Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA CREATIVA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA CREATIVA. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xuño de 2025

MINI CONCERTO

 Neste curso comezamos a dinamizar a nosa biblioteca con diversos talentos nos recreos e dentro do programa de Biblioteca Creativa. Nesta ocasión damos as  grazas a Dani, Alexandra, Muriel e Lía por compartir en Agrobiblio o seu talento musical.

Volvede cando queirades!!! Unha aperta grande.

Maribel e Manolo.

Preme na imaxe



martes, 10 de xuño de 2025

Rematamos o obradoiro de Lettering

 Hoxe rematamos o obradoiro de Lettering, onde os alumnos que voluntariamente quixeron de 2º, 3º, 4º, 5º e 6ºpuideron participar.

Damos as grazas a Iria polo seu bo facer e transmitirnos o seu agarimo polo Lettering. Tamén a Candela por estar de axudante e fotógrafa.

Moita sorte no instituto e moitas grazas por compartir o voso tempo de lecer con Agrobiblio. Sabedes que podedes vir cando queirades.

Unha forte aperta!

Maribel e Manolo.

Preme na imaxe



MINI CONCERTO EN AGROBIBLIO

 XOVES 12 DE XUÑO

MINI CONCERTO EN AGROBIBLIO

Promete ser un evento inesquecible, especialmente coa participación de talentosos alumn@s de 3º A: Dani, Muriel, Alexandra e Lía. Est@s alumn@s coñecid@s pola súa habilidade musical e o seu entusiasmo, estivo ensaiando para ofrecer unha actuación que atrape a tod@s @s asistentes. A biblioteca transformarase nun escenario vibrante creando unha atmosfera máxica. Sen dúbida, será un recreo cheo de música e emoción .

Non o perdas!



mércores, 4 de xuño de 2025

Traballando con Hama

 O alumnado de 3º de Ed. Primaria,, dentro do programa de Biblioteca Creativa, creou e deseñou uns animais co material "Hama". Este material  é moi útil para a concentración, secuenciación e psicomotricidade fina.

Preme na imaxe


xoves, 29 de maio de 2025

Empregando a nosa Biblioteca Creativa

 A nosa Biblioteca Creativa está a recibir moitas visitas. Neste caso, podemos ver que ben o pasaron o noso alumnado de 3º C.

Preme na imaxe



venres, 23 de maio de 2025

Obradoiro de Lettering: Primeira semana

 A biblioaxudante Iria, de 6º A está a realizar un obradoiro de lettering con todo o alumnado que está interesado nesta “arte”.

O obradoiro está tendo moi boa acollida polo resto do alumnado que acude no recreo a realizalo. Moitas grazas Iria.

Preme na imaxe



sábado, 17 de maio de 2025

Biblioteca Creativa: Obradoiro de Lettering

 O vindeiro luns 19 comezamos co Obradoiro de Lettering na biblioteca nos recreos. Estivemos organizando para poder participar a maioría dos alumnos. 

Este obradoiro, está dentro das actividades de Biblioteca Creativa e será impartido por Iria de 6º A.

Aquí tedes como foi organizado e con axuda dunhas alumnas de 3º.

Preme na imaxe



venres, 9 de maio de 2025

Biblioteca Creativa: ARTISTA INVITADO EN AGROOBIBLIO: HUGO 4º A

 Onte e hoxe tivemos no recreo na biblioteca, a un invitado especial: Hugo de 4º A. O alumnado de 2º e 3º de Primaria gozaron desta actuación. Hugo ensinounos o seu dominio e divertidos trucos co seu diábolo. Encantounos moitísimo e nos sorprendeu unha chea. 

Preme na imaxe



mércores, 12 de marzo de 2025

Biblioteca Creativa: Oceános e fauna mariña

 O alumnado de 5 anos de Educación Infantil asistiu a unha charla divulgativa sobre a fauna mariña e o alumnado de 1º de Primaria asistiu a uns obradoiros manipulativos con varios ámbitos de temática do océano, dentro do programa Biblioteca Creativa e relacionado co noso PDI deste curso. Clasificaron, investigaron, observaron...Xa sabes: Mergúllate no Agro!

preme na imaxe