Ao longo do mes de maio estaba previsto que o alumnado expuxera aos compañeiros do centro as súas produccións. Como non foi posible facelo presencialmente os nenos/as de 4º fixéron outros tipos de exposicións telemáticamente.
Amosamos algúns exemplos de exposición de maquetas do curso dun río:
Estimados pais/nais e comunidade educativa do Ceip Agro do Muíño:
Nestes días de incerteza queremos mandar unha mensaxe de esperanza... esperanza para que volva canto antes o bulicio ás nosas aulas, para que as rutinas diarias (nos nosos traballos e nas nosas casas) volvan o máis cedo posible e mentres tanto COIDÉMONOS MOITO.
Disfrutemos dos nosos/as fillos/as, da nosa familia próxima, e que entre as nosas mans non falte un libro para ler, unha poesía para recitar, un conto para contar e por suposto.... sentémonos en familia a ver unha peli.