Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio 24/25 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio na biblio 24/25 b>. Amosar todas as publicacións
luns, 12 de maio de 2025
Videoxogos 5ºC
O alumnado de 5ºC elaborou este podcast sobre os beneficios e problemas dos videoxogos como traballo da aula de Lengua Castellana.
A DINA de Valencia
O alumnado de 5ºC elaborou este podcast sobre a DINA como traballo correspondente á asignatura de Lingua Galega.
Imos nadar 2º
Este temazo musical composto e gravado polo alumnado de 2º foi o que elexiron para desfilar no Festival de Entroido.
Versionando palabras do mar 3ºC
Inspirándonos no libro Palabras do mar, de Antonio Garcia Teijeiro e Xosé Tomás, a alumnado de 3°C estivo traballando a poesía, a rima, facendo pareados para logo Ilustralos cun orixinais debuxos e rematar coloreandoos con acuarela. Estes versos foron tamen gravadas na Radio Agroonda, practicando previamente a entoación axeitada e coñecendo tamen a mellor maneira de locutar para que soe asi de xenial como podedes escoitar neste podcast.
PREME NA IMAXE
venres, 2 de maio de 2025
UN PEIXE É UN PEIXE
O alumnado de 6ºB de Educación Infantil cóntanos dende Agroonda este fermoso conto de Leo Lionni co que traballaron no seu itinerario lector.
mércores, 30 de abril de 2025
Formación Radio na biblio con Charo Pita
Hoxe a escritora Charo Pita Silvestre impartiu ao alumnado de 5° de Primaria na biblioteca, un interesantísimo obradoiro sobre a lectura expresiva para mellorar a dicción, entoación, velocidade, fluidez, " dramatismo"...na lectura de diferentes tipoloxía de textos. Isto serviralle á nosa rapazada para potenciar a oralidade na nosa Radio na biblio.
Moitas grazas, Charo. Encantounos.
Preme na imaxe
venres, 25 de abril de 2025
ANUNCIOS LINGUA 6ºA
O alumnado de 6ºA elaborou uns anuncios na aula de Lingua Galega sobre o tema que quixeron e graváronos na nosa Agroonda.
sábado, 8 de marzo de 2025
ENTREVISTA A CARMEN LIÑARES (Cantareira e pandeireteira)
Na Semana da Muller tivemos unha cantareira auténtica das de antes, Carmen Liñares. Aproveitando o faladoiro co que nos agasallou o alumnado de 4º curso entrevistouna na nosa radio. Aquí tendes a entrevista completa.
Preme a imaxe para ver como foi o faladoiro que fixo bailar a todo o alumnado na biblioteca.
sábado, 1 de marzo de 2025
A contaminación mariña
As alumnas e alumnos de 4ºC elaboramos este podcast para concienciar sobre o problema da contaminación mariña. Actividade que fixemos na asignatura Proxecto Competencial.
O cine en Agroonda
As alumnas e alumnos de 4ºC elaboramos este podcast sobre cine e películas que máis nos gustan. Actividade que fixemos na asignatura Proxecto Competencial.
domingo, 23 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA, CANCIONEIRO POPULAR GALEGO
O alumnado polo Día de Rosalía de 5º e 6º Curso de E.P. presenta neste podcast a súa versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" o cal transformaron nunha muñeira.
mércores, 19 de febreiro de 2025
NOVA INSTALACIÓN DA RADIO AGROONDA
Coas obras de ampliación da biblioteca, agora a nosa Radio Agroonda, sitúase nunha nova peixeira situada nun recanto da nosa biblio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)