xoves, 21 de marzo de 2024

EduCando con Malibú

Malibú veu visitar ao alumnado de 2º,3º e 4º de primaria para ensinarlles a ser máis responsables, máis solidarios e ter un maior respecto hacia os animais. Malibú é unha cadeliña que foi abandoada e afortunadamente rescatada. Agora, vive feliz na Casa Grande de Xanceda e aproveita a súa experiencia para ir por diferentes coles a falar cos nenos e nenas e ensinarlles o coidado adecuado que precisan as nosas mascotas, a responsabilidade que require ter unha mascota na casa, o que debemos facer si atopamos un can abandoado, entre outras moitas cousas.

Foi unha experiencia moi interesante e desfrutamos un montón!




Día da poesía, as árbores e os bosques

 Aquí tendes un pequeno resumo da actividade que realizou o alumnado de 1º ciclo polo día da poesía, as árbores e os bosques. Fixeron poemas sobre a flora de Galicia. Xa sabes:

Enraízate no Agro!



Entrevista ao alcalde de Ames, Blas García

O alumnado de 3° comezamos o noso proxecto sobre as institucións. Queríamos saber un pouco sobre o traballo do alcalde e pedirlle algúns consellos. Convidamos a Blas García Piñeiro a unha entrevista en agroonda e aceptou encantado.

Xa sabes enraízate no Agro!


mércores, 20 de marzo de 2024

Faladoiros 23-24. Nº8. O monstro, o rato e eu (acoso escolar)

 Estes días na clase de 2B tivemos a visita de Inmaculada, a nai de Hugo García. Contounos a historia "O monstruo, o rato e eu" para traballar a autoestima e o acoso. Foi moi interesante e a rapazada participou aportando moitas ideas. No remate recibiron un bonito agasallo pola sua parte. 

Moitas grazas Inma!!! Volve cando queiras.




luns, 18 de marzo de 2024

A rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula

Esta semana a rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula e mirade que chula lles quedou ... e todo creado por eles e elas!

Enraízate no Agro!



martes, 12 de marzo de 2024

Escola de familias. Charla sobre deporte, familia e educación

 Estes días contamos na escola de familias, organizada pola ANPA, coa visita de Manuel Santos Nores que nos puxo ao día sobre: "Deporte, familia e educación". Gracias por vir!

Enraízate no Agro!



venres, 8 de marzo de 2024

Enraízate na igualdade

 A rapazada de 2º ciclo creou neste 8 de marzo un fermoso vídeo no que reflexionaron sobre a igualdade de xénero que eles e elas queren. Non volo perdades!

Enraízate na igualdade! Enraízate en Agro!




mércores, 6 de marzo de 2024

A nosa antiexposición do 8m

 Estes días estamos de expurgo na biblioteca e aproveitamos algúns dos libros que se van retirar para facer unha reflexión polo 8 de marzo que chamamos: "Somos moito máis ca isto". Animámosvos a botarlle un ollo!

Agrobiblio pola igualdade


venres, 1 de marzo de 2024

Radio na biblio con Pedro Iglesias

 Dentro do programa Radio na biblio o alumnado de 5º de Primaria recibiu estes días unha formación da man de Pedro Iglesias que lles serviu para iniciarse no mundo da radio.

Grazas Pedro por formar aos futuros radioaxudantes!