martes, 19 de febreiro de 2013

CELEBRANDO CON MALVELA O DÍA DA MULLER

E QUÉ MELLOR QUE ESTE GRUPO DE MULLERES GALEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER ...
CANTAS CARACTERÍSTICAS AXEITADAS:
Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
E ADEMAIS no traballo da MIÑA XANELA Á TÚA   queren dar unha homenaxe a todas esas mulleres que sufriron malos tratos físicos ou psíquicos, e que un día foron quen de abrir esa xanela na que tanto tempo estiveron agochadas sen poder gozar dunha liberdade e un respeto ao que todas temos dereito.

luns, 18 de febreiro de 2013

MALVELA NO DÍA DA MULLER

ED INFANTIL
SE CLICAS NAS PORTADAS DOS DISCOS DE MALVELA PODERÁS VER O TRABALLO QUE SE VAI A REALIZAR NAS AULAS CONMEMORANDO O DÍA DA MULLER



2º e 3º CICLO
1º CICLO







domingo, 17 de febreiro de 2013

LECTURAS RECOMENDADAS NO DÍA DA MULLER

En homenaxe a todas as mulleres que se atreveron a loitar polos seus soños para cambiar a historia

sábado, 16 de febreiro de 2013

ORTOÑO, NA RUTA ROSALIANA

venres, 15 de febreiro de 2013

luns, 11 de febreiro de 2013

COMPRENSIÓN LECTORA

A competencia lectora é unha das destrezas máis importantes que adquiren os alumnos/as a medida que avanzan nos seus primeiros anos escolares. Trátase da base e fundamento para a aprendizaxe de todas as áreas, pode empregarse para o disfrute e enriquecimiento persoal, e aporta aos nenos/as a habilidade necesaria para participar de cheo na súa propia comunidade e na sociedade en xeral. (Estudio PIRLS) Axudando ao alumnado a adquirir habilidades para comprender,  favorecemos a COMPETENCIA LECTORA.

sábado, 9 de febreiro de 2013

BO ENTROIDO

ESTE ANO TOCOULLE AO ENTROIDO DE COBRES (MADAMAS E GALÁNS). É OBXECTIVO DO CENTRO TRABALLAR OS ENTROIDOS TRADICIONAIS DE GALICIA. A INFORMACIÓN RECÓLLESE EN FORMA DE MURAL NO CORREDOR DO CENTRO PARA QUE TODO O ALUMNADO PODA LELA E MESMO OBSERVAR AS IMAXES.  ADEMAIS ADIANTAMOS QUE COMO ESTAMOS CO PROXECTO DE MÚSICA TRADICIONAL, O GRUPO PESDELÁN PÚXONOS A BAILAR A TOD@S AO SON DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS DE GALICIA. 

Entroido de Cobres (VilaboaPontevedra) é un dos máis vistosos e participativos de Galicia. A súa orixe remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral, transmitida de xeración en xeración. Está declarado de Interese Turístico.


venres, 8 de febreiro de 2013

CAMILO JOSÉ CELA PARA A ED. INFANTIL

A FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA OFERTOU UNHA ACTIVIDADE (QUE ACONSELLAMOS)  PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL PARA DAR A COÑECER A FIGURA DE CAMILO JOSÉ CELA. DOUS MONITORES ACHEGÁRONSE ATA O CENTRO E  A TRAVÉS DUN PRECIOSO CONTO CONTÁRONLLE A  VIDA DO ESCRITOR  DENDE A SÚA NENEZ. TAMÉN LLE CONTARON MULTITUDE DE ANÉCDOTAS,FIXÉRONOS PARTÍCIPES DALGÚNS DOS SEUS OBXECTOS PERSOAIS E REALIZARON OBRADOIROS. É UNHA ACTIVIDADE MOI BEN PLANIFICADA QUE FIXO QUE OS MAIS PEQUENOS AMOSARAN MOITO INTERESE POLO AUTOR. A SÚA TITORA PLANIFICOU ESTE PEQUENO PROXECTO QUE VOS AMOSAMOS.

mércores, 6 de febreiro de 2013

CAMILO JOSÉ CELA

A FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA OFERTOU UNHA ACTIVIDADE PARA O CENTRO PARA DAR A COÑECER AO ALUMNADO A FIGURA DE CAMILO JOSÉ CELA. FOI REALIZADA PARA OS NENOS/AS DE 5 ANOS E DE 5º E 6º DE ED, PRIMARIA. DOUS MONITORES FIXERON DIVERSOS TALLERES NO CENTRO.  OS MAIORES TRABALLARON SOBRE A SÚA FIGURA NA BIBLIOTECA, PARTICIPANDO ACTIVAMENTE NA BUSQUEDA DE INFORMACIÓN, NO  ETIQUETADO E REALIZACIÓN DE FICHAS DE  CADA UN DOS SEUS OBXECTOS RECREANDO O TRABALLO REALIZADO POLOS ESPECIALISTAS EN CALQUERA MUSEO. FOI VALORADA DE XEITO MOI POSITIVO POR TODO O ALUMANDO E PROFESORADO IMPLICADO POLO QUE A RECOMENDAMOS PARA OUTROS CENTRO DE ENSINO.
AMOSAMOS UN VIDEO NO QUE PODEMOS VER O TRABALLO DE INFORMACIÓN (EN PAPEIS DE CORES) REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º E 6º 
O VIDEO LEVA UN POEMA A ARMANDO MONDEJAR(VIAJE A LA ALCARRIA)MUSICADO POR LUIS EDUARDO AUTE.
  

sábado, 2 de febreiro de 2013

TRABALLANDO A CARLINHOS BROWN

MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO POLOS DIFERENTES CICLOS  SOBRE CARLINHOS BROWN E O DÍA DA PAZ, LOGO DE INVESTIGAR E BUSCAR NA REDE INFORMACIÓN SOBRE ESTE DÍA E ESTE PERSONAXE.