Amosando publicacións coa etiqueta RIADA DE LIBROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RIADA DE LIBROS. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de xuño de 2014

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS

E xa no remate non queda máis que darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa implicación ao longo de todo o curso no Proxecto RIADA DE LIBROS. Todas as actividades feitas con ilusión, cariño e a participación activa de alumnado, profesorado, pais e nais de alumnos/as, Concello e outros organismos...teñen como premio a fachenda do traballo ben feito. Dende o Equipo de Biblioteca moitas grazas a todos e todas.

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS


luns, 23 de xuño de 2014

MAQUETA DO RÍO SAR

Este proxecto foi realizado por todo o alumnado do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria. Realizouse en colaboración co proxecto Voz Natura e co Concello de Ames na Aula da Natureza. Amosamos un video no que explicamos os pasos que se foron dando para a elaboración total da maqueta. Comezouna o alumnado de 6º de primaria que fixo un estudo do perfil do río, dos mapas, realizou a escala e proxectou toda a base. Logo os demais cursos foron facendo o relevo, as casas, as árbores e  pintárona. No remate final foi o alumnado de Ed Infantil o encargado de facer as decoracións para a súa exposición nos corredores do Centro. Esta actividade tivo un grao de valoración moi alto por parte do alumnado e implicáronse moito na súa elaboración. Damos as grazas a Patricia, técnico do Concello de Ames pola súa valiosa axuda e polo súa implicación nesta tarefa.


                 

domingo, 18 de maio de 2014

CONTO: RECUPERACIÓN DO RÍO SAR

O alumnado de 1º de Ed. Primaria, elaborou un conto no que dou peixiños, Lili e Colorín e a súa amiga Dona Garza, fannos deter a pensar no estado no que se atopa o río Sar, e a maneira de poder recuperalo entre todos. Cunha mirada infantil, pero con moita vontade e moitos ánimos, os pequenos atopan rápido a solución : LIMPAR O RÍO Agardamos e desexamos unha pronta recuperación para este río

           

sábado, 17 de maio de 2014

EXPERIMENTOS CON AUGA

Todo  alumnado do Centro realizou experimentación coa auga. Observou, fíxose preguntas, buscou respostas... Gustoulle moito experimentar, sentir, supoñer. Bonita forma de desenvolver a creatividade e a curiosidade e sentar as bases dun coñecemento científico.
Amosamos as experiencias realizadas por un aula de 6º de Ed Primaria


martes, 6 de maio de 2014

O CICLO DA AUGA (P.Interdisciplinar, Riada de Libros)

O alumnado e profesorado  de 2º nivel realizaron unha  presentación multimedia sobre o ciclo da auga.






Traballaron moito na experimentacion dos procesos de evaporación e condensación  e na  elaboración dunha maqueta e dun mural  sobre esta temática.



CICLO DA AUGA

                    
More PowerPoint presentations from xistina

luns, 5 de maio de 2014

RÍOS DE REFRÁNS (RIADA DE LIBROS)

Dende a biblioteca, a nosa mascota LEOPOLDO, embarcou ás familias nunha nova aventura. Nesta ocasión solicitáballe ditos e refráns que tiveran a auga coma protagonista. Centos foron os que chegaron ao noso cole, e que foron ilustrados polo alumnado dende 6º de ED Primaria ata 4º. Recompilamos todos e encadernámolos nun fermoso libro. Podedes visionar unha pequeniña mostra nesta presentación.

domingo, 4 de maio de 2014

"RIADA DE LIBROS" (PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA)

AMOSAMOS DÚAS   PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA SOBRE O RÍO SAR  E OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS



mércores, 30 de abril de 2014

O RÍO SAR CON MIRADA PERIODÍSTICA

Presentamos o dossier de prensa que o alumnado de 5º de Ed Primaria elaborou  con todas as actividades realizadas para o estudo do río Sar e as saídas realizadas ao longo do curso para o estudo medio-ambiental do río, a súa depuración e a súa recuperación.
Como decides nos vosos artigos ¡PASÁMOLO XENIAL!



Deixámosvos tamén unha presentación da visita realizada por este alumnado á Planta Depuradora de Bertamiráns, na que lles explicaron todo o relativo á depuración de augas e a potabilización.


sábado, 26 de abril de 2014

ESTUDO DO ESTADO DO RÍO SAR

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA REALIZOU UN ESTUPENDO TRABALLO SOBRE UN TRAMO DO RÍO SAR QUE PASA MOI PRETO DO NOSO CENTRO. AGRADECEMOS A PATRICIA, TÉCNICO DE MEDIO-AMBIENTE DO CONCELLO A SÚA DESINTERESADA E VALIOSA AXUDA. O ESTUDO ESTIVO BASADO NOS SEGUINTES CONTIDOS:

SITUACIÓN SATELITAL DA ZONA DO RÍO. 
VISITA AO RÍO 
OBSERVACIÓN
ESTUDO CIENTÍFICO DO ESTADO DO RÍO SAR
BIODIVERSIDADE FAUNA, FLORA E BOSQUE DE RIBEIRA  
 DEPURACIÓN DE AUGAS
 ARQUITECTURA DO RÍO 
             

TRABALLO REALIZADO EN GRUPOS POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

 


mércores, 23 de abril de 2014

ARQUITECTURA DOS RÍOS NO CONCELLO DE AMES

Grazas ao traballo de investigación de LINO VILAS BARBEITO autor do blog HISTORIA LOCAL DE ORTOÑO E A MAÍA o alumnado de 1º de Ed Primaria elaboramos este pequeno resume algunhas  das fontes, muíños, lavadoiros e pontes que existen sobre os ríos no noso Concello- Ames.
Aproveitamos para facer un mural no que pretendemos dar a coñecer a toda a Comunidade Educativa  este aspecto, moi importante na cultura tradicional e hoxe en día  máis descoñecido,  dos nosos ríos.

Unha nena nunha fonte
por unha berza bebía
a berza estaba rachada
toda a auga lle verquía



                               

martes, 15 de abril de 2014

ASÍ VEMOS OS PEQUES DE INFANTIL O CICLO DA AUGA



O alumnado de Ed Infantil traballou o PROXECTO : A AUGA . Unha das actividades que fixeron conxuntamente dende 3 anos ata 5 foi   este precioso mural no que representan os diferentes estados da auga, os lugares nos que hai auga, a descomposición da luz e o ciclo da auga.

martes, 8 de abril de 2014

AUGA E MULLER NA CULTURA TRADICIONAL

As presentacións multimedia que presentamos foron elaboradas polo alumnado de 6º e Ed. Primaria do noso Centro, logo de investigar na web. As imaxes foron recollidas de Google Imaxes.

O alumnado de 6º ofreceunos a tod@s, durante a semana da muller, o froito de todo o que aprenderan na investigación sobre a importancia da auga na vida dos seres humanos  e de  como obtela foi tarefa da muller durante moito tempo.
NORABOA RAPACES


A MULLER E A AUGA 1

More PowerPoint presentations from xistina

A MULLER E A AUGA 2

More PowerPoint presentations from xistina

domingo, 6 de abril de 2014

CONFERENCIA - Concienciación sobre o estado do río Sar (Xosé Manuel Penas Patiño)

XOSÉ MANUEL PENAS PATIÑO é membro da Plataforma pola defensa do Sar e coautor do libro
"GUÍA DE AVES DE GALICIA" 
Aceptou moi xentilmente a proposta de vir ao noso cole para darlle aos nen@s unha coferencia na que  abordou os seguintes temas:
Concienciación sobre o estado do río Sar
Estado actual no que se atopa o río
Alternativas de solución
Depuración de augas
Contaminación dos ríos e hábitos de coidado do medio


Amosamos unhas fotos sobre diferentes momentos da conferencia.
Moitas grazas, MESTRE.







martes, 1 de abril de 2014

HERBARIO DAS VEIGAS DO SAR E VAL DA MAÍA

DENTRO DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR RIADA DE LIBROS O ALUMNADO DE 4º A EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS LEVOU A CABO UN TRABALLO DE RECOMPILACIÓN DAS FOLLAS DE ÁRBORES DAS VEIGAS DO SAR E DO VAL DA MAÍA. LOGO DE SECALAS, CLASIFICÁRONAS ATENDENDO Á FORMA E AO BORDE DO LIMBO E ELABORARON O HERBARIO QUE VOS AMOSAMOS

mércores, 5 de marzo de 2014

O RÍO LECTOR (Documento para familias)

O ALUMNADO DE 4º B PROPONNOS  NESTE FANTÁSTICO TRABALLO, ADAPTACIÓN DE  "LA CUENCA DEL RÍO LECTOR", FACER UNHA VIAXE POR UN RÍO DENDE O SEU NACEMENTO ATA A DESEMBOCADURA AO MESMO TEMPO  DISFRUTANDO DESTA  TRAVESÍA.  A VIAXE FARÉMOLA DA MAN DE JOAN PORTELL RIFÁ , PEDAGOGO E ESCRITOR DE CONTOS PARA NEN@S, QUE NOS EXPLICARÁ AS DIFERENTES PARTES DUN RÍO COMPARÁNDOAS CO CAMIÑO DE FORMACIÓN DOS LECTORES.
¡POÑÉDEVOS CÓMODOS, ENCHÉDEVOS DE FANTASÍA E A DISFRUTAR...!

                       

RÍO LECTOR

                        
More PowerPoint presentations from xistina 


martes, 4 de marzo de 2014

TALLER DE POESÍA NA SEMANA DE ROSALÍA

Como xa vos comentamos durante a semana adicada a Rosalía toda as aulas do cole prepararon unidades didácticas sobre Rosalía e sobre a poesía escollida, que logo recitáronse a todos os nenos/as do cole. O alumnado de 4º A  fixo un OBRADOIRO DE POESÍA centrado na flora e na fauna do río Sar que andaban a traballar. Como homenaxe a Rosalía e aos seus poemas sobre este río , este grupo recitou as súas propias composicións e que vos presentamos. ¡ Moi bo traballo rapaces!


martes, 11 de febreiro de 2014

TEATRO DE MONICREQUES (LENDAS DOS RÍOS GALEGOS)

                       "PROXECTO ESCOLA CREACTIVA"

 O alumnado de 5º e 6º de Ed Primaria coordinado polo profesorado de Ed.Física e os titores construiron este traballo que vos presentamos paso a paso.

  •  INVESTIGACIÓN NA WEB E ESCOLLA DE LENDAS SOBRE OS RÍOS GALEGOS ENLACE
            - AS FEITICEIRAS DO RÍO SIL
            - AS RAPOSAS DO RÍO MEANDRO
            - A CARREIRA DOS TRES RÍOS
  •   TRANSFORMACIÓN DAS LENDAS EN TEXTOS TEATRAIS.

  •    ELABORACIÓN DOS   MURAIS-ESCENARIO


          


  •   DESEÑO E CONFECCIÓN DOS BONECOS-MONICREQUES PARA A REPRESENTACIÓN 





  • REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MONICREQUES PARA O ALUMNADO DE TODO O CENTRO NOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA PAZ

 
                         
                                                                                 

martes, 17 de decembro de 2013

XOGO DE PISTAS RÍOS GALEGOS

O PROFESORADO DE ED. FÍSICA DESEÑOU PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA UN XOGO DE PISTAS SOBRE 8 RÍOS GALEGOS E OUTRO DE CARREIRAS DE ORIENTACIÓN. NO XOGO DE PISTAS TRATÁBASE DE BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ESTES RÍOS : NACEMENTO, LUGARES POLOS QUE PASA, FLORA, FAUNA, ENCOROS, LENDAS E DESMBOCADURA. OS ALUMNOS DIVIDIDOS EN GRUPOS MARCABAN A LOCALIZACIÓN DAS PISTAS NUN PLANO CO FIN DE QUE O ALUMNADO DOUTROS GRUPOS AS BUSCASEN. NO REMATE CADA GRUPO DEBÍA COMENTAR QUE RÍO LLES TOCOU E COMUNICAR A TODOS OS DEMAIS A INFORMACIÓN RECOLLIDA SOBRE ESE RÍO.AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN REALIZÁRONSE NAS BEIRAS DO SAR, NO PASEO DE BERTAMIRÁNS.AQUÍ O PROFESORADO FOI O ENCARGADO DE COLOCAR NO PLANO DO PASEO O NOME DE 8 RÍOS. OS GRUPOS SAÍAN EN INTERVALOS DE 5 MINUTOS PARA TRATAR DE ENCONTRALOS, SEGUINDO O PLANO E A ORDE ESTABLECIDA CUN TEMPO DE 25 MINUTOS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BEN VALORADA POLO ALUMNADO.
 

xoves, 7 de novembro de 2013

RIADA DE LIBROS NO SAMAÍN

CRETIVIDADE FANTÁSTICA DAS FAMILIAS PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN ESTE ANO ARREDOR DO TEMA: A AUGA E OS RÍOS.
PLÁSTICAMENTE SIMBOLIZARON ENTRE OUTROS TEMAS: A PESCA, O RÍO, A CONTAMINACIÓN DOS RÍOS, O CURSO DO RÍO SAR, A ANIMACIÓN LECTORA PESCANDO LIBROS PARA A SÚA LECTURA... EN NOME DO CLAUSTRO DE PROFESORES E DO EQUIPO DA BIBLIOTECA OS NOSOS PARABENS E POR SUPOSTO MILLEIROS DE GRAZAS.
AVISO: UN POUQIÑO DE PACIENCIA .CANDO CLIQUES NO PLAY TARDO UN CHISQUIÑO EN CARGAR, PERO PAGARÁ A PENA.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

domingo, 23 de xuño de 2013

PRÓXIMO PROXECTO CURSO 2013-14 RIADA DE LIBROS

FACEMOS UN ADIANTO DO PROXECTO DO CURSO 2013-14 QUE LEVA POR TÍTULO                                         RIADA DE LIBROS.
Buscando unha fotografía para este proxecto encontramos esta fermosísima iniciativa que compartimos. CONTAN QUE EN MELBOURNE "coincidiendo con el festival “Light in Winter” los responsables de la agencia Luzinterruptus llevaron a cabo una acción, que por su impacto y visualidad hoy reproducimos. Esta año, la temática elegida por el festival giraba en torno al leit motiv de la lectura. El reto consistía en convertir la moderna y fría arquitectura de esta gran ciudad en un espacio que invitara a la lectura. El Ejército de Salvación participó en el proyecto donando diez mil libros desechados por bibliotecas públicas. Con la colaboración desinteresada de un montón de amigos, y de una pequeñas linternas con luces leds cedidas por los fundadores de Guerrilla Lighting, los creativos de la agencia fueron dando vida a un río de libros que discurría por calles, escaleras y plazas, ocupando el espacio asignado para que los coches pudiesen aparcar, ofreciendo a los transeúntes un inesperado y sorprendente espectáculo gracias al cual, el tráfico se iba retirando cediendo terreno al poder de la palabra escrita.Un carril de la transitada Flinders Street pasó a convertirse en una improvisada sala de lectura, que también sirvió de escenario para la representación de la performance Walking Through Words dirigida por Tony Yap y Yumi Umiumare.Esta riada de libros fue ofrecida a los transeúntes y a los ocupantes de los coches que circulaban por los alrededores y que, muy sorprendidos, abrían sus ventanillas aceptando la donación de tan preciados presentes".http://www.embelezzia.com/arte-y-diseno/en-melbourne-literatura-vs-trafico