domingo, 31 de marzo de 2019

LEDICIA COSTAS E A SEÑORITA BUBBLE


VISITA DE LEDICIA COSTAS 



O 26 de febreiro do 2019 os cursos de 5ºA, B e C recibiron a visita da escritora Ledicia Costas, autora do libro “A señorita Bubble”

CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

Logo de facer unha pequena presentación, onde expuxo a súa traxectoria, a autora adicouse a ir respostando a decenas de preguntas que lle fixeron as nenas e nenos, quenes tiñan moita curiosidade por saber como creou a historia, canto tempo lle levou, en que se inspirou para facer as personaxes, e  incluso se habería ou non a segunda parte. Alégranos saber que a historia continuará e estaremos atentas e atentos á súa publicación para continuar sabendo das peripecias e aventuras das protagonistas. 






Ao rematar a charla, algunhas tiveron a sorte de levar a firma da propia autora nos seus exemplares. 

Para recibir a Ledicia Costas como merecía a ocasión, o alumnado elaborou un cartel de benvida onde se expuseron algunhas das opinións sobre o libro

martes, 19 de marzo de 2019

MURIEL E MARÍA CANOSA NA BIBLIOTECA




OS ALUMNOS/AS DE 4º DE ED. PRIMARIA RECIBIMOS Á ESCRITORA MARÍA CANOSA O XOVES 14 DE MARZO DE 2019.



 A AUTORA ESTIVO CON NÓS, POR SEGUNDO ANO,CONTÁNDONOS COMO FORA A EXPERIENCIA DE GAÑAR O PREMIO MERLÍN POLA SÚA OBRA MURIEL.



DIVERTÍMONOS MOITO ESCOITANDO AS SÚAS ANÉCDOTAS E APRENDEMOS CANDO COMPARTIU CON NÓS O DESAFÍO QUE LLE SUPÓN ESCRIBIR UN LIBRO.



   FOI UN PRACER RECIBILA NO CENTRO.


xoves, 7 de marzo de 2019

EU NON QUERO SER A PRINCESA DO TEU CONTO - MULLER 2019




O ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA FOI O ENCARGADO DE ELABORAR O MURAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER. 

COMO ESTE ANO O PROXECTO DO CENTRO E SOBRE OS CONTOS O QUE INTENTAMOS FACER FOI CAMBIAR O ROL DOS PERSONAXES FEMININOS QUE APARECEN EN MOITOS DOS CONTOS CLÁSICOS COMO A CINCENTA, CARAPUCHIÑA, RAPUNZEL, A RATIÑA PRESUMIDA, A SEREÍÑA ETC . PARA ELO TRABALLAMOS PREVIAMENTE COMO RECURSO NA AULA O CONTO A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES. 

LOGO O ALUMNADO FOI O ENCARGADO DE ELABORAR AS ILUSTRACIÓNS E OS TEXTOS DÁNDOLLE UN NOVO ROL A MOITOS DOS PERSONAXES DOS CONTOS FEMININOS. 

 TAMÉN TRABALLAMOS AS ESCRITORAS E POETAS AO LONGO DO TEMPO CENTRÁNDONOS MOITO NAS ACTUAIS. PREVIAMENTE O ALUMNADO VISITOU A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA TOMAR NOTA DAS ESCRITORAS AUTORAS DE CONTOS, NOVELAS E POESÍAS. LOGO OS NOMES FORON RECOLLIDOS EN SOPORTE DE FOLLAS PARA DARLLE VIDA Á ÁRBORE DAS ESCRITORAS.

 O ALUMNADO DE 5º TRABALLOU COA PROFESORA DE ED. FÍSICA A EXPRESIÓN CORPORAL, ROMPENDO ESTEREOTIPOS DE XÉNERO EXISTENTES TAMÉN NOS CONTOS E NA LITERATURA. SE QUEREDES PODEDES VISIONALO NESTE VÍDEO, CON MÚSICA DE SÉS



venres, 1 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE CONTO



E...COMO NON CELEBRAMOS UN ENTROIDO DE CONTO.

CARAPUCHIÑA, OS TRES PORQUIÑOS, O REI LEÓN, 101 DALMATAS, SOLDADIÑOS E BAILARINAS E MOITOS MÁIS PERSONAXES DE CONTOS DESFILARON E FIXERON DIFERENTES ACTUACIÓNS PARA CELEBRAR O ENTROIDO. ESTA ACTIVIDADE FOI DE PORTAS ABERTAS, ASISTINDO UN GRAN NÚMERO DE PAIS E NAIS.

APROVEITAMOS NOVAMENTE PARA AGRADECER AOS PAIS E NAIS DO NOSO ALUMNADO A SÚA COLABORACIÓN.