Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Pasiño a pasiño facemos o camiño II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: Pasiño a pasiño facemos o camiño II. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de marzo de 2022

Obradoiros do Día da Muller

 Durante esta semana teremos actividades para celebrar o 8 de Marzo, día da Muller.

Como era de esperar este ano está relacionado co noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño II".

E que mellor maneira que coñecer ás primeiras mulleres peregrinas, da man de Sabela Losada, autora do libro"O camiño das Mulleres". Durante séculos a peregrinación foi a única viaxe permitida ás mulleres, e moitas aproveitaron esta oportunidade para saír dos sueus deberes domésticos, para coñecer por si mesmas o mundo e outras xentes, e sacar as súas propias conclusións.

E tivemos unha sorte tremenda, xa que temos unha axenda espectacular chea de actividades nas aulas, contacontos, obradoiros, xogos e escape room!!

Onte comezamos con:

- Alumnado de 1º e 2º E.P.: Contacontos: "O camiño das mulleres": Baseado nas experiencias reais de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago .

preme na imaxe para velo



-Alumnado de 3º: Contacontos e obradoiro: "Crea o teu camiño":  Comezando por coñecer mulleres que fixeron o Camiño de Santiago que logo representaron con debuxos, collage e narración" Quedou moi chulo!

preme na imaxe para velo


-Alumnado de 4º: Nesta actividade gozaron dun divertido e xigantesco xogo da oca no que ademais de subir e baixar polo taboleiro, descubriron mulleres incribles da nosa Historia relacionadas coas viaxes das mulleres e o Camiño de Santiago.

Grupo 4º A + 4º B

preme na imaxe para velo


Grupo 4º C + 4º B
preme na imaxe para velo






venres, 4 de marzo de 2022

Sabela Losada Cortizas

 Hoxe visitounos Sabela Losada Cortizas, a autora do libro "O camiño das Mulleres", un libro moi relacionado co noso PDI, para poder organizar e preparar uns obradoiros para a celebración do Día da Muller.

Teremos a sorte de disfrutar do seu libro e os seus coñecementos e que o noso alumnado coñeza outra parte dese "CAMIÑO DAS MULLERES". 



O libro fai referencia a mulleres galegas como Exeria, que en diferentes séculos abriron camiño coas súas experiencias vitais viaxeiras, rompendo prexuízos e convencionalismos e converténdose en verdadeiros referentes para as novas e futuras xeracións. 

Ademais do texto de Sabela Losada, contén ilustracións de Ana Villegas e fotografías de Soledad Felloza.

Esperamos a túa visita!!!




Agradecer a colaboración de Luisa Feijóo (Concelleira de Igualdade) pola aportación económica destes obradoiros.