mércores, 17 de decembro de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL (BOCADIÑOS DE LECTURAS)

UNS LIBROS POLO NADAL

Estimadas familias:
   Ben sabedes a importancia que ten a lectura na aprendizaxe, non só para o desenvolvemento das distintas capacidades lingúísticas e expresivas senon tamén como unha forma de lecer na que os nen@s se trasladarán a outros mundos de maxia, imaxinación e fantasía. Desexamos aproveitar estas datas para facer unhas recomendacións de lectura que poderedes visionar na guía  que vos ofrecemos.

martes, 16 de decembro de 2014

BO NADAL CON BOCADIÑOS SOLIDARIOS

O equipo de Actividades Complementarias do Centro, Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar E ANPA  organizaron a campaña BOCADIÑOS SOLIDARIOS. Tratábase de concienzar ao alumnado sobre o valor da SOLIDARIEDADE. Fixemos un concurso de lemas solidarios, e realizouse unha campaña entre toda a Comunidade Educativa de recollida de alimentos  no Centro, que serán  xestionados para o seu reparto  por diferentes organizacións sociais do noso Concello. Desexamos que este Nadal compartido faga máis levadeira a situación económica pola que atravesan moitas familias. 


venres, 12 de decembro de 2014

PASEO POLA GASTRONOMÍA DO MUNDO NO NADAL

DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPÚXESE TRABALLAR DURANTE ESTE MES A RECEITA. LOGO DE INFORMARNOS E DE INVESTIGAR SOBRE AS COMIDAS TÍPICAS DE NADAL EN DIFERENTES PAÍSES DO MUNDO ,O ALUMNADO SELECCIONOU A QUE MÁIS LLE GUSTABA E DISPÚXOSE A FACER UN PEQUENO TRABALLO NO QUE ADMÁIS SE INCLUÍA ALGÚNS OUTROS ASPECTOS RELEVANTES: SITUACIÓN DO PAÍS, BANDEIRA, MONUMENTOS IMPORTANTES, FORMA DE VIDA, ETC . ALGUNHAS AULAS ELABORARON UN PEQUENO POWER POINT PARA METERSE EN MATERIA E OUTRAS CONTARON COA AXUDA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ORIXEN ESTRANXEIRO

   BO PROVEITO!!!!!!!!

                       

 AMOSAMOS UNHA PARTE DO TRABALLO FEITO PREVIAMENTE SOBRE NIGERIA


                         

mércores, 10 de decembro de 2014

TRADICIÓN ORAL EN NOVEMBRO E DECEMBRO

                        


A avoa de Andrés Barreiro alumno de 2º , a Sra. María, ten unha sabedoría infinita sobre o mundo da agricultura. De profesión coma ela mesma di agricultora adicou toda a súa vida ao traballo da terra e  froito da experiencia de tantos anos é unha enciclopedia viva nesta materia. Ela contestou amablemente á nosa chamada e visitounos no colexio. Previamente o alumnado de 2º preparou unha enquisa sobre todo o que desexaban saber  sobre o mundo das plantas ao que ela contestou cun sorriso amable e cheo de tenrura. Explicounos como se plantaban as cebolas, as leitugas, os tomates, as cenorias... cando se recollían, como tiña que estar preparada a terra, a época mellor para sementer "POLO SAN VICENTE BÖTASE A SEMENTE" repetía, a influencia da lúa, as ferramentas utilizadas... e toda unha chea de cousas que fixeron que o alumnado disfrutase unha hora escoitando todo o que tiña que transmitir. Recolleu finalmente o diploma de participación outorgado polo Centro brindándose a participar sempre que así o requeriramos. Moitas grazas Sra María por estar tan preto de nós e polas súas ensinanzas.