Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS CON AUTORES 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS CON AUTORES 2020. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

PREMIO A ANDREA MACEIRAS

Hoxe vén de publicarse unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se lle concede a ANDREA MACEIRAS o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2020. Dito premio recoñece á autora galega máis lida polos clubs de lectura no ámbito educativo.


Andrea con alumnos do noso centro

Desde o CEIP Agro do Muiño queremos trasladarlle a nosa noraboa e o noso recoñecemento polo premio recibido. Tivemos a sorte de recibir a súa visita o pasado 5 de marzo para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Podedes ter máis información sobre dito premio AQUÍ

FOI UN ENORME PRACER.

PARABÉNS!!!