venres, 15 de setembro de 2017

PROXECTO 2017-18

Jugar para un niño es la posibilidad de recortar un trocito de mundo y manipularlo
(FRANCESCO TONUCCI)


XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ


CON MOITA ILUSIÓN INICIAMOS O PROXECTO PARA ESTA CURSO COORDINADO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR 
QUEREMOS DESPEDIR AO ANTIGO EQUIPO DIRECTIVO E AGRADECER A IMPLICACIÓN QUE TIVO PARA LEVAR A CABO OS DIFERENTES PROXECTOS DE CENTRO DURANTE ESTES OITO ANOS.
AO MESMO TEMPO  DAMOS  A BENVIDA AO NOVO EQUIPO DIRECTIVO, QUE ESTÁ TRABALLANDO CON MOITA ENERXÍA E ILUSIÓN PARA CONTINUAR COS PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO CENTRO E INICIAR ALGÚN NOVO. O NOSO AGRADECEMENTO A ANA, MEMBRO ATA O DE AGORA DO EQUIPO DA BIBLIOTECA, QUE ACEPTOU COLLER A SÚA COORDINACIÓN.

XUSTIFICACIÓN

O NOSO CENTRO MEDRA CONTINUAMENTE EN NÚMERO DE ALUMNOS/AS E MERMA O  ESPAZO DESTINADO AO XOGO. OBSERVAMOS QUE O NÚMERO DE CONFLITOS RELACIONADOS COA CONVIVENCIA AUMENTARON SOBRE TODO NO PATIO ESCOLAR.

PROPOÑÉMONOS ENTON :

-REORGANIZAR AS ZONAS DE XOGO NO PATIO ESCOLAR.
-INTRODUCIR O XOGO TRADICIONAL DE MANEIRA SISTEMÁTICA NAS HORAS DE LECER 
-DAR A COÑECER OS XOGOS TRADICIONAIS E OUTROS XOGOS
-DISFRUTAR  COS XOGOS TRADICIONAIS E VALORALOS.
-COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS ESTABLECIDAS.
-FAVORECER A PARTICIPACIÓN ACTIVA EN ACTIVIDADES GRUPAIS.
-UTILIZAR E REPRODUCIR TEXTOS DA TRADICIÓN POPULAR: RIMAS, CANCIÓNS.
-ACEPTAR AS PEQUENAS FRUSTRACIÓNS.
-APRENDER A PENSAR A TRAVÉS DO XOGO.

AGARDAMOS COMO ATA O DE AGORA A COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS PARA PODER LEVALO A CABO DUN  XEITO SATISFACTORIO E LÚDICO: 

APRENDER XOGANDO.