Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de febreiro de 2013

BO ENTROIDO

ESTE ANO TOCOULLE AO ENTROIDO DE COBRES (MADAMAS E GALÁNS). É OBXECTIVO DO CENTRO TRABALLAR OS ENTROIDOS TRADICIONAIS DE GALICIA. A INFORMACIÓN RECÓLLESE EN FORMA DE MURAL NO CORREDOR DO CENTRO PARA QUE TODO O ALUMNADO PODA LELA E MESMO OBSERVAR AS IMAXES.  ADEMAIS ADIANTAMOS QUE COMO ESTAMOS CO PROXECTO DE MÚSICA TRADICIONAL, O GRUPO PESDELÁN PÚXONOS A BAILAR A TOD@S AO SON DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS DE GALICIA. 

Entroido de Cobres (VilaboaPontevedra) é un dos máis vistosos e participativos de Galicia. A súa orixe remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral, transmitida de xeración en xeración. Está declarado de Interese Turístico.


mércores, 15 de febreiro de 2012

EXPOSICIÓNS ENTROIDO

A quen non lle gusta disfrazarse? A nosa árbore tamén decidiu poñer a súa máscara e traernos os libros da biblio que falaban de ENTROIDO: disfraces e máscaras, maquillaxes e títeres e outros libros máis acompañáronnos nestas datas para que todos/as puideramos disfrutalos
VIVE O ENTROIDO!!!!!!

luns, 13 de febreiro de 2012

SAE O ENTROIDO AO CORREDOR

TEMOS QUE COÑECER DE ONDE VIMOS PARA SABER CARA ONDE CAMIÑAMOS. AS NOSAS TRADICIÓNS COMO SINAIS DA NOSA IDENTIDADE LEVÁRONNOS A PROGRAMAR O ENTROIDO DANDO A COÑECER O NOSO: ESCOMEZAMOS NO PRESENTE CURSO POLOS XERAIS,PRÓXIMOS AO NOSO CONCELLO E OS PELIQUEIROS DA LAZA POLA SÚA VISTOSIDADE .