xoves, 28 de febreiro de 2019

NOVAS EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICAS

XA TEMOS AS NOVAS EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS NOS CORREDORES DO CENTRO.

UNHA É SOBRE AS NOVIDADES PARA TRABALLAR NO PROXECTO DE CENTRO
ENTRE CONTOS ANDA O CONTO

OUTRA É MOI ESPERADA POLO ALUMNADO XA QUE SON OS LIBROS SUXERIDOS POR ELES/AS NA CAIXA DE SUXESTIÓNS HABILITADA PARA TAL FIN.

XA SABEDES QUE PODEDES MIRALOS, PERO NON LEVALOS PARA A CASA MENTRES DURA A EXPOSICIÓN.


luns, 25 de febreiro de 2019

SEMPRE ROSALÍA

EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA TRABALLAMOS DURANTE UNHA SEMANA A ROSALÍA DE CASTRO.

UNÍMONOS Á PROPOSTA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA COA PUBLICACIÓN DO MANIFESTO LIBRE O MEU PENSAMENTO DE ANA ROMANÍ

EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E OUTROS CENTROS DE ENSINO DA COMARCA UNÍMONOS Á PROPOSTA ROSALÍA TAMÉN VIVE AQUÍ. 

ESCRIBIMOS E ILUSTRAMOS POEMAS DE ROSALÍA  E PARA DARLLE VISIBILIDADE, COLOCÁRONSE  EN TODAS AS FIESTRAS E PORTAS DAS CASAS DO NOSO ALUMNADO.

PARTICIPAMOS NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DO CONCELLO DE AMES CO RECITADO E MUSICADO DE VARIOS POEMAS.

ENLACE:

AMES CELEBROU O DÍA DE ROSALÍA CUNHA GALA POÉTICA-MUSICAL NA QUE SE ENSALZOU O LEGADO DA POETA GALEGA



xoves, 21 de febreiro de 2019

OS BOLECHAS E A XESTIÓN DE R.A.E.E.

OBRADOIRO DE XESTIÓN DE RESIDUOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS  PARA O

 ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA


TEXTO DE SARA, ALUMNA DE 3º DE ED. PRIMARIA,  ELABORADO PARA O BLOG   LOGO DO OBRADOIRO

OS ELECTRECOS DOS BOLECHAS

 OS NENOS E NENAS DE 3º DE ED. PRIMARIA FOMOS Á BIBLIOTECA O DÍA 17 DE XANEIRO PARA FACER UNHA ACTIVIDADE SOBRE RECICLAXE.

 AO CHEGAR Á BIBLIOTECA ESPERÁBANOS UN CIENTÍFICO DE NOME ATOMILLO. 
cON ATOMILLO FIXEMOS MOITAS COUSAS: PRIMEIRO EXPLICOUNOS O QUE SIGNIFICABA R.A.E.E. E SIGNIFICABA RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS, LOGO VIMOS UN VÍDEO DOS BOLECHAS, NO QUE FACÍAN UN CONCURSO SOBRE XESTIÓN DOS RESIDUOS DOS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS EW FINALMENTE FIXEMOS UN RAP.

 CANDO MARCHABAMOS DÉRONNOS: UN CADERNO DE ACTIVIDADES, DOUS CONTOS, UNHA PEGATICA E UN CARNET DE ELECTRECOS PARA QUE LLE ENSINARAMOS AOS DEMAIS NENOS/AS O QUE APRENDERAMOS.

 CON ESTA ACTIVIDADE APRENDÍN E DIVERTINME MOITO.

   SE QUERES MIRA O VÍDEO DA ACTIVIDADE, AO FINAL PODES ESCOITAR O RAP


venres, 1 de febreiro de 2019

RECONSTRUÍNDO CONTOS (DÍA DA PAZ 2019)




É MOI IMPORTANTE A CELEBRACIÓN DE CONMEMORACIÓNS COMO A DO DÍA DA PAZ DENTRO DO SEO DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

CONCIENCIAR AO ALUMNADO SOBRE A IMPORTANCIÁ DE CREAR CARREIROS QUE PERMITAN CONVIVIR EN HARMONÍA  APRENDENDENDO A XESTIONAR OS SEUS PROPIOS CONFLICTOS,  INTENTAR RESOLVELOS POLA VÍA PACÍFICA E DA TOLERANCIA  E TAREFA PRIMORDIAL PARA CREAR UN BO CLIMA DE CONVIVENCIA NO ESPAZO ESCOLAR .

FORON MOITAS AS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO NOSO CENTRO:

- REALIZACIÓN DE MURAIS POR PARTE DO ALUMNADO NAS DIFERENTES TITORÍAS.

- PRESENTACIÓNS EN POWER POINT POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º SOBRE A PAZ E SOBRE O TEMA NÚCLEO DESTE ANO NO CENTRO:  O CONTOS.

-RECONSTRUÍNDO CONTOS TRABALLANDO  DIFERENTES ESTEREOTIPOS.

-TRABALLO DO ALUMNADO DE CANCIÓNS RELACIONADAS CON ESTA TEMÁTICA.

AMOSAMOS UN VÍDEO NO QUE SE RECOLLEN UNHA PEQUENA MOSTRAS DAS ACTIVIDADESW  RELACIONADAS ANTERIORMENTE

PARABÉNS PARA O ALUMNADO E PROFESORADO .