venres, 29 de outubro de 2021

APÓCEMA TERRORÍFICA DE SAMAÍN

 O NOSO CALDEIRO ESTÁ A COMEZAR A FERVER,PERO FÁLTANLLE PALABRAS, SENSACIÓNS OU INGREDENTES RELACIONADAS CO SAMAÍN.

GUSTARÍANOS QUE COLABORÁSEDES PARA QUEO NOSO CALDEIRO PREPARASE A MELLOR A APÓCEMA TERRORÍFICA.

ESCRIBE AS TÚAS PALABRAS ELIXIDAS NA BURBULLA DA APÓCEMA OU NO FRASCO.

ESTE FOI O RESULTADOOOOOO

Samaín 2021: As nosas cunchas

 

Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, celebramos o SAMAÍN, festividade de tradición Celta, que marca o remate de tempada de colleita e o comezo do inverno.




Este curso, de novo pola situación que estamos a vivir, vímonos na obriga de cambiar  a perspectiva da nosa celebración con esta proposta:


En colaboración coas familias, elaborar un sendeiro de cunchas de peregrinos e que quedasen  durante unha tempada expostos no exterior do centro como símbolo da nosa peregrinaxe....

Este foi o resultado!!!

xoves, 28 de outubro de 2021

MEIGALLOS OU ESCONXUROS

 MEIGALLOS OU ESCONXUROS

Érase unha vez un grupo de meigas e druídas que cos seus coñecementos de maxia, de herbas e de

cantigas ancentrais comezaron a xuntar ingredientes nun pote para para ver que pasaba. E o que pasou 

foi que...

ESTE FOI O RESULTADO....

mércores, 27 de outubro de 2021

Contacontos do Samaín!

 

Hoxe e mañá, contamos cunha sorpresa de Samaín!

Cada nivel terá unha sesión de contacontos de Samaín, 

da man de Manuela Varela.



Hoxe foron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º, 

e mañá 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Esta actividade foi pagada pola nosa ANPA. 

Grazas pola vosa colaboración!

preme na imaxe



Chegou o Samaín 2021!

 

Nesta ocasión, O SAMAÍN chegou a Agrobiblio con moitos materiais!

 Esperamos que o pasedes terroríficamente ben!!

Sorteo biblioaxudantes!


 Ola a todos e todas:

Coa posta en marcha da Agrobiblio, faltábannos os biblioaxudantes.

Fixemos a petición ao alumnado de 6º, de forma voluntaria, e foron convocados a unha reunión para realizar un sorteo, xa que a participación foi moi ben acollida.

Grazas por participar!

 

preme ma imaxe 



martes, 26 de outubro de 2021

As mochilas viaxeiras comezan os seus camiños

 


Comenzaron o pasado venres 22, os camiños das mochilas viaxeiras!!

Este ano, todo o centro desfrutaráas nas súas casas e, o mais importante de todo, compartirémolas coas familias.
Nas diferentes mochilas, os contidos escollidos fan referencia á temática do noso proxecto e mais temáticas, sendo seleccionados en colaboración do equipo de biblioteca e os propios titores/as adaptándonos o máximo posible á idade, intereses e características dos nenos e nenas.
                                                                    

preme na mochila para ver como foi!!!



                    



domingo, 24 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas Escolares

 


Hoxe 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, e... Sabedes porque adicamos un día especial ás Bibliotecas Escolares? 

Pois porque as bibliotecas escolares son moi importantes, xa que son as únicas bibliotecas polas que pasa toda a xente en idade escolar do noso pobo.

E nós temos a gran sorte de ter a nosa biblioteca, a Agrobiblio, pola que pasaron moitos dos nosos pais, nais, familiares e moitos compañeir@s e amig@s.


 

sábado, 23 de outubro de 2021

Materiais do proxecto

 Aquí presentámosvos algúns materiais do noso proxecto que podedes consultar na Agrobiblio. 

Son moi interesantes e variados. 

Esperamos que vos gusten estos materiais!


Temos algunhas sorpresas que desvelaremos aos poucos...


Buscamos Biblioaxudantes!!!

 

Pouco a pouco a nosa Biblio 

comeza a poñerse en marcha

e moitas veces grazas á inestimable 

axuda dos nosos nenos e nenas.

Nesta "nova normalidade"

tomando as medidas oportunas

volveremos a facelo de novo.


Mirade os compromisos aos que fan fronte o noso alumnado.



Leopoldo xa está de volta!!!

 


Leopoldo xa está de volta…

e como non…

trae moitas, moitas NOVIDADES!!!

Pero tamén… trae moitas ganas de volver

A recibir a todos os nenos e nenas do cole…iso si…

CON SENTIDIÑO!!!

Velaquí vos deixamos o protocolo que imos ir seguindo para desfrutar todos e todas da lectura na Agrobiblio:


O abecedario do camiño

 

Queremos presentarvos o noso abecedario do camiño. Cada curso realizou unha letra e inspirámonos no cartel deste ano das bibliotecas escolares de Galicia, realizado polo ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero. Aproveitamos a súa idea e relacionámola co noso proxecto deste curso: "Pasiño a pasiño facemos o camiño II"

Quedounos xenial!


A biblioteca escolar ten a palabra



 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. 
O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 

 
 
Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. 
 
Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 

 
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade. 

Benvidos: Curso 2021-2022

Damos comezo a un novo curso e tamén a unha nova apertura da nosa biblioteca. Dende o Equipo de Biblioteca estamos moi ilusionados porque este curso continuamos co proxecto: "Pasiño a pasiño facemos o camiño II" que gusta e motiva ao alumando.

    Esperamos conseguir que os nosos pequenos e non tan pequenos gocen con este proxecto e con todas as sorpresas e actividades que temos preparadas  para este curso que iniciamos.  



PDI: Pasiño a pasiño facemos o camiño II