O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROU UNHA GUÍA PARA FAMILIAS SOBRE A IMPORTANCIA DE LER CONTOS EN FAMILIA E OS BENEFICIOS QUE TEN A LECTURA DE CONTOS NOS NENOS/AS.
AO LONGO DA SEMANA TRABALLOUSE O TEMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CENTRO.
ALGUNHAS AULAS TRABALLÁRONO A TRAVES DE CONTOS, OUTRAS A TRAVÉS DE CURTAS E OUTRAS A TRAVÉS DE CANCIÓNS.
O ALUMNADO DE 5º REALIZOU UN PROXECTO DE TRABALLO SOBRE ESTE TEMA CUNHA TEMPORALIZACIÓN DE MES E MEDIO E QUE TIVO COMO PRODUCTO FINAL TRES POSTERS MURAIS SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A MULLER . XA REMATADO, EXPLICÁRONLLE AO ALUMNADO DE 4º E 6º QUE PARA FACELOS TIVERAN QUE VISIONAR CURTAS, ASISTIR A CHARLAS, BÚSQUEDAS DE INFORMACIÓN NA REDE E PROPOSTAS DE DESEÑOS DE CARTEIS.
Os Equipos de Traballo de VOZ NATURA E BIBLIOTECA ESCOLAR organizaron as actividades que se levaron a cabo no noso Centro no Mes da Ciencia.
Dende a Biblioteca do Centro púxose a disposición da Comunidade Educativa a bibliografía referida a ciencia e experimentación.
Dende o Equipo de Voz Natura, propuxéronse diferentes retos matemáticos (DALLE AO COCO) e curiosodades relacionadas coas ilusións ópticas.
Nas diferentes aulas realizáronse distintos experimentos, maquetas e actividades, relacionados coas áreas de CCSS E NATURAIS, entroncándoas coa temática que se estaba traballando nas aulas (O UNIVERSO, A ALIMENTACIÖN, A ASAÜDE)
O alumnado de sexto curso elaborou poesías relacionadas cos medicamentos e moitos experimentos que foron traballados nuns OBRADOIROS CIENTÍFICOS, NA BÚSQUEDA DO PORQUÉ DAS COUSAS e expostos na Biblioteca do Centro ao alumnado de 3º e 4º nivel tendo unha fantástica acollida.
Presentamos DOUS vídeos dalgunhas das actividades.
BOCALÁN É UNHA FUNDACIÓN QUE DESENVOLVE PROGRAMAS ADICADOS Á INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DE TERAPIAS ASISTIDAS CON ANIMAIS E CANS DE ASISTENCIA
O ALUMNADO DE 3º PARTICIPOU E INTERACTUOU CON MULÁN E NICOLETTA, CANS DA FUNDACIÓN BOCALÁN, NUN PROXECTO SOBRE O TRABALLO COAS EMOCIÓNS.
REALIZARON VARIOS XOGOS: A OCA DAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS DOS CANS E DAS PERSOAS, OUTRO XOGO INTERACTIVO ENTRE DOUS EQUIPOS DE ALUMNOS/AS UTILIZANDO COMO MEDIADORES OS CANS, NO QUE SE TRABALLOU A IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS BÁSICAS E PARA QUE SERVEN CADA UNHA DELAS, E O XOGO DE "PES QUIETOS" NO QUE SE TRATABA DE AGASALLAR AOS COMPAÑEIROS CON DIFERENTES ETIQUETAS POSITIVAS PARA REFORZAR A SÚA AUTOESTIMA.
TODOS OS XOGOS SE REALIZAN UTILIZANDO COMO FÍO CONDUCTOR OS CANS, QUE PARTICIPAN ACTIVAMENTE CO ALUMNADO.
É UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA, NON SÓ POLO SEU CARACTER LÚDICO SENON POLA APRENDIZAXE EMOCIONAL QUE APORTA E POLA VALORACIÓN E ESTIMA QUE O ALUMNADO FAI CARA AOS ANIMAIS
O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA ELABOROU UNS CARTEIS CON DIFERENTES NORMAS QUE NOS AXUDAN A CONVIVIR Á HORA DAS ENTRADAS E DAS SAÍDAS DO CENTRO, PERMITINDO QUE INTERACTUEMOS CON RESPECTO E AMABILIDADE CARA OS DEMAIS.
APROVEITANDO O PROXECTO DO CENTRO "ENTRECONTOS ANDA O CONTO" O ALUMNADO MÁIS MAIOR CARACTERÍZASE CON DETERMIÑADOS COMPLEMENTOS DE PERSONAXES DE CONTO E SITUASE EN TODOS OS ACCESOS DE ENTRADA E NOS CORREDORES SAUDANDO AOS NENOS E LEMBRÁNDOLLE DIARIAMENTE AS NORMAS PARA FACER MÁIS EFECTIVO O SEU CUMPRIMENTO.
ARGALLAMOS ESTA IDEA PARA INTENTAR QUE O SEU CUMPRIMENTO SEXA MÁIS EFECTIVO, POIS ENTRE IGUAIS O CARACTER É MÁIS LÚDICO, PERO NO POR ISO MENOS EFECTIVO. APRENDER A CONVIVIR COS DEMAIS, ADEMAIS DE CONSTITUIR UNHA FINALIDADE ESENCIAL NA EDUCACIÓN, REPRESENTA UN DOS PRINCIPAIS RETOS PARA O SISTEMA EDUCATIVO, XA QUE PROPORCIONA O ENTORNO AXEITADO PARA DESENVOLVER A ACCIÓN EDUCATIVA.
No marco do tema xeral do ano "Entre Contos anda o Conto" hoxe en Faladoiros no Muíño tivemos unha visita moi especial.
Roberto Iglesias, investigador en intelixencia artificial na Universidade, trouxo un robot que nos contou un conto e bailou para nós.
Roberto falounos dos distintos tipos de robots e contestou a moitas preguntas. Viña para axudalo Eva Pereira. Ámbolos dous son pais de Nieves Iglesias, alumna de 4º
PUBLICAMOS UN PEQUENO VÍDEO DA ACTIVIDADE. CO NOSO AGRADECEMENTO
O día 31 de outubro celebramos no Centro a FESTA DO SAMAÍN. Ao longo da semana estiveron expostas as cabazas nos corredores do Centro e traballamos o medo nas aulas a través dos contos.
Leopoldo, a mascota da biblioteca, envioulle coma sempre unha carta ás familias pedindo a súa colaboración para elaborar as cabazas, facendo alusión aos CONTOS. As familias non deixan de sorprendernos coa súa cretividade e participación masiva. Carapuchiña, o Patiño Feo, Pinocho, O Monstro de Cores, A Cincenta, 101 Dálmatas, entre outros, foron personaxes de contos recreados con grande imaxinación
Ademais, foi unha xornada de portas abertas para a toda a Comunidade Educativa que se prolongou ata as nove da noite.
Coa colaboración inestimable da ANPA realizamos unha festa a partir das 6 e media da tarde. As familias colaboraron novamente, realizando comidas propias destas datas, nas que volveron a amosar a súa capacidade artística. O alumnado veu disfrazado para a ocasión.
Damos as grazas en nome da ANPA a empresa láctea FEIRACO, que aportou iogures bebibles para todos.
Presentamos o vídeo a toda a Comunidade Educativa para que poidades disfrutalo.
TODO O ALUMNADO ESTABA PENDENTE DA CHEGADA DESTE DÍA, NO QUE FESTEXAMOS A APERTURA DA BIBLIOTECA.
OS RAPACES SABEN BEN QUE COMEZA O PRÉSTAMO DE LIBROS E A BIBLIOTECA ABERTA FUNCIONANDO EN TODOS OS RECREOS E POLA TARDE. É MOI EMOCIONANTE PALPAR A ILUSIÓN QUE PRESENTAN POR LEVAR AS MOCHILAS E A SORPRESA POR VER O NOVO MATERIAL BIBLIOGRÁFICO E VIDEOGRÁFICO.
TRABALLAMOS PREVIAMENTE NAS AULAS ESTA CONMEMORACIÓN FACENDO CARTEIS REPRESENTATIVOS, ENLAZANDO A TEMÁTICA PRESENTADA POR B.E.G.A E A TEMÁTICA DO CENTRO.
CADA AULA FIXO PAREADOS E POEMAS ALUSIVOS AO CONTO OU CONTOS, LENDAS, CONTOS DE TRADICIÓN ORAL... QUE TRABALLARÁN AO LONGO DO CURSO.
DENDE O DÍA 15 DE OUTUBRO ESTAMOS REALIZANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O ALUMNADO E O PROFESORADO.
ISABEL, MEMBRO DO EQUIPO DA BIBLIOTECA FOI A ENCARGADA DE EXPLICARLLE AO PROFESORADO O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA MEIGA.
ISABEL EXPLICA AO PROFESORADO O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA MEIGA
TODO O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA, POR AULAS, BAIXOU Á BIBLIOTECA ESCOLAR COS OBXECTIVOS DE :
-COÑECER AS NORMAS DE BIBLIOTECA.
CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA
-IDENTIFICAR OS RECUNCHOS DA BIBLIOTECA
-COÑECER A C.D.U. POLA QUE ESTÁN CATALOGADOS OS LIBROS
-APRENDER A BUSCAR O MATERIAL VIDEOGRÁFICO E BIBLIOGRÁFICO QUE NOS INTERESA
-COÑECER A INFORMACIÓN QUE APORTA O "TEJUELO". -DAR A COÑECER A NOSA MASCOTA AO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN.
DEIXÁMOSVOS UNHA PRESENTACIÓN CON TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS.
XA AGARDAMOS A CHEGADA DOS NENOS/AS . PROPONSE AO PROFESORADO AMBIENTAR AS PORTAS DAS AULAS E CORREDORES DO CENTRO COA TEMÁTICA DO PROXECTO CON TRES OBXECTIVOS:
DARLLO A COÑECER Á COMUNIDADE EDUCATIVA
SERVIR DE MOTIVACIÓN ÁS PREGUNTAS QUE XURDAN POR PARTE DO ALUMNADO.
DISFRUTAR DO PROXECTO A TRAVÉS DA EXPRESIÓN PLÁSTICA
O ENCONTRO DECISIVO ENTRE OS NENOS E OS LIBROS PRODÚCESE NOS PUPITRES DA ESCOLA. SE SE DÁ NUNHA SITUACIÓN CREATIVA, NA QUE O QUE CONTA É A VIDA E NON O EXERCICIO, O RESULTADO SERÁ O GUSTO POLA LECTURA, CO QUE NON SE NACE PORQUE NON É UN INSTINTO. SE SE PRODUCE NUNHA SITUACIÓN BUROCRÁTICA, SE O LIBRO É REDUCIDO A INSTRUMENTO DE EXERCITACIÓN (COPIAS, RESUMES, ANÁLISES GRAMATICAIS) PODERÁ NACE-LA TÉCNICA DA LECTURA, PERO NON O GUSTO. OS NENOS PODERÁN LER, PERO SÓ O FARÁN SE SE SENTEN OBRIGADOS A ISO.
GIANNI RODARI POR QUE ENTRE CONTOS? -POLA SÚA DIMENSIÓN LÚDICA. -PORQUE ENTRAMOS EN CONTACTO COA LINGUA DA COMUNIDADE -POLA ESTREITA RELACIÓN ENTRE OS NENOS/AS E A PERSOA QUE OS CONTA. -POLA TRANSMISIÓN DE VOLORES PORQUE OS CONTOS DESENVOLVEN AS POTENCIALIDADES IMAXINARIAS DOS NENOS
PRESENTAMOS A RECOMPILACIÓN FOTOGRÁFICA DO PROXECTO
XOGOSDEAQUÍEDEACOLÁ,
CORRESPONDENTE AO CURSO 2017-18
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS A SÚA IMPLICACIÓN, AO ALUMNADO O SEU ENTUSIASMO, AO PROFESORADO O SEU TRABALLO COLABORATIVO E A ANA ,COORDINADORA DA BIBLIOTECA , O SEU TRABALLO, A SÚA CAPACIDADE DE ORGANIZACIÓN E O SEU ESFORZO PARA LEVALO A CABO.
POÑEMOS EN COÑECEMENTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA QUE A REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES VEN DE PUBLICAR A GUÍA DE LECTURA DE VERÁN 2018.COMO BEN DI O LEMA PREPARÉMONOS PARA MERGULLARNOS NESTA VIAXE DE AVENTURAS, QUE NOS BRINDA A LECTURA NESTA ÉPOCA ESTIVAL
PUBLICAMOS O SEGUNDO NÚMERO DO BOLETÍN DE BIBLIOTECAS DA CONTORNA DE AMES, QUE RECOLLE AS DIFERENTES EXPERIENCIAS E PROXECTOS LEVADOS A CABO AO LONGO DO CURSO NOS CENTROS EDUCATIVOS DO NOSO CONCELLO, QUE FORON COORDINADOS DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR
MARÍA CANOSA COMPARTIU UNHA XORNADA LITERARIA CO ALUMNADO DE 2º E 3º DE PRIMARIA PARA FALAR E ESCOITAR AOS NENOS/AS SOBRE AS EXPERIENCIAS E PREGUNTAS XURDIDAS ARREDOR DO SEU LIBRO RUBICUNDO.
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro
que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.
PAULA CARBALLEIRA
POLA SÚA BANDA PAULA CARBALLEIRA REALIZOU UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE O LIBRO BRUXA E FAMILIA QUE PREVIAMENTE LERA NAS AULAS O ALUMNADO DE 3º E 5º DE ED. PRIMARIA
O DÍA 16 DE MAIO CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS. REALIZAMOS UN FESTIVAL AO QUE ASISTIU TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
PREVIAMENTE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ELABOROU UNHA PRESENTACIÓN MULTIMEDIA SOBRE A AUTORA HOMENAXEADA Mª VICTORIA MORENO. A PROFESORA DE MÚSICA TRABALLOU O HIMNO GALEGO PARA PODER CANTALO TODOS XUNTOS NESTA OCASIÓN. TAMEN ENSAIARON O ALALÁ DO MAIO.
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA ADAPTOU A OBRA DE ANTÓN CORTIZAS, XOGANDO CON GATOS, QUE ESCENIFICARON NESTE DÍA E NA QUE FACÍAN INTERVIR A TODOS OS ESPECTADORES/AS RECITANDO UN RETROUSO. FIXERON UNS DECORADOS FERMOSOS E A REPRESENTACION E POSTA EN ESCEA FOI EXCELENTE. A MÚSICA FOI INTERPRETADA POR VARIOS NENOS E NENAS INTERPRETANDO PEZAS CON VIOLÍN, PIANO E GAITA.
AMOSAMOS UN PEQUENO TRABALLO DESTE FESTIVAL.
ESTA ACTIVIDADE, HABITUAL NO CENTRO, É A PREFERIDA POLOS NENOS E NENAS E .PAIS E NAIS. APROVEITAMOS PARA REALIZALA NA HORA DE LER. O ALUMNADO DE PRIMARIA PREPARA PREVIAMENTE OS CONTOS, POEMAS OU TEXTOS PROPIOS PARA COMPARTILOS CO ALUMNADO DE ED. INFANTIL.
E MOI GRATIFICANTE PARA TODOS, XA QUE ALGÚNS ESTÁN MOI MOTIVADOS POR ASISTIR Á AULA NA QUE ESTÁN OS SEUS IRMÁNS PEQUENOS. OS MAIORES SÍNTENSE IMPORTANTES, ACTIVOS, PROTAGONISTAS E OS PEQUENOS ENCANTADOS POLA ATENCIÓN INDIVIDUAL QUE LLE ADICAN.
TEN COMO RESULTADO UN PROVETOSO E ANIMADO MOMENTO LECTOR
EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA O ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPOU XUNTO COS OUTROS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO DO CONCELLO NO PROGRAMA
TENDAL DE POEMAS
CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS. ESCRIBIRON E ILUSTRARON POEMAS DE DIFERENTES AUTORES GALEGOS E ALGÚN DE ELABORACIÓN PROPIA DO GRUPO-AULA.
LOGO FORON COLGADOS EN TENDAIS EN DIFERENTES LUGARES DO NOSO CONCELLO PARA LECTURA E DISFRUTE DE TODOS OS VECIÑOS/AS.
IAGO LÓPEZ FOI O ENCARGADO DE REALIZAR UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA O DÍA SETE DE MAIO DO LIBRO EU CONTO TI CANTAS DE Mª VICTORIA MORENO, ESCRITORA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS. ESTE LIBRO DE Mª VICTORIA MORENO REÚNE TRES CONTOS DE ANIMAIS EN VERSO E ILUSTRADOS POR MANOLO UHÍA.
ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE 1º DE ED. PRIMARIA NA SESIÓN DE ANIMACIÓN.
O DÍA 20 DE ABRIL O ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA TIVO A VISITA, NA BIBLIOTECA DO CENTRO, DE JACOBO FERNÁNDEZ A PROPOSTA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA UN MAIO DE LETRAS. OS NENOS E NENAS ADMIRARON A DESTREZA CO LAPIS DO AUTOR E ILUSTRADOR. FÍXOLLE MOITA ILUSIÓN PORQUE TRABALLARAN NA AULA O LIBRO DE MARCOPOLA A ILLA REMEIRA, QUE ERA UN DOS ELEXIDOS NO ITINERARIO LECTOR. FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA.
AS AULAS TRANSFORMÁRONSE EN ESPAZOS DE XOGOS. FOI UNHA FERMOSA EXPERIENCIA COMPARTIR COS NOSOS MAIORES, PAIS, AVÓS E ATA BISAVÓS OS XOGOS DA SÚA INFANCIA, MOITOS DELES DESCOÑECIDOS PARA NÓS.
APRENDÉRONOS A XOGALOS, AS NORMAS DOS XOGOS E A DISFRUTALOS COMPARTINDO FERMOSOS MOMENTOS.AS BOLAS,AS TABAS, A ESTORNELA, O GUA, OVO,PICO,ARAÑA... AMOSÁRONSE NAS AULAS E NO PATIO.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ENSINARNOS TANTOS XOGOS PROPIOS DA SÚA NENEZ E DA NOSA TRADICIÓN CULTURAL.
AMOSAMOS TODO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO MES DE ABRIL.
ANIMAMOS A TODOS OS PAIS E NAIS E MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A ASISTIR A CONFERENCIA PREVISTA PARA O LUNS 23, NA BIBLIOTECA DO CENTRO, SOBRE OS XOGOS POPULARES, QUE SERÁ IMPARTIDA POLO RELATOR PACO VEIGA.
COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, ISTE CURSO A SEMANA DA PRENSA ESTIVO ADICADA AO DEPORTE.
O ALUMNADO DE 5º RECOLLEU AO LONGO DO CURSO DIFERENTES NOTICIAS PERIODÍSTICAS RELACIONADAS CO DEPORTE CO FIN DE RESALTAR A SÚA CONTRIBUCIÓN NO TRABALLO DOS DIFERENTES VALORES.
ELES MESMOS FORON TAMÉN REPORTEIROS, RECOLLENDO AS NOTICIAS QUE SE SUCEDERON AO LONGO DO CURSO, RELACIONADAS CON ESTA TEMÁTICA.
O ALUMNADO DE ED. INFANTIL, ELABOROU UN PEQUENO PROXECTO PARA CELEBRAR ESTA CONMEMORACIÓN.
O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA VISITOU MELGA EN PONTECESO.
MELGA É UN MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA. CONTA CON MÁIS DE 4000 PEZAS DA COLECCIÓN PRIVADA PERTECENTE Á Fundación Ricardo Pérez y Verdes.
RICARDO É O SEU DIRECTOR E CREADOR, ADEMAIS DE SER UN INVESTIGADOR DO XOGO POPULAR GALEGO, RECOLLEU MOITOS XOGOS POPULARES POR TODA GALICIA E POR TODO O MUNDO.
É UN ENTUSIASTA DEFENSOR DO VALOR DO XOGO PARA O DESENVOLVEMENTO E ENRIQUECEMENTO DA PERSOA.
FOI UNHA MAGNÍFICA EXPERIENCIA XA QUE OS NENOS/AS DISFRUTARON COS DIFERENTES XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS GALEGOS. APRENDERON OS SEUS NOMES, AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, O MÉTODO EMPREGADO PARA XOGAR. E LOGO COMO NON