Presentámosvos algúns dos nosos traballos deste Nadal 2021
Hoxe tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal" na biblioteca. Asistiu Lucía, en representación da ANPA, as coordinadoras dos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca e Mari, a directora do centro.
Esperamos que vos gustasen!!!
Preme na imaxe para velo
O pasado venres, tivemos a sorte de contar coa gran experiencia da psiclóloga, Belén Montesa Lou, xa que deunos unha charla sobre "Educación afectivo sexual" ao alumnado de 4º e 6º de Primaria.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, organizou o
"Concurso de Postais de Nadal".
Neste primeiro vídeo podedes ver a imaxinación e creatividade
do noso alumnado.
E neste vídeo
AS POSTAIS GAÑADORAS!!!!
Parabéns aos gañadores e participantes!!!
Mañá comezamos cunha primeira charla para familias
organizado conxuntamente polo Centro, CAFI e ANPA.
XA CHEGARON AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL!!!
Neste documento deixámosvos as nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas Escolares dos centros públicos de Ames eleboramos.
Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes!!!
Algúns d@s nos@s "Biblioaxudantes" deste curso axudaron e confeccionaron a nosa ÁRBORE DE NADAL.
Mirade o maravilloso resultado!!!
Moitas grazas a todas e todos por colaborar e axudar!!!
Sodes xeniais!!!
Nesta ocasión, visitounos Carolina Moscoso, na aula de 1º C, para ensinarnos a aplicación "PictoXacobeo" e explicounos que é unha aplicación para Android deseñada específicamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.).
Preme na imaxe para velo
Rematou o mes de novembro e tamén "AS FESTAS DA CIENCIA".
Así pasámolo neste mes de novembro, experimentando e experimentando....