O lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR foi o elexido no presente curso polas Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de Outubro)
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de
sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter
científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan
temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na
biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil e Xuvenil promove o día da biblioteca
( 24 de outubro) e o mes da Biblioteca Escolar que propón I.A.S.L.
Nestas datas abrimos de novo as portas da biblioteca escolar do noso centro para todo o alumnado e as familias. Realizamos actividades de formación de usuarios, reparto de novos carnés, poñemos de novo en marcha as mochilas viaxeiras e facemos a campaña " ADOPTA UN LIBRO" para toda a Comunidade Educativa, da que xa informamos ás familias.
Ofrecemos tamén nesta ocasión dous videos sobre as bibliotecas do mundo e a importancia da implicación das persoas na biblioteca escolar.