MARÍA CANOSA
MARÍA CANOSA COMPARTIU UNHA XORNADA LITERARIA CO ALUMNADO DE 2º E 3º DE PRIMARIA PARA FALAR E ESCOITAR AOS NENOS/AS SOBRE AS EXPERIENCIAS E PREGUNTAS XURDIDAS ARREDOR DO SEU LIBRO RUBICUNDO.
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro
que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.
PAULA CARBALLEIRA