venres, 20 de decembro de 2013
xoves, 19 de decembro de 2013
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2013
Dende o equipo da biblioteca ofrecemos esta guía de lecturas para o Nadal. A selección dos libros foi relizada polo profesorado dos diferentes ciclos.
O REGALO DUN LIBRO ADEMÁIS DUN AGASALLO É O
ELOXIO MÁIS DELICADO
martes, 17 de decembro de 2013
XOGO DE PISTAS RÍOS GALEGOS
O PROFESORADO DE ED. FÍSICA DESEÑOU PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA UN XOGO DE PISTAS SOBRE 8 RÍOS GALEGOS E OUTRO DE CARREIRAS DE ORIENTACIÓN. NO XOGO DE PISTAS TRATÁBASE DE BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ESTES RÍOS : NACEMENTO, LUGARES POLOS QUE PASA, FLORA, FAUNA, ENCOROS, LENDAS E DESMBOCADURA. OS ALUMNOS DIVIDIDOS EN GRUPOS MARCABAN A LOCALIZACIÓN DAS PISTAS NUN PLANO CO FIN DE QUE O ALUMNADO DOUTROS GRUPOS AS BUSCASEN. NO REMATE CADA GRUPO DEBÍA COMENTAR QUE RÍO LLES TOCOU E COMUNICAR A TODOS OS DEMAIS A INFORMACIÓN RECOLLIDA SOBRE ESE RÍO.AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN REALIZÁRONSE NAS BEIRAS DO SAR, NO PASEO DE BERTAMIRÁNS.AQUÍ O PROFESORADO FOI O ENCARGADO DE COLOCAR NO PLANO DO PASEO O NOME DE 8 RÍOS. OS GRUPOS SAÍAN EN INTERVALOS DE 5 MINUTOS PARA TRATAR DE ENCONTRALOS, SEGUINDO O PLANO E A ORDE ESTABLECIDA CUN TEMPO DE 25 MINUTOS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BEN VALORADA POLO ALUMNADO.
martes, 10 de decembro de 2013
MANDELA 20 ANOS DO NOBEL DA PAZ
O 10 de decembro de 1993 MANDELA era recoñecido mundialmente co premio Nobel da Paz. Hoxe 20 anos despois milleiros de persoas asistiron ao seu funeral no estadio de JOHANNESBURGO.
Dende este pequechiño recuncho de Galicia queremos facerlle unha grande homenaxe a MADIVA, ICONO DA RECONCILIACIÓN, que perdurará SEMPRE.
Con versos da canción de
Nelson Mandela, sus dos amores de
(Pablo Milanés) SEMPRE!!!!
Nelson
Mandela,
quiero decirte que no vengo a cantar
la parte triste de una canción
que nos haga llorar.
Nelson Mandela,
quiero pedirte que me dejes contar
la más hermosa historia de amor
que nos pueda llegar...
quiero decirte que no vengo a cantar
la parte triste de una canción
que nos haga llorar.
Nelson Mandela,
quiero pedirte que me dejes contar
la más hermosa historia de amor
que nos pueda llegar...
QUE REINE LA LIBERTAD. EL SOL NUNCA SE PONE EN TAN GLORIOSO LOGRO HUMANO" ( NELSON MANDELA)
Nelson Mandela recolle nesta maxistral antoloxía os contos máis belos e
antigos de África. É unha colección que ofrece un ramillete de entrañables
relatos, pequenas mostras da valerosa esencia de África, que en moitos casos
son tamén universais polo retrato que fan da humanidade, dos animais e dos
seres fantásticos.«Está a lebre», observa Mandela no prólogo, «unha pilluela
moi enxeñosa; a hiena, que é a perdedora de todas as historias; o león, o
xefe dos animais e quen lles dá agasallos; a serpe, que inspira medo e á vez
é o símbolo do poder sanador; hai tamén feitizos que poden carrexar a
desgraza ou conceder a liberdade...». Todos os contos, ademais, están
maravillosamente ilustrados en cor por 16 artistas africanos.
RECOLLEMOS TAMÉN AS SEGUINTES ENTRADAS
REFERIDAS A NELSON MANDELA: |
luns, 9 de decembro de 2013
FALADOIROS NO MUÍÑO : A AUGA NOS TEMPOS DOS NOSOS AVOS
Cantas cousas teñen que contarnos os nosos avós!
Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.
No programa da BIBLIOTECA ESCOLAR do centro temos un apartado ao que lle chamamos FALADOIROS NO MUÍÑO . A este proxecto están invitados todos os membros da Comunidade Educativa para que compartan as súas experiencias.
Mª Teresa Testa Pérez, avoa dunha alumna de 4º de primaria tivo a ben compartir con todo o alumnado de 4º todo o seu saber sobre o tema : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVOS
Apoiada por unha presentación en Power Point elaborada por ela mesma e cedida ao Centro para a súa publicación, explicoulle aos nenos como quentaban a auga, que utensilios utilizaban para recollela, como lavaban e tendían a roupa, a importancia das fontes na época dos nosos avós... Os rapaces aprenderon un montón,escoitaron atentamente interesados polo tema e fixeronlle moitas preguntas. Vaia o noso agradecemento por compartir todo o seu saber
Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.
martes, 19 de novembro de 2013
LER, LER PARA SOÑAR (ANIMACIÓN Á LECTURA)
Tomando como base o verso LER LER PARA SOÑAR elaboramos dende todas as aulas do Centro uns carteis nos que o alumnado completaba o seguinte verso indicando o motivo polo que eles lían, ou mesmamente animando a ler.
Neste video recóllense os pareados de todo o alumnado. Agardamos que vos guste.
luns, 18 de novembro de 2013
DÍA INTENACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O conto recomendado é "ROSA CARAMELO". Un conto que nos chega ao
corazón e que os nenos e nenas escoitan sen parpadear, un libro co que
podemos traballar a coeducación e a igualdade de xéneros A súa autora Adela Turín publicou numerosos libros co obxectivo de combater a discriminación de xénero no ámbito familiar
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. |
|
O LIBRO DOS PORCOS
O libro dos porcos from bibliobeade
O señor Porcón vivía cos seus fillos, Miguel e Antón, nunha bonita casa...
Dentro
da casa estaba a súa muller.“Bule co almorzo, muller”. Berraba todas as
mañás antes de marchar para o seu importantísimo traballo.“Bule co
almorzo, mamá”...
Así
un día e outro día, pero a señora Porcón fartouse de que sempre a
trataran coma unha criada e decide marchar. Papá Porcón e os seus fillos
terán daquela que facerse cargo de tódalas tarefas domésticas que
antaño tiñan resoltas: limpar,facer a comida, as camas, pasar o ferro…
Este conto da editorial Kalandraka fálanos da necesidade dunha educación baseada na igualdade e na cooperación e serviunos para establecer cos nenos un interesante diálogo sobre a importancia de axudar na casa e sobre si hai, ou non, traballos de homes e de mulleres...
antaño tiñan resoltas: limpar,facer a comida, as camas, pasar o ferro…
Este conto da editorial Kalandraka fálanos da necesidade dunha educación baseada na igualdade e na cooperación e serviunos para establecer cos nenos un interesante diálogo sobre a importancia de axudar na casa e sobre si hai, ou non, traballos de homes e de mulleres...
BIBLIO VÍCTOR SAENZ
UNA FELIZ CATÁSTROFE
Conto de Adela Turín que nos axuda a pensar sobre as desigualdades á hora de realizar a tarefas domésticasACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS EN LIM PARA DESPOIS DA LECTURA
ANIMACIÓN FLASH PARA TRABALLAR O CONTO
xoves, 7 de novembro de 2013
RIADA DE LIBROS NO SAMAÍN
CRETIVIDADE FANTÁSTICA DAS FAMILIAS PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN ESTE ANO ARREDOR DO TEMA: A AUGA E OS RÍOS.
PLÁSTICAMENTE SIMBOLIZARON ENTRE OUTROS TEMAS: A PESCA, O RÍO, A CONTAMINACIÓN DOS RÍOS, O CURSO DO RÍO SAR, A ANIMACIÓN LECTORA PESCANDO LIBROS PARA A SÚA LECTURA... EN NOME DO CLAUSTRO DE PROFESORES E DO EQUIPO DA BIBLIOTECA OS NOSOS PARABENS E POR SUPOSTO MILLEIROS DE GRAZAS.
AVISO: UN POUQIÑO DE PACIENCIA .CANDO CLIQUES NO PLAY TARDO UN CHISQUIÑO EN CARGAR, PERO PAGARÁ A PENA.
mércores, 30 de outubro de 2013
MES BIBLIOTECAS ESCOLARES
AMOSAMOS UNHA MOSTRA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O MES DE OUTUBRO CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
venres, 25 de outubro de 2013
CAMPAÑA : ADOPTA UN LIBRO
Esta campaña foi realizada ao longo do mes de outubro en colaboración coas familias, ás que damos as grazas pola súa participación e implicación. Faise pensando na cantidade de libros que moitas veces quedan esquecidos nos andeis das nosas casas e desexabamos que voaran ás mans doutras familias que os acubillasen e que disfrutaran coa súa lectura. Tivo uns resultados estupendos e pais e nais, nenos e nenas participaron tanto na entrega deses exemplares esquecidos como na acollida daqueles que lle intereseban para a súa lectura.
domingo, 6 de outubro de 2013
MES DAS BIBLOTECAS ESCOLARES: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
O lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR foi o elexido no presente curso polas Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de Outubro)
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de
sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e Xuvenil promove o día da biblioteca
( 24 de outubro) e o mes da Biblioteca Escolar que propón I.A.S.L.
Nestas datas abrimos de novo as portas da biblioteca escolar do noso centro para todo o alumnado e as familias. Realizamos actividades de formación de usuarios, reparto de novos carnés, poñemos de novo en marcha as mochilas viaxeiras e facemos a campaña " ADOPTA UN LIBRO" para toda a Comunidade Educativa, da que xa informamos ás familias.
Ofrecemos tamén nesta ocasión dous videos sobre as bibliotecas do mundo e a importancia da implicación das persoas na biblioteca escolar.
domingo, 23 de xuño de 2013
PRÓXIMO PROXECTO CURSO 2013-14 RIADA DE LIBROS
FACEMOS UN ADIANTO DO PROXECTO DO CURSO 2013-14 QUE LEVA POR TÍTULO
RIADA DE LIBROS.
Buscando unha fotografía para este proxecto encontramos esta fermosísima iniciativa que compartimos. CONTAN QUE EN MELBOURNE "coincidiendo con el festival “Light in Winter” los responsables de la agencia Luzinterruptus llevaron a cabo una acción, que por su impacto y visualidad hoy reproducimos.
Esta año, la temática elegida por el festival giraba en torno al leit motiv de la lectura. El reto consistía en convertir la moderna y fría arquitectura de esta gran ciudad en un espacio que invitara a la lectura.
El Ejército de Salvación participó en el proyecto donando diez mil libros desechados por bibliotecas públicas. Con la colaboración desinteresada de un montón de amigos, y de una pequeñas linternas con luces leds cedidas por los fundadores de Guerrilla Lighting, los creativos de la agencia fueron dando vida a un río de libros que discurría por calles, escaleras y plazas, ocupando el espacio asignado para que los coches pudiesen aparcar, ofreciendo a los transeúntes un inesperado y sorprendente espectáculo gracias al cual, el tráfico se iba retirando cediendo terreno al poder de la palabra escrita.Un carril de la transitada Flinders Street pasó a convertirse en una improvisada sala de lectura, que también sirvió de escenario para la representación de la performance Walking Through Words dirigida por Tony Yap y Yumi Umiumare.Esta riada de libros fue ofrecida a los transeúntes y a los ocupantes de los coches que circulaban por los alrededores y que, muy sorprendidos, abrían sus ventanillas aceptando la donación de tan preciados presentes".http://www.embelezzia.com/arte-y-diseno/en-melbourne-literatura-vs-trafico
sábado, 22 de xuño de 2013
GUIA DE LECTURAS DE VERÁN
ANIMÁMOSVOS A TODOS/AS A CONTINUAR COAS LECTURAS NO VERÁN. NESTA PRIMAVEIRA DE CHOIVA AGARDAMOS CON IMPACIENCIA UN VERÁN NO QUE XUNTO CO SOLIÑO OS LIBROS NOS DEN A CALOR QUE NESTE MOMENTO TODOS PRECISAMOS. SE FÓSE DEMASIADO O QUE NOS ENVÍE O ASTRO REI, LEMBRADE QUE SEMPRE SE PODEN LER Á SOMBRIÑA. QUE OS DISFRUTEDES!!!!!!!
Guías de verán from xistina
venres, 21 de xuño de 2013
PARABÉNS POLAS VOSAS LECTURAS
Dende o equipo de biblioteca queremos darvos os parabéns polo voso interés lector e pola a vosa iniciativa de recomendar aos demais nenos/as, os libros que máis vos gustaron. É doado comentar o que nos gusta para animar á lectura. Escoitandovos, lectores animados, fostedes quen de ir poñendo ganas aos que non lle resulta tan fácil. NORABOA.
xoves, 20 de xuño de 2013
GUÍAS PARA PAIS/NAIS
COMO VÉN SENDO COSTUME O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO EDITA TRIMESTRALMENTE UNHA GUÍA PARA PAIS/NAIS EN FUNCIÓN DAS PROCUPACIÓNS E DEMANDAS DO PROFESORADO DOS DIFERENTES CICLOS. NESTE CASO A ESCOLLIDA PARA ESTE TERCEIRO TRIMESTRE ABORDA O TEMA DO USO DE INTERNET
luns, 10 de xuño de 2013
TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA (MEMORIA FOTOGRÁFICA)
E xa chegando ao fin sentímonos moi satisfeitos do traballo realizado por toda a Comunidade
Educativa neste curso que xa está a piques de rematar. Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, de todos os pais/nais que se implicaron participando activamente e como non dos rapaces e rapazas que contribuiron a que este proxecto puidera ser levado a cabo. Amosamos a memoria fotográfica de todo o traballo realizado en torno ao Proxecto de Centro encadrado dentro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES que leva por título :
"TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA"
martes, 4 de xuño de 2013
RECITANDO A ROSALÍA EN RADIO AMES
martes, 21 de maio de 2013
O TEXTO EXPOSITIVO
AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE TRABALLOUSE O TEXTO EXPOSITIVO A TRAVÉS DAS FORMACIÓNS MUSICAIS GALEGAS. AMOSAMOS UN VIDEO DO TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA SOBRE A FORMACIÓN FUXAN OS VENTOS. INCLÚE UNHA ENTREVISTA QUE O ALUMNADO LLE REALIZOU A CARMEN, MEMBRO DO GRUPO. APROVEITAMOS TAMÉN PARA NOMEAR AS DEMAIS FORMACIÓNS TRABALLADAS. A CANCIÓN QUE SE ESCOITA E "O CARRO", POEMA DE MANUEL MARÍA MUSICADO POR FUXAN OS VENTOS
martes, 14 de maio de 2013
EXPOSICIÓN DOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE GALICIA DESCRITOS.
O ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE ED. PRIMARIA EXPUXO ORALMENTE PARA TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS, ORGANIZADOS EN DIFERENTES SESIÓNS, O TRABALLO REALIZADO SOBRE OS TEXTOS DESCRITIVOS DOS INSTRUMENTOS. EXPOÑENDO O TRABALLO REALIZADO MOTIVA AOS ALUMNOS PORQUE DESTE XEITO PODEN VER UN FIN, UN OBXECTIVO CLARO NA BUSQUEDA DE INFORMACIÓN, NA RECOMPILACIÓN, NA ELBORACIÓN DE PEQUENOS TEXTOS E AO MESMO TEMPO TRABALLAN A ORALIDE E MELLORAN A SÚA EXPRESIÓN. NESTE VIDEO VEMOS UNHA PEQUENA MOSTRA.
luns, 13 de maio de 2013
ANIMACIÓN A LECTURA PARA OS MÁIS PEQUECHOS DO COLE
NESTE MES DO LIBRO QUE CELEBRAMOS NO CENTRO OS MÁIS PEQUECHOS CONTARON CON VARIAS SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA. UNHA DELAS FOI COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE AMES E A OUTRA RELIZOUSE NO CENTRO COA COLABORACIÓN DA ED. XERAIS. GUSTOULLES MOITO E O MUNDO DOS CONTOS ENCHEU UNHA VEZ MÁIS AS SÚAS CARIÑAS DE LEDICIA. SE QUERES VELOS CLICA NAS IMAXES
domingo, 12 de maio de 2013
RECITANDO E CANTANDO
ADEMAIS DA NARRACIÓN ORAL DE CONTOS E A OBRA DE TEATRO "TODO É UN CONTO", O FESTIVAL ORGANIZADO CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO TAMÉN CONTOU CON RECITADO DE POESÍAS POR PARTE DO ALUMNADO DE 2º E UNHA ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º INTERPRETANDO CON INSTRUMENTACIÓN E CANTO A CANTIGA POPULAR "COLLÍN TOXOS E FLORES" .OFRECEMOS OS DOUS VIDEOS PARA TODOS OS QUE DESEXEDES VISIONALOS.
ÁNIMO RAPACES, QUE DA XENIO VERVOS! XENIAL!!!
xoves, 9 de maio de 2013
TEATRO: TODO É UN CONTO
O ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA REPRESENTA NO CENTRO A OBRA : "TODO É UN CONTO": Había unha vez unhas doutoras que nunca tiveran sorte na súa profesión. Un día decidiron poñer unha clínica para personaxes de contos, pois nunca oíran falar de que existise ningunha. Isto que ides ver é o seu primeiro día de traballo...
O noso compromiso hoxe é o mesmo compromiso del, está con el.”
(Manifesto de presentación da Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño, febreiro de 2013)
martes, 7 de maio de 2013
CONTO CREADO, CONTO CONTADO
CO GALLO DOS ACTOS PROGRAMDOS NA SEMANA DO LIBRO O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA ELABOROU E ILUSTROU UN CONTO TITULADO:
"A VIAXE DAS ESTACIÓNS".
NARRAN A HISTORIA DUN NENO ADRIÁN QUE TEN COMO MISIÓN ATOPAR AO DEMO DAS ESTACIÓNS.
TRABALLOUSE EN POWER POINT E FOI CONTADO ORALMENTE A TOD@ O ALUMNADO DO CENTRO.
MOITAS GRAZAS NEN@S POR COMPARTIR AS VOSAS CREACIÓNS.
Conto 6º a from xistina
martes, 23 de abril de 2013
CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO EN ABRIL E MAIO.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO PARA OS MESES DE ABRIL E MAIO TENDO COMO REFERENTE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Nasin cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
(ROSALÍA DE CASTRO-CANTARES GALEGOS)
luns, 22 de abril de 2013
A TI, MEU AMIGO. NACEMENTO DUN LIBRO
NON DEIXEDES DE OLLAR ESTE ESTUPENDO VIDEO SOBRE O NACEMENTO DUN LIBRO.
NESTA ERA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E DOS LIBROS DIXITAIS,NON QUEREMOS CHEGAR A BOTAR DE MENOS O ARRECENDO DAS PÁXINAS DO LIBRO MESTURADO CO SENTIMENTOS E COAS EMOCIÓNS VIVIDAS.
Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.
martes, 9 de abril de 2013
JOSÉ LUÍS SAMPEDRO, SEMPRE
Biografía
Economista, escritor, catedrático de Estrutura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, José Luís Sampedro (Barcelona, 1917) desenvolveu un intenso labor como profesor, novelista e humanista, que o cualifican como un dos máis importantes escritores vivos en lingua castelá, así como unha referencia intelectual e moral de primeira orde na España da segunda metade do século XX.
Polifacético na súa vida profesional e literaria, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos no área económica cunha recoñecida produción literaria. En todas estas facetas alcanzou a aceptación do gran público e o recoñecemento e respecto da crítica especializada
José Luís Sampedro foi galardonado co Premio Nacional das Letras Españolas 2011.
Dous dos seus libros
Novela que lle proporciona una popularidade absoluta |
mércores, 3 de abril de 2013
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
"Só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes" (Cesáreo Sánchez Iglesias)
Este día mundial do teatro celébrase cando a cultura galega homenaxea no 17 de maio a Roberto Vidal Bolaño, unha das figuras senlleiras da nosa literatura dramática, ademais de promotor da modernización e dignificación en Galicia das profesións vinculadas coa produción teatral.
Coma unha homenaxe á xente do teatro visionamos no Centro a obra MERLÍN
Merlín
Furaventos arriba coa seu dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven Merlín, Morgana e o rei Artur dende hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes dende hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o rei Artur.......
luns, 1 de abril de 2013
TRÍPTICO PARA FAMILIAS:OS CELOS NA INFANCIA
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROU UN TRÍPTICO DIRIXIDO ÁS FAMILIAS SOBRE OS CELOS NA INFANCIA. CONSTITUEN UN ESTADO EMOCIONAL FRECUENTE NA INFANCIA E VEN ACOMPAÑADO DE MOITA INSEGURIDADE E ANGUSTIA, POR ISO DEBEMOS AXUDAR A QUE SEXAN MÁIS LEVADEIROS.
luns, 18 de marzo de 2013
PRENSA NA ESCOLA
O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA TRABALLOU DURANTE TODO O CURSO A PRENSA. O XORNAL É UN ELEMENTO PEDAGÓXICO NO PROCESO DE APRENDIZAXE. SERVE DE MEDIO PARA ADQUIRIR MAIOR COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E ADEMAIS O ALUMNADO DESENVOLVE O SENTIDO CRÍTICO QUE CONTRIBUIRÁ DE AXUDA PARA A SÚA FORMACIÓN COMO PERSOAS
domingo, 17 de marzo de 2013
MALVELA:ESPLENDIDAS, BOAS E XENEROSAS.
FOI UNHA INCREIBLE EXPERIENCIA. MULLERES BOAS E XENEROSAS, DESINTERESADAS, ALEGRES E DIVERTIDAS, MULLERES TRABALLADORAS QUE FORON QUEN DE IMPRIMIR NOS CATIVOS A NOSA MÚSICA E TRADICIÓN E QUE CO SEU EXEMPLO E A SÚA VOZ DEIXARON CONSTANCIA DE TODO O QUE SE LEVA FEITO POLA SAIDA CARA A LIBERDADE DAS MULLERES PERO TAMÉN LEMBRARON TODO O QUE AÍNDA QUEDA POR FACER
MIRADE O VIDEO CORRESPONDENTE AO FIN DA ENTREVISTA CO ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FOI UN HONOR PODER COMPARTIR CON ELAS ESTE DÍA QUE REMATOU CUNHA EMOCIONANTE E INESPERADA DESPEDIDA.
sábado, 9 de marzo de 2013
ANIMACIÓN Á LECTURA CARE SANTOS
Despois de lectura do seu libro " SE VENDE MAMÁ"CARE SANTOS NO NOSO CENTRO O alumnado de 3º de primaria fíxolle unha entrevista sobre a súa vida, os seus libros, as súas próximas publicacións ademais de facerlle entrega dos traballos que elaboraron sobre o seu libro.
SE VENDE MAMÁ é o último premio Barco de Vapor. A súa autora, Care Santos, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de xeito divertida, próxima e moi real, os conflitos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai
A CONTADORA CARLA CAPEÁNS RECREA:
DEZ PIRATAS Gloria Sánchez cóntanos nun ton moi humorístico e cheo de ritmo, a historia de dez piratas que saen en busca dun tesouro e que, polo camiño, van desaparecendo ata que só queda o loro.
LER PERMITE VIAXAR COA IMAXINACIÓN A MUNDOS QUE DOUTRA FORMA NON SE PODERÍA CHEGAR.
SE VENDE MAMÁ é o último premio Barco de Vapor. A súa autora, Care Santos, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de xeito divertida, próxima e moi real, os conflitos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai
A CONTADORA CARLA CAPEÁNS RECREA:
DEZ PIRATAS Gloria Sánchez cóntanos nun ton moi humorístico e cheo de ritmo, a historia de dez piratas que saen en busca dun tesouro e que, polo camiño, van desaparecendo ata que só queda o loro.
LER PERMITE VIAXAR COA IMAXINACIÓN A MUNDOS QUE DOUTRA FORMA NON SE PODERÍA CHEGAR.
martes, 5 de marzo de 2013
MALVELA NO COLE
E VAN VIR AO NOSO COLE .!!!!!!! É UN HONOR PARA NÓS PODER CONTAR NO DÍA DA MULLER CON OITO REPRESENTANTES DO GRUPO MALVELA. ESTAMOS ENCANTADOS, ABRAIADOS, ESTAMOS MOI "PIRIMPIMPIN"!!!!!!!
O ALUMNDO ESTÁ PREPARANDO UNHA ENTREVISTA PARA ENCHOUPARNOS DE TODA A EXPERIENCIA, A TRADICIÓN A MÚSICA E A CULTURA DESTAS MULLERES QUE LOITARON POLOS SEUS SOÑOS E POR PODERNOS ACHEGAR A FRESCURA DAS NOSAS CANTIGAS E TRADICIÓNS . XA VOS IREMOS CONTANDO DE MOMENTO TODOS A CANTAR O PIRIMPIMPIN.
Teño dentro do meu peito…
unha laranxa partida
para darlle o meu amor, o pirin pirimpimpin para darlle a miña vida pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, De Portugal me mandaron, tres peras nun ramaliño quen me dera a mi sabere
quen me ten tanto cariño
o pirin pirimpimpin pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui,
do outro lado do rio
do outro lado meu ben do outro lado do rio o pirin pirimpimpin teño a quen lle quero ben pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, |
O entrar en sanguiñeda
hay un lexo de letreiro que sempre esta a dicir o pirin pirimpimpin portugal meu compañeiro pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, rebola o pai rebola a nai rebola a filla eu como son da familia tamen quero rebolar pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, rebola o pai rebola a nai rebola a filla eu como son da familia tamén quero rebolar pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca,
María vira para aquí.
|
martes, 19 de febreiro de 2013
CELEBRANDO CON MALVELA O DÍA DA MULLER
E QUÉ MELLOR QUE ESTE GRUPO DE MULLERES GALEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER ...
CANTAS CARACTERÍSTICAS AXEITADAS:
Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
CANTAS CARACTERÍSTICAS AXEITADAS:
Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
E ADEMAIS no traballo da MIÑA XANELA Á TÚA queren dar unha homenaxe a todas esas
mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen
de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar
dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito.
luns, 18 de febreiro de 2013
MALVELA NO DÍA DA MULLER
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)