luns, 30 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA

Estimados pais/nais e comunidade educativa do Ceip Agro do Muíño:

Nestes días de incerteza queremos mandar unha mensaxe de esperanza... esperanza para que volva canto antes o bulicio ás nosas aulas, para que as rutinas diarias (nos nosos traballos e nas nosas casas) volvan o máis cedo posible e mentres tanto  COIDÉMONOS MOITO.

Disfrutemos dos nosos/as fillos/as, da nosa familia próxima, e que entre as nosas mans non falte un libro para ler, unha poesía para recitar, un conto para contar e por suposto.... sentémonos en familia a ver unha peli.



venres, 13 de marzo de 2020

VISÍTANOS A GUIONISTA ARACELI GONDA

O pasado día 12 de marzo, tivemos a sorte de contar no noso centro coa guionista ARACELI GONDA. A cal participou en numerosos guións de series tan coñecidas como: Serramoura, Padre Casares, Pazo de familia,.... e máis recentemente co guión de HIERRO, unha das series máis relevantes da actualidade.
Explicoulle ao alumnado de 5º e 6º de E.P. como é o proceso para chegar dende o guión á posta en escea en 3 pasos:

  • Amosoulles unha escaleta (lista de esceas ou secuencia dunha historia) onde hai uns pasos previos de como se vai producir a escea
  • A continuación poideron ver os diálogos perfectamente establecidos, como os teñen que memorizar os actores.
  • Por último, visionado dunha escea rodada da película, tal como aparece logo na serie (poideron ver unha conversa entre nai e fillo nunha cociña)
Para rematar contestou ás dúbidas do alumnado.
Agora podedes ver un anaquiño da súa explicación:

Foi un enorme pracer contar con ela.
GRAZAS ARACELI!!

martes, 10 de marzo de 2020

TOCA SESIÓN DE MAQUILLAXE CON CHICHA BLANCO

  O DÍA 10 DE MARZO O ALUMNADO DE 1º E 2º DE E. PRIMARIA RECIBIU A VISITA  DE CHICHA BLANCOMAQUILLADORA PROFESIONAL DE PELÍCULAS E SERIES TAN COÑECIDAS  COMO LA SEÑORA,GRAN RESERVA O TIERRA DE LOBOS, ENTRE OUTRAS MOITAS MÁIS.

   NA SÚA VISITA AO CENTRO, OS NENOS E NENAS PUIDERON APRENDER MOITOS DOS TRUCOS DE MAQUILLAXE QUE SE EMPREGAN NO CINE E NA TELEVISIÓN PARA CREAR EFECTOS VISUAIS, TALES COMO, FACER UNHA CICATRIZ, QUE DUNHA FERIDA SAIA SANGUE, SEMELLAR QUE UN DEDO ESTÁ AMPUTADO...

   FOI UNHA VISITA MOI AMENA NA QUE ALGÚNS E ALGUNHAS AFORTUNADOS/AS PUIDERON LEVAR DE RECORDO PARA A CASA UNHA MAQUILLAXE FEITA "IN SITU" POR UNHA GRAN PROFESIONAL.

   MOITAS GRAZAS POR ESTA VISITA EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

luns, 9 de marzo de 2020

RODANDO EN IGUALDADE (8 MARZO, DÍA DA MULLER)





AO LONGO DA SEMANA , TRABALLOUSE  NAS AULAS A PROBLEMÁTICA ASOCIADA Á MULLER (CULTURAL, ECONÓMICA E SOCIAL) CENTRÁNDOA NO TEMÁTICA DESTE CURSO NO AGRO : O CINE.

AMOSAMOS O VÍDEO COS TRABALLOS REALIZADOS E O MATERIAL PREPARADO POLO ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA PARA ESTE FIN. 


MATERIAL ELABORADO

ACCEDE CLICANDO NO ENLACE:


domingo, 8 de marzo de 2020

ROSA ANEIROS: "XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR"

Rosa asinando exemplares do seu libro
O venres 6 de marzo, recibimos no centro a Rosa Aneiros, autora de “Xelís, o guieiro das botellas de mar”. 

Trátase dunha historia relacionada directamente coa temática abordada neste curso por Voz Natura, xa que fala das illas de plásticos que hai nos océanos do planeta Terra. 
A exposición por parte de Rosa, estivo orientada, ademais de resolver dúbidas propias do libro, a dar a coñecer a realidade mundial sobre esta problemática, descubrindo por exemplo, os plásticos máis comúns nas costas. 

sábado, 7 de marzo de 2020

JOSITO PORTO E VÍCTOR MOSQUEIRA FÁLANNOS DE CINE.

 










JOSITO PORTO E VÍCTOR MOSQUEIRA VISITARON AO ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA  NO NOSO CENTRO .


FALARON DAS SÚAS EXPERIENCIAS NO TEATRO E CINE E NOS PROXECTOS QUE ESTÁN DESENVOLVENDO ACTUALMENTE.

VÍCTOR FIXO MOITAS VOCES E ASUBÍOS, IMITANDO OS CANTOS DOS PAXAROS.

CANTARON CON ELES/AS A CANCIÓN DE RECICLAR TODO TEN UNHA SEGUNDA VIDA DA SÚA OBRA CARTOONS.
J
            
   

venres, 6 de marzo de 2020

CONTA NOVE ESTRELAS (ANDREA MACEIRAS)




ANDREA MACEIRAS, AUTORA DAS SEGUINTES NOVELAS INFANTÍS E XUVENÍS:

  Proxecto bolboreta, Violeta tamurana (Premio Meiga Moira), O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución (Premio Fervenzas literarias), Volverás, golfiño, Miña querida Sherezade (Premio Meiga Moira), Europa Express (Premio Jules Verne) y O que sei do silencio. En 2018 gana el Premio Lazarillo por Cuenta nueve estrellas.

O día 5 de marzo visita a biblioteca do CEIP Agro do Muíño para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Un libro moi ben acollido por parte do alumnado, que narraba as peripecias dunha nena nun mundo distópico no cal as viaxes estelares son posibles. A exposición tentou de explicar as orixes da historia, de onde viñan as ideas, o cal fixo que Andrea conectase moito con todos e todas xa que os seus gustos eran parellos aos dos nenos e nenas, relacionados co cine e ca literatura fantástica. Por exemplo, o libro inspírase en planetas de Star Wars e incluso unha das personaxes principais está baseada en Stich, da película de Disney. Ademais, fixémoslle un pequeno vídeo de opinión acerca do libro.
Os rapaces quedaron encantados e ao final a escritora asinoúllelos libros facéndolles un pequeno debuxo dunha das personaxes da historia. Déronlle os dous agasallos do centro e por último, plasmou a súa firma no libro de firmas do centro. 

Aquí podedes ver o vídeo:





xoves, 5 de marzo de 2020

A MAXIA DA PALABRA CON FINA CASALDERREY





O DÍA 3 DE MARZO  FINA CASALDERREY VISITOU O NOSO CENTRO. 
OS ALUMNOS/AS  DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA ESTAMOS LENDO DURANTE ESTE CURSO  OS LIBROS DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA E O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA, DENTRO DO PLAN LECTOR DO CENTRO.


FOI NUHA SORTE TER A FINA ENTRE NÓS. ELA FÍXONOS VIBRAR A TRAVÉS DA PALABRA A PROFES E NENOS/AS,  PRODUCINDO ESA MAXIA QUE SE ESTABLECE ENTRE O ESCRITOR E O LECTOR. ELA TEN ESA CAPACIDADE DE CONTAR SINXELO, RICO, EMBELECENDO OS TEXTOS E EMOCIONAR CON TODO O QUE CONTA E DI.

POÑENDO EXEMPLOS FIXO QUE O ALUMNADO PERCIBISE A BELEZA DOS TEXTOS, SEGUNDO A MANEIRA DE CONTALOS, ASI COMO  TAMÉN AS DIFERENTES EMOCIÓNS QUE UN MESMO TEXTO PODE PROVOCAR , SÓ VARIANDO A MANEIRA DE CONTALO E TRANSMITILO. 

TIVEMOS A SORTE DE PARTICIPAR CON ELA NA LECTURA DO LIBRO SOBRE O ALZHEIMER "YO, SOY YO"  DÁNDOLLE PARTICIPACIÓN AO ALUMNADO SUSURRANDO AH, ES TI!!!!!

EN NOME DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO DÁMOSCHE AS GRAZAS POR FACERNOS SENTIR A BELEZA DA PALABRA E POR CONFÍAR TANTO NA NOSA INTELIXENCIA PARA PERCIBIR A BOA LITERATURA.

 GRAZAS  A UXÍA DA ED. XERAIS POR FACER QUE FÓSE POSIBLE.

domingo, 1 de marzo de 2020

FIESTRAS PARA ROSALIA.


CARTEL ELABORADO POLO EQUIPO DE VOZ NATURA CO LEMA
 ROSALÍA TAMÉN É SOSTIBLE

A proposta do Concello de Ames e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do Centro desenvolveuse o programa  , Fiestras de Rosalía,  durante todo o mes de febreiro. 
 Esta iniciativa, posta en marcha polos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino de educación infantil e primaria, leva a imaxe e os versos da autora aos escaparates de Bertamiráns e do Milladoiro co fin de socializar a figura de Rosalía entre a veciñanza amesá. A obra de Rosalía estará presente nas rúas do Concello como un atractivo máis do noso comercio de proximidade, para achegar así a cidadanía á súa poesía, ao seu pensamento, á súa mensaxe de rebeldía...
O alumnado do noso centro escolleu algúns textos e ilustrounos  nos soportes facilitados polo Concello de Ames. 

O Concello de Ames organizou o pasado venres, 28 de febreiro, un acto en homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 183 aniversario do seu nacemento. Na gala, celebrada no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, participou parte do alumnado do noso centro.
CLICA NO ENLECE SE QUERES VELO: