Dende o centro realizamos diversas actividades para celebrar este gran día:
Visita á casa de Rosalía en Ortoño
Todo o alumnado de Ed. Primaria visitou a casa de Rosalía
preme na imaxe
Traballos realizados nas distintas aulas sobre Rosalía
Actividades realizadas na aula de 5anos A e ademáis Nekane nos recita uns poemas de Rosalía.
preme na imaxe
Exposición de libros
Dende o Concello:
#Rosalízate: Actividade na que participamos todos os centros educativos de Ames pero que está aberta a toda a veciñanza. Vanse instalar dúas estruturas a modo de fhotocall, unha na travesía de Porto do Milladoiro e outro na Praza da Maía de Bertamiráns. O concello enviou varios modelos de caretas e así cada neno e nena elaborou a súa propia. O alumnado levará a casa as caretas, para que posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continua a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos.
preme na imaxe
Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegounos unha proposta para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino.
O lema é: #SementadePensamentos
Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, plantamos esta fermosa flor no noso patio.
preme na imaxe para velo
POEMAS DE ROSALÍA RELACIONADOS CON SANTIAGO DE COMPOSTELA
Nesta semana de Entroido, o alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de primaria gozaron dunha animación musical e do espectáculo Among Nós, organizado e pagado pola nosa ANPA.
O pasado xoves 17 todo o profesorado do cole recibimos a formación de "Radio na biblio".
Gustaríanos agradecer a Javier de Redeespora esta sesión e compartir con nós os seus coñecementos sobre esta incrible ferramenta didáctica, pero aínda máis, o seu entusiasmo.
Non temos a menor dúbida de que será moi beneficioso para o noso alumnado.
- Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, EngineeringandMathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. - Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan á súa eliminación e alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico. O equipo de biblioteca realizou unha escolma de contos de mulleres e nenas científicas!!!
Aqui tedes algúns exemplos dos traballos realizados