Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS 25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA DE FAMILIAS 25. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xuño de 2025

ESCOLA DE FAMILIAS: O contexto e realidade sexual da rapazada do 2025

 


A psicóloga Belén Montesa estará o luns impartindo unha charla coloquio para as familias que o desexen sobre unha temática imprescindible e necesaria.

O contexto e a realidade sexual na que viven os nenos na actualidade obríganos ós adultos que os coidamos a non mirar para outro lado, saber como protexelos dos riscos e ofrecer unha educación afectivo sexual axeitada ó seu nivel madurativo. Nesta charla coloquio podemos compartir inquedanzas e levar recursos para acompañalos nunha educación afectivo sexual saludable. Acude!

Este foi o resultado:






xoves, 15 de maio de 2025

ESCOLA DE FAMILIAS: PANTALLAS E SAÚDE MENTAL

 PANTALLAS E SAÚDE MENTAL 

O luns día 19, ás 16:30 no foro do centro, Julio Rodríguez, doutor, psicólogo e divulgador científico, impartirá unha charla sobre o uso de pantallas e a saúde mental. Cómo o uso excesivo de pantallas na infancia pode ter efectos perxudiciais no desenvolvemento en xeral en idades temperás. 

Animámosvos a asistir a esta interesante proposta. 


Así transcorreu a charla.

Preme na imaxe


martes, 6 de maio de 2025

Xornada de Primeiros Auxilios

 Xornada de primeiros auxilios para profesorado e familias organizada pola ANPA do centro. Grazas Fernando polas túas clases tan didácticas e necesarias. Agradecementos á ANPA pola iniciativa.

Preme na imaxe