"Só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes" (Cesáreo Sánchez Iglesias)
Este día mundial do teatro celébrase cando a cultura galega homenaxea no 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, unha das figuras senlleiras da nosa literatura dramática, ademais de promotor da modernización e dignificación en Galicia das profesións vinculadas coa produción teatral.
Coma unha homenaxe á xente do teatro visionamos no Centro a obra MERLÍN
Merlín
Furaventos arriba coa seu dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven Merlín, Morgana e o rei Artur dende hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes dende hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o rei Artur.......