mércores, 29 de marzo de 2023

CONTACONTOS: Non a todas as nenas lle gusta o rosa.

 O 29 de marzo a cativada de primeiro recibiu unha sesión de contacontos da obra: "Non a todas as nenas lle gusta o rosa" que ben o pasaron!



OBRADOIRO DE CÓMIC CON BEA LEMA

 O alumnado de cuarto curso participou nun obradorio de cómic impartido pola ilustradora Bea Lema no marco do programa "Biblioteca Creativa".


                                                                        Preme na imaxe para máis contido

martes, 28 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE COLAXE E FOTOGRAFÍA CON MARK RITCHIE

 Os días 27 e 28 de marzo o alumnado de primeiro e segundo curso participou nuns obradoiros de collage e fotografía impartidos polo fotógrafo australiano Mark Ritchie. Os colaxes que elaborou cada nena e neno foron inspirados no país que están a traballar na súa aula.

Preme na imaxe para ver todo o contido.

venres, 24 de marzo de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: Alicia, nai de Marinha de 2ºA

 O venres veu a 2ºA aos Faladoiros do Muíño Alicia, a nai de Marinha, a darnos unha charla e uns consellos sobre primeiros auxilios (que agardamos non ter que usar nunca). Pero unha cousa que aprendimos é que se temos que reanimar a un peluche, hai que levar o ritmo dos masaxes cantando a Macarena!





mércores, 22 de marzo de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: Unha fiestra aberta a... Italia. Maite, nai de Eire 1ºB

 Ciao ragazzi

Hoxe, en 1ºB, tivemos o pracer de contar con Maite. Grazas a ela, e a súa pequena e marabillosa tripulante de cabina, Eire, puidemos viaxar ata Italia e coñecer fermosos lugares coma Roma, Pompeia, Florencia e ata dar un paseo en góndola por Venecia. Grazas polo paseo, Maite.

Preme na imaxe para ver máis contido




luns, 20 de marzo de 2023

ENCONTROS CON AUTORES: PERE TOBARUELA

 O luns 20  de marzo visitounos Pere Tobaruela, autor do libro "Formigas Misión Tokio". Este forma parte do itinerario lector de 6º de Ed. Primaria. O escritor catalán charlou coas nenas e nenos e tamén asinou algún que outro exemplar. Graciñas por vir Pere!





mércores, 15 de marzo de 2023

FALADOIROS NO MUÍÑO: Unha fiestra aberta a... Francia. Delphine nai de Sofía de 1ºB

 Este mércores visitounos Delphine, a nai de Sofía de 1ºB. Non sei se sabiades que, tanto Sofía coma súa nai, son francesas. Por iso nos trouxeron un montón de fotos de Normandía, onde vive moita da súa familia. E tamén de París, a cidade da Luz. Ademais, aprendemos as nosas primeiras palabras en francés e até nos cantaron un anaquiño do seu himno. Que gusto escoitarvos! 

Merci beaucoup, Delphine et Sofía!

Preme na imaxe para ver máis.


venres, 10 de marzo de 2023

Samana da prensa 2023

Para celebrar a "Semana da prensa" elaboramos unha exposición de xornais de todo o mundo entre toda a comunidade educativa. Graciñas a todas pola vosa colaboración! 


 

xoves, 9 de marzo de 2023

FALADOIROS NO MUIÑO. Música brasileira e fados portugueses

Os nenos e nenas de 3 anos estivemos de sorte, xa que puidemos desfrutar dun pequeno concerto con Saúl Canosa (clarinete) pai da compañeira Sarela Canosa, e con Xosé Rodríguez (guitarra). Con música brasileira e fados portugueses, como " Creba Queixo", "Doçe de Coco"... e para rematar tocaron, cantamos e bailamos o Pitinho Amarelinho. Moitas grazas.


Preme na imaxe para ver máis fotos

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Para conmemorar o Día Internacional da Muller, aquí tedes algúns exemplos dos distintos traballos realizados nas aulas. Esperamos que vos gusten!!!

preme na imaxe



8M Selección de libros




 

martes, 7 de marzo de 2023

Visita do Cónsul de Uruguai Don Ramiro Rodríguez Bausero.

 Dentro do marco do noso proxecto anual recibimos ao Cónsul Xeral da República de Urugaui en Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco. Veu compartir co alumnado de sexto curso unha interesante sesión sobre as funcións do seu posto e diferentes datos, costumes , tradicións e curiosidades do seu país. Rematou a sesión respondendo a unha rolda de cuestións que as alumnas e os alumnos plantexaron. Moitas grazas Don Ramiro por esta visita tan enriquecedora.


Preme na imaxe para acceder a máis contido.


mércores, 1 de marzo de 2023

PARTICIPAMOS EN ENREGUÉIFATE

 Dende o noso cole participamos na VI edición do Certame Enreguéifate na categoría escolar.

Parabéns e moita sorte!!!


FALADOIROS NO MUÍÑO: CONTACONTOS NA AULA DE 3 ANOS A

 Nesta ocasión, recibimos a visita de Fani, a nai de Elsa Cuns de 3 anos A e contounos os seguintes contos:

Galiño Pelado e La rana de la boca grande. Foi un pracer escoitarte.

Moitas grazas pola túa colaboración.

preme na imaxe