Amosando publicacións coa etiqueta MULLER TRABALLADORA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER TRABALLADORA. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de marzo de 2014

MULLERES CIENTÍFICAS (SEMANA DA MULLER)

MULLERES CIENTÍFICAS 
Na semana do 10 ao 14 de marzo traballamos no Centro A SEMANA DA MULLER . Este ano decidimos adicarllo a algunhas mulleres científicas que ao longo da historia da humanidade favoreceron o avance deste campo do saber e que contribuiron de forma notable ao coñecemento. A achega das mulleres á ciencia remóntase a hai 3200 anos. Os seus traballos e os seus logros foron, indubidablemente, decisivos para o coñecemento da Ciencia e para facer deste un mundo mellor. Magoa que durante moitos anos a repercusión e o coñecemento que tivemos sobre o seu traballo e sobre elas mesmas fora escaso, ou que mesmo pasase inadvertido. Adicámosllo tamén a Mª JOSÉ ALONSO e a ALICIA ESTÉVEZ que veñen de ingresar na ACADEMIA DA CIENCIA GALEGA

 

domingo, 17 de marzo de 2013

MALVELA:ESPLENDIDAS, BOAS E XENEROSAS.


FOI UNHA INCREIBLE EXPERIENCIA. MULLERES BOAS E XENEROSAS, DESINTERESADAS, ALEGRES E DIVERTIDAS, MULLERES TRABALLADORAS QUE FORON QUEN DE IMPRIMIR NOS CATIVOS A NOSA MÚSICA E TRADICIÓN E QUE  CO SEU EXEMPLO E A SÚA VOZ DEIXARON CONSTANCIA DE TODO O QUE SE LEVA FEITO POLA SAIDA CARA A LIBERDADE DAS MULLERES PERO  TAMÉN LEMBRARON  TODO O QUE AÍNDA QUEDA POR FACER

 
MIRADE O VIDEO CORRESPONDENTE AO FIN DA ENTREVISTA CO ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FOI UN HONOR PODER COMPARTIR  CON ELAS ESTE DÍA QUE REMATOU CUNHA EMOCIONANTE E INESPERADA DESPEDIDA.
 

martes, 5 de marzo de 2013

MALVELA NO COLE

E VAN VIR AO NOSO COLE .!!!!!!! É UN HONOR PARA NÓS PODER CONTAR NO DÍA DA MULLER CON OITO REPRESENTANTES DO GRUPO MALVELA. ESTAMOS ENCANTADOS, ABRAIADOS, ESTAMOS MOI "PIRIMPIMPIN"!!!!!!!
O ALUMNDO ESTÁ PREPARANDO UNHA ENTREVISTA PARA ENCHOUPARNOS DE TODA A EXPERIENCIA,  A TRADICIÓN A MÚSICA E A CULTURA DESTAS MULLERES QUE LOITARON POLOS SEUS SOÑOS E POR PODERNOS ACHEGAR  A FRESCURA DAS NOSAS CANTIGAS E TRADICIÓNS . XA VOS IREMOS CONTANDO DE MOMENTO TODOS A CANTAR O PIRIMPIMPIN.


Teño dentro do meu peito…
unha laranxa partida
para darlle o meu amor,
o pirin pirimpimpin
para darlle a miña vida
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
De Portugal me mandaron,
tres peras nun ramaliño
quen me dera a mi sabere
quen me ten tanto cariño
o pirin pirimpimpin
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
do outro lado do rio
do outro lado meu ben
do outro lado do rio
o pirin pirimpimpin
teño a quen lle quero ben
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
O entrar en sanguiñeda
hay un lexo de letreiro
que sempre esta a dicir
o pirin pirimpimpin
portugal meu compañeiro
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamen quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamén quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
María vira para aquí.

martes, 19 de febreiro de 2013

CELEBRANDO CON MALVELA O DÍA DA MULLER

E QUÉ MELLOR QUE ESTE GRUPO DE MULLERES GALEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER ...
CANTAS CARACTERÍSTICAS AXEITADAS:
Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
E ADEMAIS no traballo da MIÑA XANELA Á TÚA   queren dar unha homenaxe a todas esas mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito.

luns, 18 de febreiro de 2013

MALVELA NO DÍA DA MULLER

ED INFANTIL
SE CLICAS NAS PORTADAS DOS DISCOS DE MALVELA PODERÁS VER O TRABALLO QUE SE VAI A REALIZAR NAS AULAS CONMEMORANDO O DÍA DA MULLER



2º e 3º CICLO
1º CICLO







domingo, 11 de marzo de 2012

mércores, 7 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER (PROPOSTA DE TRABALLO)

ÁNIMO!!!! AQUÍ TEDES UNHA PROPOSTA DE TRABALLO PARA REALIZAR CO GALLO DO DÍA DA MULLER. TEDES UN ENLACE NO BLOG NA ENTRADA REFERIDA Á EXPOSICIÓN DO CORREDOR "PIONEIRAS DA ECOLOXIA" TAMÉN PODES RECOLLER INFORMACIÓN NO MURAL INFORMATIVO.

luns, 5 de marzo de 2012

MULLERES CIENTÍFICAS:DERRUBANDO BARREIRAS

Dentro do proxecto"CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS"adicámoslle o Día da Muller Traballadora a dúas mulleres científicas pioneiras no campo da ecoloxía: Rachel Carson; Josefina Castellví