Á BUSQUEDA DA FOTOGRAFÍA CINEMATOGRÁFICA
ESTA ACTIVIDADE REALIZOUSE NO PASEO DO RÍO E PARQUE EN BERTAMIRÁNS.
O ALUMNADO EN GRUPOS DE CATRO SAEN CADA CINCO MINUTOS.
LEVAN UN PLANO DO PARQUE, NO QUE HAI MARCADOS OITO PUNTOS NUMERADOS DO UN AO OITO.
EN CADA UN DOS PUNTOS HAI UNHA FOTOGRAFÍA DUNHA PELÍCULA, QUE DEBEN ATOPAR. CADA FOTOGRAFÍA TEN UNHA ESCEA QUE FAI ALUSIÓN A UN DOS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS TRABALLADOS PREVIAMENTE.
CANDO ENCONTRAN A FOTOGRAFÍA (IRÁN POR ORDEN NUMÉRICO) ESCRIBEN NUNHA TARXETA QUE LEVAN, O XÉNERO AO QUE PERTECE A PELÍCULA.
PENALIZACIÓN: PASARSE DO TEMPO ESTIPULADO E NON TER ATOPADO NINGUNHA DAS FOTOGRAFÍAS.