIP Agro do Muíño estivemos estes días a traballar o día contra a violencia de xénero e quixemos berrar ben alto e claro que nós sementamos o respecto cun mural onde recollemos as nosas ideas e pensamentos máis positivos. Nós témolo claro:
Aproveitando o Mes da Ciencia o alumnado de 2ºC recibiu estes días a visita de Olalla (unha mamá que sabe moitísimo de xenética) e a súa familia e descubriron que é iso do ADN; mesmo foron quen de sacalo dun amorodo! Alumnos/as e mestras quedaron alucinados con este experimento!
Tras unha parte teórica dentro da materia de Educación Física o noso alumnado de 6º convertíronse en expertos da flora e fauna de Galicia (cunha importante labor de investigación e exposición) chegou o momento da parte práctica!
O alumnado dividido en tríos e parellas fixo un xogo de pistas que estaban agochadas no parque do Ameneiral de Bertamiráns. Cunha ficha e un mapa da zona non quedou ningún lugar por investigar!
A avoa bióloga, Irene, veu a explicarlle ao alumnado de 3 anos diferentes froitos e flores e o traballo das abellas para que haxa froitos . Ademais, xa que o volcán de Islandia está a punto de erupcionar, viron en que condistía a erupción dun volcán e tocaron pedras de lava.
Inauguramos este curso os Faladoiros no Muíño con Vanesa, a mamá de Emma, de 3ºA que nos veu a falar sobre diferentes técnicas de RCP, atragantamento e ferramentas de actuación no caso de que un neno/a se atope só nunca situación de emerxencia. Canto aprendemos!
Bos días a todos/as! A partir de mañá teremos en préstamo A MALETA NATURALISTA do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental) dende o 9 de novembro ata o 4 de decembro. Todos os cursos de Educación Primaria se beneficiarán dela. Nela temos un montón de libros de divulgación relacionados co proxecto de flora e fauna de Galicia... toda unha sorte contar con ela estes días! Xa sabedes...
Aquí tendes un vídeo resumo das cabazas e a decoración tan chula que puxemos no cole...
Durante as últimas semanas na Agrobiblio non paramos! Escollemos os biblioaxudantes que serán os encargados de levar a biblio nos recreos. Estamos moi contentos/as ca acollida que tivo a iniciativa este ano e tras formar a estes novos integrantes comezan a súa andadura como biblioaxudantes!
Xa saen as mochilas viaixeiras! Listas para que o noso alumnado desfrute de novas experiencias lectoras.
Xa chegaron á Agrobiblio plantas e animaliños para comezar co noso novo proxecto: Enraízate no Agro! Este ano imos descubrir a nosa flora e fauna máis autóctona.
A resposta a esta pregunta está plasmada neste mural onde cada clase nos contou a través dunha viñeta o que para eles é a súa biblioteca escolar. Radio, xogos, libros e lectura é un bo resumo do que significa ir á biblio para eles. Así comezamos este novo curso na biblio!
Como proxecto final da área de Educación Física o alumnado de Sexto curso de Primaria realizou un musical en relacion a temática do Proxecto “Unha fiestra aberta ao mundo” contando a historia de Xullio Verne, “A volta ao mundo en 80 días" na que se recollen textos de narración e guión gravados na Radio Escolar, coreografías, mímica, escenificación, habilidades acrobáticas... Comezaron o proxecto coa gravación de todos os textos de xeito autónomo na radio, elaboraron un video con imaxes e finalmente prepararon ao longo do curso este gran representación do espectáculo teatralizado como a súa despedida da etapa de primaria no centro.
Os nenos e nenas de 5°A presentan hoxe: ETIOPÍA, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 2°A presentan hoxe: CANADÁ, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 3ºC presentan hoxe: REINO UNIDO, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 4°A presentan hoxe: PERÚ, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 3°A presentan hoxe:NORUEGA, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 3ºB presentan hoxe: COREA DO SUR, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 4 ANOS A presentan hoxe: USA, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Dentro do programa "Bibliotecas solidadarias" como agradecemento ás nosas biblioaxudantes fixémoslle entrega duns agasallos para dar por concluída a actividade. Queremos dar as grazas ás 25 "oficiais" axudantes e a 6 máis que sempre axudaron e que tamén quixemos que levaran un detalliño. Moitas grazas a todas! Seguide axudando polo mundo adiante!
Os nenos e nenas de 1°A vos presentan hoxe: Italia, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, Agrooíntes!
Os nenos e nenas de 1°C vos presentan hoxe: Exipto, o país que estiveron traballando este curso. Canto aprenderon!! Atentos, agrooíntes!
Neste documento deixámosvos as nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas Escolares dos centros públicos de Ames eleboramos.
Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes!!!
PREME NA IMAXE
O alumnado de 6º de Infantil o pasado 23 de maio de 2023 fixo un percorrido en tren de Santiago a Padrón, logo visitou o xardín botánico de Padrón e finalmente visitamos a "Casa da Matanza" de Rosalía de Castro en Padrón.
Cada aula ou grupo de aulas realizaron os seguntes traballos relacionados con cada libro do noso Itinerario lector.
Dentro do programa Radio na Biblio, o alumnado de quinto curso de Educación Primaria recibiu o pasado venres 28 de abril de 2023 un obradoiro sobre narración oral na radio impartido pola contadora de historias Soledad Felloza.
Como xa se vos comunicou a través da dirección do centro, todo o alumnado ao longo deste mes participou da lectura e decoración dos marcapáxinas solidarios en colaboración coa ONG SAVE THE CHILDREN.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa! Especialmente a todas as familias pola súa pola súa acollida e aportación monetaria, demostrando unha vez máis a sensibilidade ante esta situación de vulnerabilidade.
Con motivo da celebración do día do libro, o alumnado de 2º de Educación Primaria dramatizaron “A que sabe a lúa” outra visión da lectura deste conto.
Hoxe veu a visitarnos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para contarnos a súa experiencia como
voluntaria nun orfanato en Kenia. Puidemos coñecer da súa man como viven nenos e nenas
coma vós neste país de África e que, pese a ter tan pouquiño, son moi sempre moi agradecidos
e teñen un sorriso infinito.
Tamén vimos moitos dos animais que viven alí, aprendemos as nosas primeiras palabras en
suahili e mesmo nos atrevemos a cantar unha canción. E para rematar a súa visita, puidemos
mover as cadeiras con ritmos africanos! Pasámolo xenial!
Asante, Daniela!! Foi unha marabilla contar contigo.
O 29 de marzo a cativada de primeiro recibiu unha sesión de contacontos da obra: "Non a todas as nenas lle gusta o rosa" que ben o pasaron!
O alumnado de cuarto curso participou nun obradorio de cómic impartido pola ilustradora Bea Lema no marco do programa "Biblioteca Creativa".
Os días 27 e 28 de marzo o alumnado de primeiro e segundo curso participou nuns obradoiros de collage e fotografía impartidos polo fotógrafo australiano Mark Ritchie. Os colaxes que elaborou cada nena e neno foron inspirados no país que están a traballar na súa aula.
O venres veu a 2ºA aos Faladoiros do Muíño Alicia, a nai de Marinha, a darnos unha charla e uns consellos sobre primeiros auxilios (que agardamos non ter que usar nunca). Pero unha cousa que aprendimos é que se temos que reanimar a un peluche, hai que levar o ritmo dos masaxes cantando a Macarena!
Ciao ragazzi
Hoxe, en 1ºB, tivemos o pracer de contar con Maite. Grazas a ela, e a súa pequena e marabillosa tripulante de cabina, Eire, puidemos viaxar ata Italia e coñecer fermosos lugares coma Roma, Pompeia, Florencia e ata dar un paseo en góndola por Venecia. Grazas polo paseo, Maite.
O luns 20 de marzo visitounos Pere Tobaruela, autor do libro "Formigas Misión Tokio". Este forma parte do itinerario lector de 6º de Ed. Primaria. O escritor catalán charlou coas nenas e nenos e tamén asinou algún que outro exemplar. Graciñas por vir Pere!
Merci beaucoup, Delphine et Sofía!
Os nenos e nenas de 3 anos estivemos de sorte, xa que puidemos desfrutar dun pequeno concerto con Saúl Canosa (clarinete) pai da compañeira Sarela Canosa, e con Xosé Rodríguez (guitarra). Con música brasileira e fados portugueses, como " Creba Queixo", "Doçe de Coco"... e para rematar tocaron, cantamos e bailamos o Pitinho Amarelinho. Moitas grazas.
Para conmemorar o Día Internacional da Muller, aquí tedes algúns exemplos dos distintos traballos realizados nas aulas. Esperamos que vos gusten!!!
preme na imaxe
Dentro do marco do noso proxecto anual recibimos ao Cónsul Xeral da República de Urugaui en Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco. Veu compartir co alumnado de sexto curso unha interesante sesión sobre as funcións do seu posto e diferentes datos, costumes , tradicións e curiosidades do seu país. Rematou a sesión respondendo a unha rolda de cuestións que as alumnas e os alumnos plantexaron. Moitas grazas Don Ramiro por esta visita tan enriquecedora.
Dende o noso cole participamos na VI edición do Certame Enreguéifate na categoría escolar.
Parabéns e moita sorte!!!
Nesta ocasión, recibimos a visita de Fani, a nai de Elsa Cuns de 3 anos A e contounos os seguintes contos:
Galiño Pelado e La rana de la boca grande. Foi un pracer escoitarte.
Moitas grazas pola túa colaboración.
preme na imaxe
O luns 27 de febreiro de 2023, o alumnado de 6º de Ed. Infantil fixemos unha saída para visitar a casa de Rosalía no lugar do Castro, na Tarroeira. Alí recitamos unha poesía e a directora (que nos acompañou) contounos algúns datos de interese da súa nenez. Despois fomos merendar á Escola Unitaria da Tarroeira e gozamos no seu patio de xogos.
Retomamos a nosa plantación de pensamentos no noso cole, adicada a Rosalía de Castro. Participaron representantes de todas as aulas.
O alumnado de 6º preparou de novo a nosa cuncha.
preme na imaxe
Hoxe tivemos a Gala de Rosalía no centro. Parabéns ao noso alumnado que regueifou (Álex e Candela) e o alumnado de 3º que cantou e tocou.
Mil grazas aos 4 profes: Sara, Nadia, Jose e Diego que nos amenizaron a mañá con temas de Rosalía.
preme nas imaxes
Actuación alumnado de 3º
A regueifa foi feita polo alumnado de 6º A e cantada por Candela e Álex de 6º e 5º respectivamente.
Actuación dos profes: Sara, Nadia, Jose e Diego.
TRÉMOLA TEATRO: Yolanda
Fixo un percorrido pola vida de Rosalía
O pasado 15 de marzo visitounos Vanessa, a nai de Vera de 1ºB. Ela é enfermeira, e traballa na planta infantil do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Trouxonos un libro moi chulo, “O diario de contos de Gabriela”. É unha recompilación de varias historias escritas por Manuel Martínez Pérez, e que está ilustrado polos nenos e nenas da Escola Infantil do hospital. Vanessa leunos algúns dos seus contos e… non nos puideron gustar máis!
Moitas grazas pola visita!
Nesta ocasión, a nai de Yhadira, de 4º B, contounos como é o entroido canario e algunhas costumes das illas Canarias moi interesantes.
Moitas grazas pola túa colaboración.
preme na imaxe
O día 15 de febreiro de 2023 visitounos a escritora Eva Mejuto. Contounos o seu conto "Dez gatiñas Viaxeiras", que forma parte do noso itinerario lector. Tamén asinou e adicou os libros que trouxeron os nenos e as nenas.