luns, 29 de xaneiro de 2024

Libros pola paz

 Dende Agrobiblio facemos estes días unha proposta de libros que traballan sobre a paz e poden achegar aos máis cativos diversas realidades.

Agro pola paz!




luns, 22 de xaneiro de 2024

Comezamos o ano sabendo o que comemos

O alumnado de 3° de Ed. Primaria acudiu a un obradoiro de etiquetado de alimentos. Aprenderon a prestarlle atención ao que mercan e tamén a recoñecer alimentos que realmente sexan saudables. Creando conciencia sobre o que comemos e non esquezas:

Enraízate no Agro!