sábado, 28 de febreiro de 2015

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS

A EDITORIAL XERAIS ORGANIZOU PARA VARIOS COLEXIOS DO CONCELLO, NA CASA DE CULTURA DE BERTAMIRÁNS, UN ACTO DE ENCONTRO CO ESCRITOR MANUEL RIVAS.FACEMOS UNHA BREVE RESEÑA A CONTINUACIÓN.


 



xoves, 26 de febreiro de 2015

TODOS SOMOS ROSALÍA


O día 24 de febreiro celebramos no noso Centro o Día de Rosalía. O Equipo de Normalización coa colaboración do equipo de Biblioteca propuxo plasmar en carteis e mural a proposta da A.E.L.G. " EU SON ROSALÍA". Participaron todas as aulas do Centro. Organizouse tamén un recitado interaulas de poemas de Rosalía e participamos cun grupo de alumn@s nos actos conmemorativos propostos polo Concello de Ames, que tiveron lugar na casa de cultura do Milladoiro.







AMOSAMOS UN VIDEO DO RECITADO INTERAULAS QUE RELIZARON OS NENOS/AS DE 3º B PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL.


                  

SE QUERES VER AS IMAXES DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO COCELLO CLICA NO ENLACE: DÍA DE ROSALÍA 2015 CONCELLO DE AMES

xoves, 19 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO. FOI UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS Á QUE ASISTIRON TODOS OS PAIS/NAIS QUE ASÍ O DESEXARON. CELEBRAMOS A FESTA CONXUNTAMENTE. OS NEN@S CANTARON CANTIGAS E REALIZARON DIFERENTES BAILES. OS PAIS/NAIS COLABORARON TRAENDO AO COLEXIO TODO TIPO DE DOCES ESPECÍFICOS E TÍPICOS DESTAS DATAS: FILLOAS, ORELLAS, ROSQUILLAS... PASÁMOLO XENIAL!!!!!

venres, 13 de febreiro de 2015

O MEL . DELICIOSO

COMO TODOS OS ANOS CELEBROUSE NA BIBLIOTECA DO COLEXIO UN OBRADOIRO DE MEL PARA OS NENOS/AS DE 4º NIVEL IMPARTIDO POR BEATRIZ RÍOS CEBREIRO DO CONSELLO REGULADOR DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA MEL DE GALICIA, ONDE SE LLE EXPLICOU: AS ABELLAS, O SEU TRABALLO, A ELABORACIÓN DESTE PRODUCTO, AS SÚAS PROPIEDADES E TAMÉN MOSTRÁRONLLE OS APARELLOS ESPECÍFICOS DESTA TAREFA. 
O NOSO AGRADECEMENTO.

SE DESEXAS SABER MÁIS CLICA NOS SEGUINTES ENLACES:

domingo, 8 de febreiro de 2015

FALADOIROS NO MUÍÑO ( CONFERENCIA: O LEITE)

BENJAMIN TOUCEDA , PAI DUNHA ALUMNA DE 5º DE ED. PRIMARIA, REALIZOU UNHA PRESENTACIÓN SOBRE O LEITE PARA TODO O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FALOULLE DA ORIXE DO LEITE, DAS SÚAS PROPIEDADES, DA SÚA CONSERVACIÓN, DOS DIFERENTES TIPOS DE LEITE QUE SE PRODUCEN,E REALIZARON EXPERIMENTACIÓNS SOBRE A FORMA DE ELABORACIÓN DOS SEUS DERIVADOS: IOGUR, MANTEIGA... O ALUMNADO TIVO A POSIBILIDADE DE ACHEGARSE AO PROCESO DE ELABORACIÓN LEVADO A CABO NA FÁBRICA NA QUE TRABALLA (NESTLÉ). PARA REMATAR EXPERIMENTARON REALIZANDO UNHA VELA UTILIZANDO DE MECHA PAPEL ENROLADO E A MODO DE CERA A MANTEIGA, PROCESO SIMILAR AO UTILIZADO POLOS NOSOS ANCESTROS PARA ALUMEARSE CANDO A LUZ AÍNDA NON CHEGARA AOS NOSOS FOGARES. VAIA O NOSO AGRADECEMENTO POLA SÚA ADICACIÓN E A SÚA COLABORACIÓN!!!! SE CLICAS NO ENLACE PODERÁS TER ACCESO A UNHA MOSTRA DA PRESENTACIÓN.

VIDEO: O LEITE POR BENJAMÍN TOUCEDA




luns, 2 de febreiro de 2015

FESTIVAL DÍA DA PAZ


AO IGUAL QUE TODOS ESTES ANOS ANTERIORES CELEBRAMOS UN FESTIVAL POLA PAZ NO NOSO CENTRO. TODO O ALUMNADO HOMENAXEOU A MALALA POLA SÚA LOITA PARA QUE TODAS AS NENAS TEÑAN DEREITO Á EDUCACIÓN NO SEU PAÍS. ADEMAIS DENTRO DO PROXECTO BOCADIÑOS DE PALABRAS FIXEMOS UNHA LEMBRANZA DE TODOS AQUELES PAÍSES QUE PASAN FAME E QUE TEÑEN MOITOS PROBLEMAS PARA PODER TER UNHA ALIMENTACIÓN BÁSICA. COMO FORMA DE CONCIENCIACIÓN VISIONARON UN VIDEO DE INTERMON OXFAM NARRADO POR MIGUEL LÓPEZ  ITURRIAGA TITULADO ALIMENTOS CON PODER NO QUE PON DE MANIFESTO A IMPORTANCIA DA ALIMENTACIÓN PARA A SÚA EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO.
AMOSAMOS A PRESENTACIÓN REALIZADA POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA PARA EXPOÑER EN DITO ACTO.



PRESENTACIÓN ALUMNADO DE 6º DE ED PRIM
MALALA Paz 2015 from xistina




SE DESEXAS VER OS VIDEOS DALGÚNS ACTOS REALIZADOS NO FESTIVAL POLA PAZ CLICA NAS FOTOS



CANCIÓN :BRIDO POR TI






POEMA PARA MALALA 3º PRIM