xoves, 30 de novembro de 2017

PRESENTACIÓN LIBRO. TEMA: ACOSO ESCOLAR COMO AXUDO A ANTÓN?


 Jorge López Penas e Eva Rieiro (autor e ilustradora) do libro COMO AXUDO A ANTÓN? achegáronse polo centro para presentar o seu libro ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed .Primaria.

Libro ben interesante e extraordinario recurso para traballar o tema do acoso escolar






Os  personaxes protagonistas son animais que representan situacións non desexable de relación social cara a un compañeiro, en repetidas e continuadas ocasións.  



Mediante un xogo simbólico con tarxetas de cores, verdes e vermellas,  o alumnado respondía a situacións de relación escolar  segundo lle parecesen axeitadas ou non axeitadas.







Ao mesmo tempo, a través da técnica de "Torbellino de Ideas" buscaban alternativas e solucións cara a situacións de acoso sufridas por Antón.

mércores, 29 de novembro de 2017

EN NEGRO. EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES



CO OBXECTIVO DE VISIBILIZAR O REXEITAMENTO DA CIDADANÍA Á VIOLENCIA MACHISTA  O NOSO CENTRO UNEUSE Á CAMPAÑA  AMES EN NEGRO.  O CONCELLO APORTOU CAMISETAS E BOLSAS PARA ALUMNADO E PROFESORADO.


AO MESMO TEMPO PRESENTOUSE  NO CENTRO PARA O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º  O LIBRO DOS BOLECHAS 

AMES FALANDO DE IGUALDADE NO C.I.M 

NO QUE LLE ENSINAN AOS NENOS/AS: 
 A IGUALDADE, A TOLERANCIA, A CONFIANZA A EMPATÍA...






         

martes, 28 de novembro de 2017

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



LEMAS  VIOLENCIA   MULLER 




DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPUXEMOS  UN TRABALLO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. TRATARIAMOS DE QUE ALUMNADO TOMASE CONCIENCIA DA SITUACIÓN DE DESIGUALDADE E INXUSTICIA QUE A NIVEL SOCIAL E GLOBAL SEGUEN A PADECER MOITAS MULLERES. PARA ELO TRABALLAMOS NAS AULAS CON DIFERENTES ESTÍMULOS :
  • LIBROS QUE ABORDAN ESTA TEMÁTICA 
  • VÍDEOS E CURTAS
  • ARTIGOS PERIODÍSTICOS
  • CANCIÓNS
  • VISIONADO DE DIFERENTES LEMAS 

UNHA VEZ TRABALLADOS COMENTAMOS E  CONVERSAMOS NAS AULAS SOBRE ESTA PROBLEMÁTICA, MANIFESTANDO O ALUMNADO A SÚA OPINIÓN SOBRE ESTE TEMA E NALGÚNS CASOS ESTABLECENDO PEQUENOS DEBATES.

 O PRODUTO FINAL PARA A ED. PRIMARIA ,  SERÍA A REALIZACIÓN DE LEMAS SOBRE A VIOLENCIA DA MULLER .  O ALUMNADO DE ED INFANTIL REALIZARÍA CORAZÓNS EN FOLIOS DE PAPEL DE CORES. 

AMOSAMOS UNHA PRESENTACIÓN CUNHA PEQUENA MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO.

VIOLENCIA MULLER 2017 on PhotoPeach

venres, 17 de novembro de 2017

COMPARTINDO TRADICIÓNS COAS FAMILIAS


AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS FORON AS ENCARGADAS DE LEVARNOS ÁS ORIXES E ÁS NOSAS TRADICIÓNS.

UNHA AVOA  BRINDOUSE PARA VIR AO COLE E LOGO DE CONTARLLES UN CONTO AOS NENOS/AS FALOULLE DAS TRADICIÓNS DE FACER BONECAS COAS ESPIGAS DE MILLO. ENSINOULLE A TODOS COMO AS CONFECCIONABAN E LOGO CADA ALUMNO/A ELABOROU A SÚA NA AULA.

COMPARTIMOS UNHA FERMOSA EXPERIENCIA COS NOSOS MAIORES DA QUE VOS DAMOS CONTA NESTE VIDEO, QUE VOS AMOSAMOS, E AO QUE LLE PUXEMOS MÚSICA DE MIGALLAS DA CANCIÓN PAN DE MILLO. 

FERMOSO TRABALLO RAPACES



domingo, 12 de novembro de 2017

DISFRUTAMOS E COMPARTIMOS LECTURA


CO FIN DE QUE O ALUMNADO DISFRUTE DA LECTURA E NARRACIÓN DE CONTOS, DESENVOLVA HÁBITOS LECTORES E COMPARTA EXPERINCIAS LECTORAS, EN ED. INFANTIL DE CATRO ANOS CONTINUAN CO PROXECTO INICIADO NO CURSO PASADO, NO QUE O ALUMNADO LE PARA DISFRUTE PROPIO E DOS DEMAIS COMPAÑEIROS/AS. NO BLOG AGROAULAVERDE PODEDES VELOS NAS SEGUINTES ENTRADAS:


domingo, 5 de novembro de 2017

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS




"El pensamiento científico –central a la idea de ciencia como proceso– es una herramienta básica para aprehender lo que nos rodea, para intentar comprenderlo y para tomar decisiones fundamentadas, destaca Furman. Y continua: “Pero esos ‘hábitos de la mente’, no son innatos sino que se aprenden. Y para que eso suceda, los docentes tenemos que generar situaciones que les ofrezcan a los alumnos la oportunidad de ‘hacer ciencia’ en el aula, investigando fenómenos, pensando maneras válidas de responder preguntas, proponiendo explicaciones alternativas ante los resultados, debatiendo entre pares. En síntesis, lo que el libro propone es un abanico de ideas y estrategias para acompañar a los docentes en ese camino que considero como una aventura, desafiante pero también muy posible.”

 “La aventura de enseñar ciencias naturales”, libro escrito por Furman y la bioquímica María Eugenia de Podestá (Editorial Aique, 2009), obtuvo el premio a la mejor obra de pedagogía práctica.)


ENLACES :






venres, 3 de novembro de 2017

TAMÉN XOGAMOS NO SAMAÍN


E UN ANO MÁIS VOLVEMOS A CELEBRAR O SAMAÍN. NESTA OCASIÓN O TEMA FORON OS XOGOS. DIFERENTES XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES  ELABORADOS CON CABAZAS E ESPIGAS DE MILLO. OS PAIS E NAIS, COMO EN ANOS ANTERIORES, FORON OS QUE FIXERON POSIBLE ESTA FESTA. PARTICIPARON MASIVAMENTE NA REALIZACIÓN PLÁSTICA FACENDO GALA DUNHA GRANDE CREATIVIDADE. 

POLA TARDE DENDE AS 18:30 ATA AS 20.30 EN COLABORACIÓN COA AMPA HOUBO UNHA TERRORÍFICA FESTA NO PATIO. ASISTIRON MOITOS PAIS E NAIS QUE AGASALLARON AOS NENOS/AS CON DOCES TÍPICOS DESTA CELEBRACIÓN ADEMAIS DE EXQUISITOS BOLICOS E TARTAS FEITAS CON CABAZA.

FOI UNHA FESTA TERRORIFICAMENTE DIVERTIDA.
 AMOSAMOS UN PEQUENO VIDEO DESTA CELEBRACIÓN