Jugar para un niño es la posibilidad de recortar un trocito de mundo y manipularlo
(FRANCESCO TONUCCI)
XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ
CON MOITA ILUSIÓN INICIAMOS O PROXECTO PARA ESTA CURSO COORDINADO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR
QUEREMOS DESPEDIR AO ANTIGO EQUIPO DIRECTIVO E AGRADECER A IMPLICACIÓN QUE TIVO PARA LEVAR A CABO OS DIFERENTES PROXECTOS DE CENTRO DURANTE ESTES OITO ANOS.
AO MESMO TEMPO DAMOS A BENVIDA AO NOVO EQUIPO DIRECTIVO, QUE ESTÁ TRABALLANDO CON MOITA ENERXÍA E ILUSIÓN PARA CONTINUAR COS PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO CENTRO E INICIAR ALGÚN NOVO. O NOSO AGRADECEMENTO A ANA, MEMBRO ATA O DE AGORA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA, QUE ACEPTOU COLLER A SÚA COORDINACIÓN.
XUSTIFICACIÓN
O NOSO CENTRO MEDRA CONTINUAMENTE EN NÚMERO DE ALUMNOS/AS E MERMA O ESPAZO DESTINADO AO XOGO. OBSERVAMOS QUE O NÚMERO DE CONFLITOS RELACIONADOS COA CONVIVENCIA AUMENTARON SOBRE TODO NO PATIO ESCOLAR.
PROPOÑÉMONOS ENTON :
-REORGANIZAR AS ZONAS DE XOGO NO PATIO ESCOLAR.
-INTRODUCIR O XOGO TRADICIONAL DE MANEIRA SISTEMÁTICA NAS HORAS DE LECER
-DAR A COÑECER OS XOGOS TRADICIONAIS E OUTROS XOGOS
-DISFRUTAR COS XOGOS TRADICIONAIS E VALORALOS.
-COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS ESTABLECIDAS.
-FAVORECER A PARTICIPACIÓN ACTIVA EN ACTIVIDADES GRUPAIS.
-UTILIZAR E REPRODUCIR TEXTOS DA TRADICIÓN POPULAR: RIMAS, CANCIÓNS.
-ACEPTAR AS PEQUENAS FRUSTRACIÓNS.
-APRENDER A PENSAR A TRAVÉS DO XOGO.
AGARDAMOS COMO ATA O DE AGORA A COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS PARA PODER LEVALO A CABO DUN XEITO SATISFACTORIO E LÚDICO:
APRENDER XOGANDO.