Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

PREMIO A ANDREA MACEIRAS

Hoxe vén de publicarse unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se lle concede a ANDREA MACEIRAS o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2020. Dito premio recoñece á autora galega máis lida polos clubs de lectura no ámbito educativo.


Andrea con alumnos do noso centro

Desde o CEIP Agro do Muiño queremos trasladarlle a nosa noraboa e o noso recoñecemento polo premio recibido. Tivemos a sorte de recibir a súa visita o pasado 5 de marzo para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Podedes ter máis información sobre dito premio AQUÍ

FOI UN ENORME PRACER.

PARABÉNS!!!

martes, 19 de novembro de 2013

LER, LER PARA SOÑAR (ANIMACIÓN Á LECTURA)

Tomando como base  o verso  LER LER PARA SOÑAR elaboramos dende todas as aulas do Centro uns carteis nos que o alumnado completaba o seguinte verso indicando o motivo polo que eles lían, ou mesmamente  animando a ler.
Neste video recóllense  os pareados de todo o alumnado. Agardamos que vos guste.


                      

venres, 21 de xuño de 2013

PARABÉNS POLAS VOSAS LECTURAS

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos os parabéns  polo voso interés lector e pola a vosa iniciativa de recomendar aos demais nenos/as, os libros que máis vos gustaron. É doado comentar o que nos gusta para animar á lectura. Escoitandovos, lectores animados, fostedes quen de ir poñendo ganas aos que non lle resulta tan fácil. NORABOA.

luns, 13 de maio de 2013

ANIMACIÓN A LECTURA PARA OS MÁIS PEQUECHOS DO COLE


NESTE MES DO LIBRO QUE CELEBRAMOS NO CENTRO OS MÁIS PEQUECHOS CONTARON CON VARIAS SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA. UNHA DELAS FOI COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE AMES E A OUTRA RELIZOUSE NO CENTRO COA COLABORACIÓN DA ED. XERAIS. GUSTOULLES MOITO E O MUNDO DOS CONTOS ENCHEU UNHA VEZ MÁIS AS SÚAS CARIÑAS DE LEDICIA. SE QUERES VELOS CLICA NAS IMAXES




 

martes, 7 de maio de 2013

CONTO CREADO, CONTO CONTADO

CO GALLO DOS ACTOS PROGRAMDOS NA SEMANA  DO LIBRO  O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA ELABOROU E ILUSTROU UN CONTO TITULADO:
 "A VIAXE DAS ESTACIÓNS".
NARRAN A HISTORIA DUN NENO ADRIÁN QUE TEN COMO MISIÓN ATOPAR AO DEMO DAS ESTACIÓNS.
TRABALLOUSE EN POWER POINT E FOI CONTADO ORALMENTE A TOD@ O ALUMNADO DO CENTRO.
MOITAS GRAZAS NEN@S POR COMPARTIR AS VOSAS CREACIÓNS.  


mércores, 3 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 "Só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes"        (Cesáreo Sánchez Iglesias)

Este día mundial do teatro celébrase cando a cultura galega homenaxea no 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, unha das figuras senlleiras da nosa literatura dramática, ademais de promotor da modernización e dignificación en Galicia das profesións vinculadas coa produción teatral.
Coma unha homenaxe á xente do teatro visionamos no Centro a obra MERLÍN
Merlín
Furaventos arriba coa seu dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven Merlín, Morgana e o rei Artur dende hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes dende hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o rei Artur.......


sábado, 9 de marzo de 2013

ANIMACIÓN Á LECTURA CARE SANTOS

Despois de lectura do seu libro " SE VENDE MAMÁ"CARE SANTOS NO NOSO CENTRO  O alumnado de 3º de primaria fíxolle unha entrevista sobre a súa vida, os seus libros, as súas próximas publicacións ademais de facerlle entrega dos traballos que elaboraron sobre o seu libro.
SE VENDE MAMÁ é o último premio Barco de Vapor. A súa autora, Care Santos, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de xeito divertida, próxima e moi real, os conflitos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai
A CONTADORA CARLA CAPEÁNS RECREA:
DEZ PIRATAS Gloria Sánchez cóntanos nun ton moi humorístico e cheo de ritmo, a historia de dez piratas que saen en busca dun tesouro e que, polo camiño, van desaparecendo ata que só queda o loro.


LER PERMITE VIAXAR COA IMAXINACIÓN A MUNDOS QUE DOUTRA FORMA NON SE PODERÍA CHEGAR.

mércores, 6 de febreiro de 2013

CAMILO JOSÉ CELA

A FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA OFERTOU UNHA ACTIVIDADE PARA O CENTRO PARA DAR A COÑECER AO ALUMNADO A FIGURA DE CAMILO JOSÉ CELA. FOI REALIZADA PARA OS NENOS/AS DE 5 ANOS E DE 5º E 6º DE ED, PRIMARIA. DOUS MONITORES FIXERON DIVERSOS TALLERES NO CENTRO.  OS MAIORES TRABALLARON SOBRE A SÚA FIGURA NA BIBLIOTECA, PARTICIPANDO ACTIVAMENTE NA BUSQUEDA DE INFORMACIÓN, NO  ETIQUETADO E REALIZACIÓN DE FICHAS DE  CADA UN DOS SEUS OBXECTOS RECREANDO O TRABALLO REALIZADO POLOS ESPECIALISTAS EN CALQUERA MUSEO. FOI VALORADA DE XEITO MOI POSITIVO POR TODO O ALUMANDO E PROFESORADO IMPLICADO POLO QUE A RECOMENDAMOS PARA OUTROS CENTRO DE ENSINO.
AMOSAMOS UN VIDEO NO QUE PODEMOS VER O TRABALLO DE INFORMACIÓN (EN PAPEIS DE CORES) REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º E 6º 
O VIDEO LEVA UN POEMA A ARMANDO MONDEJAR(VIAJE A LA ALCARRIA)MUSICADO POR LUIS EDUARDO AUTE.
  

domingo, 21 de outubro de 2012

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ao longo deste mes todos os nenos/as elaboraron lemas para animar á lectura, que logo foron expostos para disfrute de todos no corredor do cole. Con música de LUAR NA LUBRE podedes visionalos neste fermoso video. NORABOA a todo o alumnado polo seu bo facer e a súa creatividade. ¡Quedou chulísimo!

martes, 26 de xuño de 2012

GRANDE!!! SUSA HERRERA

SUSA HERRERA DELEITOU AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE COA SÚA ACTUACIÓN. ¡QUE BEN O PASARON! GRANDE SUSA
 

domingo, 24 de xuño de 2012

MELLORES LECTORES 2012

ESTES FORON OS NOSOS MELLORES LECTORES NO CURSO 2012. DESEXÁMOS A TODOS UN BO VERÁN  E COMO NON UNHAS DELICIOSAS LECTURAS

martes, 14 de febreiro de 2012

TI NON XOGAS!!!!!


O día 14 de febreiro tivemos a sorte de poder disfrutar da presenza de Silvestre Gómez Xurxo o autor do libro Ti non Xogas!!!, que leron o alumnado e 3º e 4º de Ed.Primaria ao longo deste segundo trimestre. Agasallounos co seu bo contar.

                               

xoves, 12 de xaneiro de 2012

CONTA QUE TE CONTAS: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Coa colaboración e  mediación de pais e nais do noso alumnado de Ed Infantil, puxémonos en contacto coa Federación de Xordos para ver a posibilidade de que viñeran ao cole a contárlle diferentes contos utilizando, ademais doutras linguaxes, tamén a de  signos.Contaron:
-LA ORUGA GLOTONA para 3 anos e 4 anos.
-LA AVESTRUZ MARILUZ  para 5 anos
-LA NOCHE DESPUES DE NAVIDAD  para o 1º ciclo de primaria.

Aproveitaron tamén para amosarlle aos nenos/as o vídeo de EL SUEÑO DE PEDRO, que trata sobre a problemática das persoas xordas e a eliminación das barreiras comunicativas . GRAZAS POR TODA A SÚA ADICACIÓN

luns, 9 de xaneiro de 2012

ANIMACIÓN Á LECTURA :ANXO MOURE


O gran ATRAPACONTOS, Anxo Moure, fixo unha visita ao noso cole. Engaiolounos coa súa maneira de contar e coa súa adicación ao coidado e respecto das nosas árbores e das nosas fragas. Todo o alumnado de Educación Primaria reuneuse no ximnasio, en duas sesións,  para poder compartir o seu bo saber contar.