ATRÉVETE TI a contar esta preciosa historia. Ánimo e ponte en contacto co/a profe se o fas, así poderás compartilo con todos/as .
martes, 31 de xaneiro de 2012
A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO
ATRÉVETE TI a contar esta preciosa historia. Ánimo e ponte en contacto co/a profe se o fas, así poderás compartilo con todos/as .
luns, 30 de xaneiro de 2012
EXPOSICIÓNS SOBRE A PAZ
Mostra de traballos expostos nos corredores: biografías de Suso e Wangari e tamén a palabra PAZ ESCRITA sobre o periódico (a través del somos coñecedores de situacións de conflicto) nas diferentes linguas peninsulares e mundiais.
venres, 27 de xaneiro de 2012
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ
"Wangari y los árboles de la Paz, una historia verdadera", de Ediciones Ekaré. Autora: Jeanette Winter. Jeanette Winter A autora e ilustradora naceu en 1939 en Chicago. Dende pequena o seu tío avó l transmiteulle o amor pola pintura. Nembargantes, aprendeu soa a escribir e ilustrar libros, actividade á que se dedica.
mércores, 18 de xaneiro de 2012
REBUSCANDO NA PAZ
ESTE É A NOSA PEQUENA HOMENAXE A SUSO JARES E A WANGARI MAATHAI. BUSCAMOS INFORMACION EN LIBROS, ARTIGOS, NO CORREDOR E NA WEB.
AMOSAMOS O TRABALLO PROPOSTO PARA TODOS OS CICLOS.
martes, 17 de xaneiro de 2012
30 XANEIRO DÍA DA PAZ
No noso cole imos adicarlle o Día da PAZ 2012 a dous persoeiros traballadores/as incansables a prol da paz:
-SUSO JARES: Pai da educación para a paz en Galicia. Fundador do movemento Educadores pola Paz
-WANGARI MAATHAI: Premio Nobel da Paz no ano 2004. Fundadora do movemento ZONAS VERDES. Usou as súas propias mans e o seu corazón para sementar e enverdecer a Comunidade Africana.
Na súa memoria, o noso traballo de documentación.
-SUSO JARES: Pai da educación para a paz en Galicia. Fundador do movemento Educadores pola Paz
-WANGARI MAATHAI: Premio Nobel da Paz no ano 2004. Fundadora do movemento ZONAS VERDES. Usou as súas propias mans e o seu corazón para sementar e enverdecer a Comunidade Africana.
Na súa memoria, o noso traballo de documentación.
domingo, 15 de xaneiro de 2012
VIDEO: ENTRE LIBROS E PLANTAS( Proxecto Doc.)
entre todos ao longo do 1º trimestre, dentro do Proxecto Documental " CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS".
sábado, 14 de xaneiro de 2012
ADIVIÑAS NORMALIZADORAS
O Equipo de Normalización Lingüística programou, no 1º trimestre, un Concurso de Adiviñas , entroncado no Proxecto "Convivindo con Libros e Plantas". Cada semana houbo un concurso de adiviñas que esta vez, tamén tiñan que ver coas flores e plantas. Grazas polo voso pulo a prol da nosa lingua.
xoves, 12 de xaneiro de 2012
CONTA QUE TE CONTAS: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Coa colaboración e mediación de pais e nais do noso alumnado de Ed Infantil, puxémonos en contacto coa Federación de Xordos para ver a posibilidade de que viñeran ao cole a contárlle diferentes contos utilizando, ademais doutras linguaxes, tamén a de signos.Contaron:
-LA ORUGA GLOTONA para 3 anos e 4 anos.
-LA AVESTRUZ MARILUZ para 5 anos
-LA NOCHE DESPUES DE NAVIDAD para o 1º ciclo de primaria.
Aproveitaron tamén para amosarlle aos nenos/as o vídeo de EL SUEÑO DE PEDRO, que trata sobre a problemática das persoas xordas e a eliminación das barreiras comunicativas . GRAZAS POR TODA A SÚA ADICACIÓN
mércores, 11 de xaneiro de 2012
CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA
Hoxe visitaron o noso Centro dous membros da Garda Civil de Seprona para dar unha charla a todo o alumnado de Ed Primaria sobre a labor medio-ambiental que eles levan a cabo e que forma parte das suas competencias e tarefas. Asemade informaron sobre as diferentes maneiras de contaminación e agresións ao medio ambiente e incidiron sobre o coidado e repecto que debemos de ter polo entorno que nos rodea. Deixáronnos un comic que queremos compartir.
luns, 9 de xaneiro de 2012
ANIMACIÓN Á LECTURA :ANXO MOURE
O gran ATRAPACONTOS, Anxo Moure, fixo unha visita ao noso cole. Engaiolounos coa súa maneira de contar e coa súa adicación ao coidado e respecto das nosas árbores e das nosas fragas. Todo o alumnado de Educación Primaria reuneuse no ximnasio, en duas sesións, para poder compartir o seu bo saber contar.
domingo, 8 de xaneiro de 2012
ADAPTACIÓN DE "CORRE, CORRE CABACIÑA"
O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA TRABALLOU CON MOITA ILUSIÓN O CONTO DE CORRE,CORRE CABACIÑA E DECIDIU FACER UNHA ADAPTACIÓN, ILUSTRANDO NOVOS ANIMAIS QUE QUERÍAN COMER A AVOÍÑA.AO FINAL, XA VEDES, NON DABA A BASTO A AVOIÑA PARA TANTOS...
sábado, 7 de xaneiro de 2012
PROXECTO DOCUMENTAL: ÁRBORES AUTÓCTONAS
Mostra do traballo documental realizado polo alumnado de 2º ciclo no primeiro trimestre, dentro do Proxecto Anual: CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS.
xoves, 5 de xaneiro de 2012
CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS
XA REMATOU O 1º TRIMESTRE. A PRIMEIRA PARTE DO NOSO TRABALLO DE ED. INFANTIL E DO 1º CICLO DE ED. PRIMARIA ESTÁ XA CONCLUÍDA. OS NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL INVESTIGARON SOBRE AS FLORES E O ALUMNADO DE 1º CICLO SOBRE AS ÁRBORES FROITEIRAS. AMOSAMOS UNHA ESCOLMA DE ACTIVIDADES LEVADAS A CABO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)