venres, 20 de decembro de 2013
xoves, 19 de decembro de 2013
GUÍA DE LECTURAS NADAL 2013
Dende o equipo da biblioteca ofrecemos esta guía de lecturas para o Nadal. A selección dos libros foi relizada polo profesorado dos diferentes ciclos.
O REGALO DUN LIBRO ADEMÁIS DUN AGASALLO É O
ELOXIO MÁIS DELICADO
martes, 17 de decembro de 2013
XOGO DE PISTAS RÍOS GALEGOS
O PROFESORADO DE ED. FÍSICA DESEÑOU PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA UN XOGO DE PISTAS SOBRE 8 RÍOS GALEGOS E OUTRO DE CARREIRAS DE ORIENTACIÓN. NO XOGO DE PISTAS TRATÁBASE DE BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE ESTES RÍOS : NACEMENTO, LUGARES POLOS QUE PASA, FLORA, FAUNA, ENCOROS, LENDAS E DESMBOCADURA. OS ALUMNOS DIVIDIDOS EN GRUPOS MARCABAN A LOCALIZACIÓN DAS PISTAS NUN PLANO CO FIN DE QUE O ALUMNADO DOUTROS GRUPOS AS BUSCASEN. NO REMATE CADA GRUPO DEBÍA COMENTAR QUE RÍO LLES TOCOU E COMUNICAR A TODOS OS DEMAIS A INFORMACIÓN RECOLLIDA SOBRE ESE RÍO.AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN REALIZÁRONSE NAS BEIRAS DO SAR, NO PASEO DE BERTAMIRÁNS.AQUÍ O PROFESORADO FOI O ENCARGADO DE COLOCAR NO PLANO DO PASEO O NOME DE 8 RÍOS. OS GRUPOS SAÍAN EN INTERVALOS DE 5 MINUTOS PARA TRATAR DE ENCONTRALOS, SEGUINDO O PLANO E A ORDE ESTABLECIDA CUN TEMPO DE 25 MINUTOS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BEN VALORADA POLO ALUMNADO.
martes, 10 de decembro de 2013
MANDELA 20 ANOS DO NOBEL DA PAZ
O 10 de decembro de 1993 MANDELA era recoñecido mundialmente co premio Nobel da Paz. Hoxe 20 anos despois milleiros de persoas asistiron ao seu funeral no estadio de JOHANNESBURGO.
Dende este pequechiño recuncho de Galicia queremos facerlle unha grande homenaxe a MADIVA, ICONO DA RECONCILIACIÓN, que perdurará SEMPRE.
Con versos da canción de
Nelson Mandela, sus dos amores de
(Pablo Milanés) SEMPRE!!!!
Nelson
Mandela,
quiero decirte que no vengo a cantar
la parte triste de una canción
que nos haga llorar.
Nelson Mandela,
quiero pedirte que me dejes contar
la más hermosa historia de amor
que nos pueda llegar...
quiero decirte que no vengo a cantar
la parte triste de una canción
que nos haga llorar.
Nelson Mandela,
quiero pedirte que me dejes contar
la más hermosa historia de amor
que nos pueda llegar...
QUE REINE LA LIBERTAD. EL SOL NUNCA SE PONE EN TAN GLORIOSO LOGRO HUMANO" ( NELSON MANDELA)
Nelson Mandela recolle nesta maxistral antoloxía os contos máis belos e
antigos de África. É unha colección que ofrece un ramillete de entrañables
relatos, pequenas mostras da valerosa esencia de África, que en moitos casos
son tamén universais polo retrato que fan da humanidade, dos animais e dos
seres fantásticos.«Está a lebre», observa Mandela no prólogo, «unha pilluela
moi enxeñosa; a hiena, que é a perdedora de todas as historias; o león, o
xefe dos animais e quen lles dá agasallos; a serpe, que inspira medo e á vez
é o símbolo do poder sanador; hai tamén feitizos que poden carrexar a
desgraza ou conceder a liberdade...». Todos os contos, ademais, están
maravillosamente ilustrados en cor por 16 artistas africanos.
RECOLLEMOS TAMÉN AS SEGUINTES ENTRADAS
REFERIDAS A NELSON MANDELA: |
luns, 9 de decembro de 2013
FALADOIROS NO MUÍÑO : A AUGA NOS TEMPOS DOS NOSOS AVOS
Cantas cousas teñen que contarnos os nosos avós!
Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.
No programa da BIBLIOTECA ESCOLAR do centro temos un apartado ao que lle chamamos FALADOIROS NO MUÍÑO . A este proxecto están invitados todos os membros da Comunidade Educativa para que compartan as súas experiencias.
Mª Teresa Testa Pérez, avoa dunha alumna de 4º de primaria tivo a ben compartir con todo o alumnado de 4º todo o seu saber sobre o tema : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVOS
Apoiada por unha presentación en Power Point elaborada por ela mesma e cedida ao Centro para a súa publicación, explicoulle aos nenos como quentaban a auga, que utensilios utilizaban para recollela, como lavaban e tendían a roupa, a importancia das fontes na época dos nosos avós... Os rapaces aprenderon un montón,escoitaron atentamente interesados polo tema e fixeronlle moitas preguntas. Vaia o noso agradecemento por compartir todo o seu saber
Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)