venres, 25 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA

DAVID HOCKNEY
HENRI MATISSE

VAN GOGH

Se queres descargar as fichas elaboradas polo profesorado sobre algún dos pintores traballados, clica nos cartaces.

xoves, 24 de maio de 2012

VAN GOGH E OS XIRASOIS

Proxecto de traballo realizado polo alumnado de 4 anos, dentro do proxecto de Centro " ARTE E NATUREZA". Se queres descargar as fichas deste proxecto preme aquí

mércores, 23 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA

PEQUENO MUSEO NO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO
O TRABALLO DO 2º TRIMESTRE ARTE E NATUREZA PLASMÁMOLO NUNHA EXPOSICIÓN DE CARTACES BIOGRÁFICOS DOS DIFERENTES PINTORES E RECREACIÓNS DOS SEUS CADROS, FEITAS POLO ALUMNDO. ESCOLLEMOS MAIORMENTE CADROS REFERIDOS Á NATUREZA TENDO RELACIÓN CO PROXECTO INICIAL CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS

martes, 22 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA NAS AULAS

Amosamos unha mostra de traballos realizados polo alumnado nas diferentes aulas sobre ARTE E NATUREZA

luns, 21 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA (LIM)

Imos a coñecer máis cousas da arte e da natureza xogando con LIM

sábado, 19 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA (HENRI MATISSE)

Dentro do Proxecto Documental "Convivindo con Libros e Plantas " adicamos o 2º trimestre a traballar a natureza baixo a atenta mirada do artista. Este é o traballo que realizará o alumnado de 1ºA sobre Henri Matisse que rematará cunha interpretación do cadro "LA CORTINA EGIPCIA"

venres, 18 de maio de 2012

EU LEO, TI LES, NOS LEMOS

MOSTRA DE DIFERENTES ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEMOS NA HORA DE LER:

APADRINAMENTOS, LECTURAS COMPARTIDAS, DRAMATIZACIÓNS...

xoves, 17 de maio de 2012

martes, 15 de maio de 2012

ABRIL POEMAS MIL

TRABALLOS CON POEMAS NO MES DE ABRIL .UNHA XIGANTESCA ÁRBORE ENCHEUSE DE FOLLAS-POEMAS, PARA LEDICIA DE TODOS E TODAS.

martes, 8 de maio de 2012

1200 MARCAPÁXINAS, 2500 EUROS SOLIDARIOS

1200 MARCAPÁXINAS FEITOS CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN VOAN CARA A REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO TRANSFORMADOS EN 2500 EUROS QUE AXUDARÁN A QUE OUTRAS PERSOAS SEXAN UN CHISQUIÑO MÁIS FELICES. EN NOME DE TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO O NOSO AGRADECEMENTO A TODAS AS FAMILIAS POLA SOLIDARIEDADE AMOSADA.

xoves, 3 de maio de 2012

SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO (EL HELADO)

ACTIVIDADES DE LECTURA E COMPRENSIÓN, FEITAS EN LIM, SOBRE O CAPITULO DE "EL HELADO" CORRESPONDENTE AO LIBRO "SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO" DE ARNOLD LOBEL,  EDITADO POR ALFAGUARA INFANTIL

mércores, 2 de maio de 2012

CÓNTAME UN CONTIÑO

Actividade moi fermosa desenvolvida na aula de Ed Infantil. A experiencia dos AVÓS, o seu bo contar, a ledicia de transmitir todo o seu saber aos máis cativos produxo escenas fermosísimas na que pasado, presente e futuro mestúranse . A tenrura dos maiores e a ledicia dos pequenos ante a súa presencia creron momentos verdadeiramente máxicos e inesquecibles na aula. GRAZAS POLA VOSA DISPOSICIÓN E POLO VOSO LABOR EDUCATIVO. AS VOSAS LECCIÓNS SOBRE A VIDA SON AS QUE CIMENTAN O NOSO FUTURO.